3. Nacemento... Onde me ubico? Cal é o meu entorno?

imaxe e-portafoliosAcaba de producirse o meu nacemento dentro da Tecnoloxía Educativa.

A partir deste momento o meu papel estará centrado en situarme e comezar a coñecer, experimentar e facer que sexa meu este novo entorno de aprendizaxe chamado Stellae, no cal me desenvolverei como persoa. Este nacemento non é de todo inocente, pois na miña vida puiden experimentar outros anteriormente, aínda así é totalmente diferente, o que me fai crer que é o primeiro e vivilo como tal. Así que nestes primeiros momentos experimento medo, inseguridade e frustración. Por iso decido que neste inicio me manterei un pouco ao marxe.

Como o titulo desta materia expresa todo o contido que se imparte nela xirará en torno á educación. Polo que creo conveniente facer un análise global do sistema educativo a través dun vídeo de Ken Robinso titulado el Paradigma del sistema educativo. Este vídeo é para min a palmada que me fará ver a realidade tal e como é,  que me permita visualizar e valorar a situación actual da educación e darame a oportunidade de reflexionar sobre o papel que a tecnoloxía pode exercer dentro do sistema educativo.

Sen embargo, a pesar de que xa son consciente da realidade que me rodea, non me podo aventurar nesta fase do desenvolvemento a facer grandes análises ou grandes plantexamentos de cambio. Así que decido ir paso a paso. Como nos primeiros momentos de vida, a miña vulnerabilidade e dependencia cara os adultos é moi grande, polo que aproveito esta etapa para enriquecerme e aprender de autores relevantes neste campo, que me axudarán a situarme e construír unha visión persoal e autónoma sobre a pedagoxía dende un punto de vista tecnolóxico.

Como poderían os rapaces aprender a través de facebook?  Sería agora o ordenador o docente? Neste caso, cal sería o papel dos profesores? Estas son algunhas das preguntas inocentes dun cativo que se atopa nun entorno estraño que debía de manexar. O camiño iluminouse a través desta pequena entrevista a Inés Dussel, onde expresa o que para ela é darlle un uso pedagóxico das TICs.Entrevista a Inés Dussel

Era hora de saber de que punto partía o meu camiño, necesitaría saber cal era a miña situación inicial con respecto a tecnoloxía educativa. Se quería cambiar e ser crítica coa situación que a tecnoloxía ocupaba na educación, debía comezar por min mesma. Así foi a miña pretensión cando compartir un artigo que se atopaba na revista interuniversitaria de Pedagoxía Social, no que se falaba precisamente da " Generación Google " coa que eu me sentía moi identificada. Sen dúbida esta non era unha boa base coa que comezar a ser crítica cos demais. Pero polo momento era consciente das miñas carencias e dificultades.

 O tempo precipitábase e case sen darme conta... Nacía en min outra fase do desenvolvemento... A INFANCIA