Lara Villar Núñez

Considérome unha persoa alegre, optimista xa que habitualmente lle intento ver o lado positivo as cousas e bastante responsable.

Historial

7. INDAGAR: PERCEPCIÓNS SOBRE AS RELACIÓNS: Revisión

7. INDAGAR ---> PERCEPCIÓNS SOBRE AS RELACIÓNS             

Para poder establecer ese clima de confianza e de colaboración unhas con outras nesa viaxe, para ser esa “gran familia”, “piña” na que nos convertemos, tivemos que primeiramente coñecernos e en certa medida ver cales eran as nosas percepcións, unhas das outras.

Neste senso, un aspecto que considero de gran relevancia no asesoramento é ter en conta todas as percepcións que hai no tocante as relacións entre asesores e mestres. Temos que afondar sobre cales son as nosas propias percepcións e as deles para poder lograr que haxa unha auténtica colaboración e traballo conxunto entre ámbolos dous axentes.

 

Esta tarefa proposta por Lourdes Montero no sesión de clase do Mércores 6 de Novembro Diario Mércores 6 de Novembro de 2013 , realizámola no grupo, Psicopedagogas en acción, feito que creo que enriqueceu moito máis as nosas visións xa que puidemos confrontar e poñer en común as ideas de cada unha e vimos como algunha que nós non mencionaramos tamén era moi relevante e debiamos tela en consideración. Nesta tarefa respondemos a dúas cuestións:  

O link no que podedes ver a resposta a estas dúas cuestións é o seguinte: http://stellae.usc.es/red/file/view/45474/pensamento-sobre-os-mestresas

 

¿Que pensan futuros asesores e asesoras sobre profesores/as?

image- Son os axentes principais para levar a cabo a mellora na educación, buscar a calidade.

- Son o piar básico para construír cidadáns que se poidan desenvolver de maneira activa e crítica na sociedade na que están inmersos.

- Que é necesario que teñan compromiso, dedicación e formación permanente para poder garantir unha educación integral.

- Que é preciso que teñan unha maior autonomía, que é necesario que nós como asesores/as os capacitemos para que poidan resolver os seus propios problemas.

- Moitas veces nós tamén creemos que os profesores/as son reticentes a pedir axuda polo medo a que os consideremos inferiores.

- Os profesores/as están moi acostumados a traballar na aula de xeito illado e a levar os méritos polo traballo que eles por si sos realizan pero nós, como futuras asesoras, pensamos que é precisa unha estreita colaboración e participación entre ámbolos dous axentes. En relación a isto é preciso sinalar as culturas de colaboración das que fala Hargreaves (1996) as cales se poden ver con maior profundidade no arquivo mencionado con anterioridade:

  • Individualismo (Illamento)

                             Individualismo restrinxido

                             Individualismo estratéxico

                             Individualismo electivo

  • A Balcanización
  • Mosaico móbil
  • Colexialidade Artificial
  • Cultura colaboradora

 

¿Que pensamos que pensan de nós os mestres? ¿Como nos ven? 

image- Creemos que pensan que nós estamos a un nivel superior, que somos como os “expertos”.

- Que a nosa labor é solucionar o problema no menor tempo posible proporcionándolle unha solución rápida.

- Que non é necesaria a colaboración con nós xa que estamos especializados en tarefas diferentes: nós temos que darlles “as receitas” aos seus problemas, para todo o demais non é preciso o diálogo nin a colaboración e cooperación.

- Que cuestionamos a súa práctica docente, poñéndolle “peros” a todo.

- Cremos que hai outro colectivo de mestres que si que está a favor e pide axuda, que ve ao asesor/a e a relación asesor-mestre dende o ámbito da colaboración e dunha relación dinámica.

Eu persoalmente tamén considero que unha parte dos mestres saben que os servizos de apoio son necesarios pero que pese a isto hai moitas trabas en torno a eles. Hai unha certa reticencia en acudir a eles e unha opinión estendida na sociedade de “para que vou acudir se non me van resolver nada, non serven para nada”. Tal e como dixen  nos arquivos subidos, creo que sería necesario unha campaña na que realmente se vise o importante que é contar cuns servizos de apoio consistentes nos que prime a colaboración, nos que haxa profesionais dotados de cualidades óptimas para desempeñar este posto de traballo,… onde se poida ver todo o traballo que levan a cabo e que, son necesarios para o desenvolvemento pleno dos suxeitos, é dicir, para intentar mitigar os efectos desa mala visión. 

 

 

Como dixen esta tarefa pareceume moi importante xa que considero que se realmente queremos cambiar algo e establecer ese clima de confianza e colaboración primeiramente temos que ver que factores poden prexudicar ou afianzar ese compromiso, que reticencias pode haber e cales son tanto os nosos como os pensamentos dos demais sobre o noso traballo, as nosas funcións e a relación con nós.

Estimular polo tanto a reflexión crítica para ver distintos puntos de vista e para ter un punto no que partir de cara a esa colaboración que non sempre é tan doada de conseguir como esperamos. Se temos ese punto de partida logo xa poderemos establecer distintas iniciativas de cara a ter relacións máis harmónicas e pouco a pouco ir conseguindo ese pequeno obxectivo: a colaboración co cal se consegue o gran obxectivo: a mellora na educación.

 

Trátase de conseguir dar ese salto, de deixar a un lado os medos, as visións máis clásicas do asesoramento e das súas relacións para que se poida dar ese apoio e responsabilidade compartida entre profesorado e asesor/a, de probar e non cerrarse en banda a temores que, en moitas ocasións, tan só nos serven para frustrarnos e para poñer nese baúl dos recordos que mellor non abrir xa que tan so trae malos recordos.

Por que non transformar eses malos recordos con vivencias boas? Por que non atreverse a ter relacións harmónicas? Non perdemos nada pero, …..porén, GAÑAMOS.

image 

Dentro de veinte años lamentarás más las cosas que no hiciste que las que hiciste. Así que suelta amarras y abandona el Puerto seguro... Atrapa los vientos en tus velas... Explora... Sueña... Descubre!!!”  Mark Twain

  • Hargreaves, A. (2005). Profesorado, Cultura y postmodernidad.  Madrid: Morata.
  • Coñecementos das 4 compoñentes do grupo Psicopedagogas en acción!