2.O meu paso por Stellae

2.O meu paso por Stellae

Última actualización de en Cristina Rey Puente

Neste apartado farei unha breve reflexión sobre o meu paso por Stellae, destacando as entradas que para min tiveron máis valor.

Na primeira sesión de clase, realizamos unha chuvia de ideas, o primeiro que nos viña a cabeza ao escoitar Tecnoloxía; Qué é Tecnoloxía?

 Primer contacto coa asignatura.

Nas primeiras sesións tratamos o tema das brechas dixitais( desigualdade á hora de acceder as TICS) a raíz deste tema traballamos conceptos como nativo( persoas que esta ‘’sumerxido’’ na era dixital e inmigrante( aquel que ‘’naceu’’ noutro mundo que non foi o dixital, e tivo que inmigrar a el) Como reflexión a este tema, creo que non e xusto que existan tantas diferenzas á hora de acceder o mundo dixital como existe hoxe en día, xa que todo o mundo deberiamos ter as mesmas oportunidades, aínda que estan presentes moitos factores, como a economía do país, o goberno etc. Logo a lectur de Burbules e Callister(2002),Lectura Burbulesfixome ser consciente do rápido crecemento da rede nos últimos anos e como concecuencia a adaptación de todas as pobacións desta nova forma de búsqueda, sendo necesario ser un usuario crítico e hiperlector, para ser capaces de comprobar a fiabilidadade de dita información  da importancia que ten que analicemos  información que atopamos na rede día a día, así como dos enlaces que utlizamos para recadar información, para unha mellor forma de ‘’navegar’’ e chegar correctamente as nosas metas. É dicir reflexionar e ser críticos con ela para darlle un bo uso. Debemos ser conscientes ademais de que as tecnoloxías non só son un conxunto de ferramentas que utilizamos para chegar a un fin, senón que é un espazo a través do cal nos comunicamos.

practicum

Coa chegada do practicum, chegou o momento de observar como estan presentes as políticas educativas nos centros educativos, no meu caso como Proxecto Abalar, estaba presente na institución aínda que a súa implantación fora no ano 2009, e ahora lle deran menos uso si que estaban sumerxidos nas TICs e son conscientes de que son o presente e o futuro no proceso de ensino-aprendizaxe. Pero si que é certo, que non todos os colexios puideron acollerse o plan Abalar, e eso supón unha desvantaxe, aspecto que creo que se debería mellorar posto que as nosas vidas hoxe en día xiran entorno as TICs.

Outro tema que destacaria é o tema narrativa dixital( transmedia), no cal vimos un video de Henry Jenkins, que nos expón como de ser meros expectadores pasamos a ser participantes da vida dixital e compartimos a nosas vivencias á vez que coñecemos as dos demais (

)

Logo de traballar este tema en clase, levamos a cabo a nosa propia narrativa dixital, sobre o que significara para nos estes tres anos en pedagoxía, no meu caso e no das miñas compañeiras realizamos un stop motion, que aínda sendo traballoso, foi moi útil para reflexionar que nos supuxo estes tres (Storyboard '' El mar de la pedagogía') 'anos na carreira, e retroalimentarnos cos dos nosos compañeiros.Traballando na narrativa dixital!

Para finalizar nas últimas sesións de clase, falamos sobre o concepto de E-learning, cada vez máis integrado no noso día a día e nos nosos procesos de aprendizaxes. Coñecimos como un pedagogo pode avaliar as propostas formativas online( traballadas e analizadas nas sesións interactivas). Esto é unha clara alternativa á ensinanza tradicional, a vez de que debemos ser conscientes do noso PLE( que ferramentas, recursos...dixitais utlizamos no noso proceso de aprendizaxe). O meu PLE E-learning Grammata, referencia en móvil learning.

E finalmente, destaco a realización persoal dunha nube de tags, a partir da última sesión de clase, na que reelaboramos a nosa particular nube feita o primer día de clase, entón eu presento unha na cal destaco os conceptos que máis me chamaron a atención aínda que forno moitos máis os que aprendín ao longo deste cuatrimestre.A miña nube de tags