1. Presentación

1. Presentación

Última actualización de en paula pose

Todo comezou alá polo mes de setembro cando comezamos a materia Asesoramento Curricular a Centros e Profesores. Este foi o mes no que coñecemos a Lourdes Montero, docente á cal non tiveramos o placer de coñecer previamente en ninguna outra materia.

Lourdes Montero cambiounos totalmente a metodoloxía que ata ese momento empregábamos, onde non existían as clases maxistrales nin onde nos adicábamos a coller apuntes que meter na nosa cabeza e escupir nun exame final.

A súas clases consistiron en sesións onde o que máis se valoraba eran as participación do alumnado, a través de diferentes técnicas para a partir de ahí ir realizando unha aprendizaxe constructivista e na que tivesen cabida os diferentes puntos de vista.

Ao igual que as sesións, a forma de avaliarnos tamén estaba fora das nosas previsións e tratábase da realización dun e-portafolios no que incluir novos coñecementos e asentar os xa existentes, é decir o Learning by doing, ou o que é a súa traducciónao galego, aprender facendo.

No momento no que se nos explicou todo aquilo que se esperaba de nós, xurdiron en min o nerviosismo e o non poder dar resposta a elo, simplemente porque non era algo ao que estábamos acostumados.

Cabe decir que a primeira vez que o levei a cabo non respondín como era necesario, así que espero que a segunda vaia a vencida.