8. CONCLUSIÓN.

8. CONCLUSIÓN.

Última actualización de en Borja Lapido

Imaxe sobre o proceso de aprendizaxe na materia

Quero empregar esta imaxe para facer a miña conclusión tanto deste portafolios como do meu paso por esta materia.

Ca imaxe quero dicir que o meu proceso de aprendizaxe na materia non foi en balde, pero tamén teño que dicir que non puiden sacarlle o máximo debido a unha serie de circunstancias; a primeira é en relación ao meu achegamento as novas tecnoloxías, son unha persoa que as emprega o mínimo e necesario posible, acarrexándome mais de un problema en moitas ocasións, pero non é algo que faga intencionadamente, xa que non fun educado nelas nin no fogar nin nas miñas épocas eescolares anteriores.

Por outro lado, e sendo un aspecto ao meu parecer máis importante, no meu fogar nunca tivemos nin temos conexión á rede o que fixo que esta materia se ma¡e fixera de dificultoso seguemento e actualización, así como o traballo que para ela implicaba; ademais, non conto con ordenador propio, xa que emprego un ordenador portátil que me foi prestado.

Aparte destes aspectos, teño que dicir que a materia me resultou interesante e de gran relevancia e aplicación ao noso posible futuro profesional, xa que as actividades que se expoñían na aula para a súa elaboración realiceinas todas da mellor forma que puiden, xa foran en grupo ou de forma individual. Outro aspecto que quero resaltar é o de que a miña asistencia a esta materia foi completa e sempre intentando participar todo o que as miñas capacidades e coñecementos sobre a materia mo permitían.