Alba García Cabaleiro

Intentando escapar desa "Xeración perdida" que o único que quere é facer cousas, e facelas ben.

Historial

4. O traballo colaborativo: Revisión

4. O traballo colaborativo

Última actualización de en Alba García Cabaleiro

Como afirman C. Monereo y J. I. Pozo (2005), o asesoramento educativo “debe nacer de una actitud de colaboración, de construcción mutua de esa práctica entre asesor y asesorado”. Por iso neste apartado trataremos a importancia da existencia de relacións cooperativas e colaborativas entre psicopedagogos, tanto internos como externos, e docentes.

 

Asesores e profesores

A principal tarefa do asesor como axente de apoio interno é conseguir cooperación e colaboración entre todos os profesionais do centro, incluído o profesorado, ao igual que todas as partes da planta deben traballar xuntas para conseguir o bo funcionamento do mesmo.

Sen embargo, este non é un camiño fácil pois moitos docentes consideran ao asesor como un intruso, alguén alleo ao centro e imposto pola administración educativa, visión que dificulta a creación e a permanencia dunha comunidade no centro.

Do mesmo xeito algúns asesores non posúen unha idea moito máis positiva do profesorado, ao que consideran individualistas, centrados no seu traballo co alumnado evitando a relación co resto dos compañeiros. Dende esta perspectiva, o centro educativo percíbese como unha estrutura xerárquica, unha institución illada e cerrada ao contexto que a rodea.

 Pero, a pesar destes impedimentos, como dixemos anteriormente, o asesoramento ten a función de favorecer a creación dunha cultura colaborativa, na que todos aprendamos de todos, establecendo lazos entre os membros da comunidade educativa e entre estes e o entorno que rodea ao centro.

Para elo é necesario partir da idea de que o asesoramento se leva a cabo nas institucións, cos profesionais e para os profesionais, creando e mantendo redes de interacción e colaboración e tendo sempre presente que o asesor non é o protagonista desta acción, senón que debe capacitar aos axentes educativos “empowerment” para que adquiran autonomía, comprometidos.

Para finalizar, gustaríame resaltar que a día de hoxe quizáis consideremos esta visión como algo extremista, pois gracias á acción de moitos orientadores que forman parte dos nosos centros educativos, moitos docentes entenderon a importancia da tarefa dos asesores, conseguindo crear auténticas comunidades de aprendizaxe. Sen embargo, por desgracia, aínda quedan centros e profesionais que non abandona a visión do asesoramento descrita anteriormente, polo que esta labor debe seguir presente entre as nosas funcións.

 

Axente de apoio externo

Ademais do traballo conxunto das diversas partes da planta para que medre sá, son necesarios tamén outros axentes externos: choiva, sol, etc.

 Do mesmo xeito non só é importante a colaboración entre os asesores do centro e os docentes, senón que tamén deben existir relacións de cooperación entre os axentes de apoio externo e os profesionais que desenvolven a súa labor no centro educativo.

 Considero que si é complicado desenvolver un clima colaborativo entre os axentes educativos dun centro aínda o é máis cando se trata dun profesional externo o que pretende cooperar e colaborar coa escola, xa que moitas veces o profesorado se encerra nunha burbulla e non permite que ninguén entre (celularismo). Ademais, moitos profesores perciben a este profesional como un intruso que non coñece a realidade do centro e que non é quen de darlle consello ou ofrecerlle apoio, pois é imposible que coñezan mellor ca eles ós nenos, dado que eles pasan moito maís tempo no centro.

 Na miña opinión, moitas veces esto non é así debida á percepción que os docentes teñen dos psicopedagogos, ao vernos como expertos en contidos teóricos.

 Nesta visión inflúe tamén a historia do centro e as vivencias que esa institución tivo cos seus orientadores; si no centro existe un clima de colaboración e se percibe ao asesor como un profesional máis, que presta apoio ao resto da comunidade será máis sinxelo que o axente externo poida desenvolver esa confianza en docentes e orientadores, podendo traballar de forma cooperativa e así lograr o que é verdadeiramente importante: o desenvolvemento integral dos nenos.