3.2 Nos meus gustos

3.2 Nos meus gustos

Última actualización de en Sara Pereira Gómez

As tecnoloxías non só me fixeron reflexionar sobre o que descoñecía deste mundo, se non que tamén me fixeron cuestionarme sobre os temas que ultimamente rondan o meu intereses como son o xénero,os videoxogos, audiovisual, a imaxen, ect. Puiden comprobar que as tecnoloxías rodean absolutamente todos os ambitos da nosa realidade, deste xeito decidín dedicar un apartado as reflexións que fun elaborando e profundizando relacionadas con este mundo en particular e os temas que me rodean.

Cando na clase se falou sobre a importancia da educación da mirada e toda a tematica que se albergaba ao seu redor sentín unha profunda alegría e interese polo tema. Persoalmente penso moito sobre a realidade e a relatividade de esta, sobre o sentido da vista e do tacto, e a relación que este ten coas palabras e a escritura.

Centreime no mundo do cine, porque en certa medida penso que as persoas somos cine, e que cando vemos cine expoñémonos ante moitos tipos de realidades diferentes que nos axudan a conformarnos como persoas e a dialogar con nos mesmos. Persoalmente, considero o cine, ou o audiovisual e temas relacionados como un foco de acción moi importante da educación, ao cal apenas se lle da importancia no noso campo.

O cine, a mirada e a educación.

Por outra banda, as tecnoloxía dende una perspectiva de xénero é todo un mundo a investigar. Resúltame moi frustrate como muller observar o noso proceso de evolución nas tecnoloxías. As novas tecnoloxías son inventos que como ben acabo de decir NOVOS, non obstante, as estadísiticas seguen mostrando que a hora de traballar en temas informáticos ou tecnolóxicos as mulleres imos un paso por detrás dos homes. As imaxes, os videos, os videoxogos, as personaxes que representan a muller, as actrices....todo o que se mostra a través da tecnoloxía segue mostrando o rol dunha muller obxecto, prisioneira da súa imaxen e o seu corpo... penso que en certo modo a rede pode ser unha ferramenta útil que axude a viralizar información dende un perspectiva de xénero xusta para todos, non obstante... tamén se pode convertir nunha trampa masiva que mostre o reflexo real da nosa sociedade e o seu pouco interese polo empoderamento da muller.

Videoxogos e xénero.

Neste último caso, centreime en buscar información sobre burbules unha vez lido o seu libro, xa que me pareceu importante saber mais sobre as propostas deste autor tan representativo e que calou fortemente na formación da miña opinión neste área. Aquí deixei unha conferencia que realizaba vía streamig e que explicaba mais facilmente os temas tratados no libro.

Videoconferencia Burbules