5. Adolescencia... Explosión de emocións.

imaxe e-portafoliosAsumindo responsabilidades...

Sabía que da miña etapa de nenez debía de quedar pouco, pois os meus últimos pasos xa se converteran nun andar firme e seguro e as miñas palabras torpes e incorrectas ao principio, íanse mudando pouco a pouco para compoñer un vocabulario tecnolóxico básico. Así que a miña infancia como a de todos, quedará gravada en min como un recordo nostálxico e acompañarame durante todo o desenvolvemento. Sen embargo, xa era hora de abandonala para saltar a outras fases nas que un se debe de comezar a facer a idea de como é a vida adulta, polo que a adolescencia  se caracteriza pola ebulición de sentimentos, da personalidade, da autonomía... e así xorden as primeiras responsabilidades, tomas de decisións e traballos individuais e en equipo. Este sen dúbida será un período de inflexión, caracterizado polos cambios e novidades.

Dentro da Tecnoloxía aínda non estaba saciada nin moito menos a miña curiosidade pola educación, o sabor de boca que tiña da fase anterior non era agradable. Quedaba claro que a educación e a tecnoloxía máis que unha boa compenetración o que protagonizaban era un achegamento forzado. Necesitaba respostas, alternativas, opinións diferentes. Necesitaba eliminar ese sabor agro da miña boca, e este desexo foi cumprido por Jenry Henkins nunha pequena entrevista sobre as transformacións que el cre que a educación actual debe sufrir.Entrevista a Henry Jenkins. Nesta entrevista afianzo a miña idea da necesidade dun cambio pero tamén me da algunhas pautas sobre estas transformacións.

Dende este momento e como a etapa do desenvolvemento o require comezarei a tomar unha maior responsabilidade, deixando nun segundo plano unha óptica crítica e situándome máis ben, no coñecemento de novas propostas de cambio. Así creo conveniente que unha das miñas entradas, estea dedicada á afondar un pouco máis sobre os sistemas que permiten a creación de novas entornas de aprendizaxe (como o é Stellae agora mesmo). Deste xeito falaría brevemente do LMS, Moodle e Chamilo onde ofrecería unha pequena visión complementaria da realizada nas clases expositivas sobre cales son as súas funcións.

Pero en todo este cambio de entornas de aprendizaxe, de concepción da mesma e de novas metodoloxías. Que deberían de facer os alumnos/as?

Sería totalmente absurdo cambiar o aspecto senón cambia a esencia, senón cambian os materiais e senón cambian as teorías de aprendizaxe. Sería absurdo seguir empregando caderniños de caligrafía, seguir transmitindo e repetindo, seguir castigando e premiando...

Pero a resposta a esta incógnita tampouco tería sentido se tan só nola transmitisen, para que a entendamos e a repitamos. Como non hai nada como aprender facendo, experimentei diversas ferramentas que continuaron aprendéndome e desvelándome elementos novos.

Estas novas guías serían as infografías:

Infografía

Os mapas conceptuais Mapa conceptual e as narrativas transmedia http://stellae.usc.es/red/blog/view/115241/nuestra-propia-narrativa-digital-nuestra-segunda-opcinpedagoga

Pero esta fase non remata aquí... continuamos na adolescencia