2. Introdución. O meu desenvolvemento dentro da Tecnoloxía Educativa

Unha vez rematado o curso na Tecnoloxía Educativa debemos de realizar como peche e recompilación para a materia un e-portafolios, no que se recollan os materiais persoais que foran máis significativos de todos os traballados durante este cuatrimestre.

O meu fío condutor serán as etapas do desenvolvemento humano. Comezando a explicar a miña andaina pola Tecnoloxía Educativa como se acabase de nacer amosando aquí as primeiras impresións así como, o recoñecemento e adaptación ao entorno que me rodea, pasando pola infancia coas miñas primeiras intervencións e reflexións e rematando na adolescencia onde me vou formando pouco a pouco, dentro dunha etapa de explosión e outra de máis estabilización. Deste xeito, deixo un final aberto porque considero que co tempo e os contidos que se impartiron na materia aínda non podo chegar a acadar todas as fases do desenvolvemento, é dicir, ademais de que non podo considerarme unha adulta e moito menos unha anciá experta na Tecnoloxía Educativa, non creo que este ciclo se deba de pechar nunca, pois un dos aspectos que máis caracteriza este e outras áreas de coñecemento relacionadas coa educación é a importancia de levar a cabo un aprendizaxe ao longo da vida sobre as mesmas.

Seguindo con este final aberto quixen acompañar este fío condutor cunha frase : “ La calidad  no es el destino sino el camino”, xa que a miña intención en todo momento é centrar a mirada cara a construción e enriquecemento do proceso, sen marcar un destino ou uns obxectivos finais que unha vez acadados impliquen o remate deste camiño. Ademais penso que esta é idea que se quixo cultivar dende un primeiro momento, non existen límites nin restricións con respecto do coñecemento e aprendizaxe sobre esta materia, así cada un centrouse máis nuns aspectos mentres que outros se interesaban máis por outros. Cada un crearía un aprendizaxe personalizado do que todos podíamos enriquecernos.

 

Construíndo o teu camiño

 

Como apartado final deste portafolios, crin conveniente elaborar unha conclusión onde poño de manifesto o que para min significou este proceso, así como os obxectivos que me ía propoñendo e sobre todo como aprendín neste entorno e que habilidades me fixo poñer en xogo o mesmo.

Así que sen máis espero que vos guste e vos resulte ameno o meu portafolios.

Shsss, atención... algo está a punto de suceder....