1. Comezamos!!

1. Comezamos!!

Última actualización de en Cristina Rey Puente

Xa pasaron meses, desde aquela primeira clase de Tecnoloxía Educativa, na aula 5 na cal se nos presentaba diversas novedades, tanto en referente o contido da materia como a forma na que iamos levar a cabo o noso proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Nun primer momento, cando lin '' Tecnoloxía Educativa'' relacionei inmediatamente esta asignatura con ordenadores,e creo que igual que me pasou a min, pasoulle a moitos dos meus compañeiros.

Sen embargo..foi moito máis que unha asignatura a través do ordenador...foi unha retroalimentación constante entre profesor-alumno, alumno-profesor, así como alumno-alumno, tanto nas clases como na rede virtual Stellae.

Nun principio, costa adaptarte a esta nova modalidade de ensino-aprendizaxe, no meu caso non estaba acostumada a traballar nun espazo virtual de aprendizaxe, e si que te notas algo ''perdida'' nas primeiras semanas. Sen embargo, chegados ata este punto, creo que foi algo moi productivo e valioso para min, posto que me enriquecin coas entradas dos meus compañeiros, así como espero que dalgún modo lle axudaran as miñas.

Concluindo, o que pretendo facer con este portafolio, é botar un vistazo o meu paso por Stellae, e para finalizar unha breve conclusión de dita asignatura.