1. Introducción

1. Introducción

Última actualización de en Sara Pereira Gómez

O presente portafolios é a expresión final do traballo realizado ao longo do segundo cuatrimestre na asignatura de tecnoloxía educativa.  Intentarse organizar e reflexionar as ideas expostas no Stellae a partir do fío conductor que as guía e as relaciona unhas con outras.

Esta conexión ven enlazada polo espertar da curiosidade e a recoinciliación coas tecnoloxías. Estas dúas temáticas son o principal fío que enlaza o portafolios, xa que estes catro meses foron un constante espertar de curiosidades cara os novos conceptos e temas que se ían presentando nas clases, a partir dos cales xurdían outras curiosidades novas, e así constantemente. Así mesmo, o maior coñecemento sobre esta temática deu pé a crecente recoinciliación das tecnoloxías na miña vida diaría. Como se comentou en varios momentos en diferentes entradas e comentarios realizados, somos conscientes dos perigos das tecnoloxías, non obstante, este non pode ser un factor que nos limite, se non unha situación que de pé a coñecer este novo mundo de redes, máquinas e espazos virtuais.

Como podedes observar, a foto da portada é unha man humana apertando a man dun robót. Paréceme o reflexo perfecto do camiño que guía esta carpeta e o meu proceso de aprendizaxe, xa que da recoinciliación e das gañas de coñecer é de onde nacen as mellores intencións para proseguir o camiño da vida e do coñecemento.