2. INFOGRAFÍA E MAPA CONCEPTUAL COMO RECURSOS.: Revisión

     Neste caso a escolla destes materiais fundaméntase no feito de que ambos foron creacións propias, polo que teñen un valor engadido (non se trata de simples contidos, xa que a elaboración dos mesos implicou un proceso de síntese e reorganización dos esquemas mentais).En ambos os dous se expoñen unha gran cantidade de informacións en pouco espazo, podendo percibirse facilmente as interrelacións entre os conceptos. 

    A  Infografía é unha combinación de imaxe e texto útil para comunicar informacións complexas, de xeito ordenado, polo que representa un recurso educativo utilizado para desenvolver habilidades cognitivas de orde superior e de busca e selección de información. A parte do traballo intelectual que supón a creación dunha infografía, hai que ter en conta o proceso de aprendizaxe previo, tanto no que se refire á asimilación dos coñecementos como ó manexo de aplicacións que permitan a realización das mesmas (neste caso ease.ly).

    O Mapa conceptual. é un recurso máis habitual que a infografía, usado incluso como instrumento de estudo. Ó ser elaborado en grupo, nel conflúen as ideas de diversas persoas, o que pode facelo máis rico en contidos e máis complexo no que se refire á organización dos mesmos.