6. Adolescencia... Creación da propia personalidade.

imaxe e-portafoliosContinuamos na adolescencia, nun período de máis estabilidade...

A segunda fase da adolescencia, caracterízase  por unha maior estabilidade emocional e pola construción da miña propia personalidade. No campo da Tecnoloxía Educativa, trataría de levar todos os recursos e coñecementos interiorizados ata o momento a un ámbito e utilidade máis persoal, comezando a elaborar con eles as conclusións do que este desenvolvemento na Tecnoloxía, significou para min dende o nacemento ata a adolescencia e como influenciou esta no meu entorno persoal de aprendizaxe.

Necesitaría indagar nos sentimentos e emocións para expresar con palabras todo o que para min significou e significa a Tecnoloxía Educativa, serán palabras que me acompañen ao longo da miña formación no campo desta materia en particular, e no ámbito da pedagoxía en xeral. Empregando unha nube de tags con forma de pegada, coa que intento por de manifesto a marca que esta materia deixou en min.

A miña nube de tags

Ademais apóiome nunha infografía para poñer de manifesto o meu Entorno Persoal de Aprendizaxe (PLE), con esta doume conta do restrinxido que era ao principio e de todo o que evolucionou dende os primeiros momentos ata o de agora. Espero seguir medrando e poder seguir incorporando elementos no meu entorno de aprendizaxe.  

ple, e-portafolios

Para finalizar estas tres fases do desenvolvemento gustaríame xogar con outra metáfora, incluíndo así a foto que eu elexin para representar a miña andaina pola Tecnoloxía Educativa. 

Imagen represetativa

Que significado ten para min esta imaxe?

Creo que representa perfectamente non só o que eu levo vivido en Tecnoloxía Educativa senón que tamén representa os efectos que eu quero que provoque en min. Como no funcionamento dunha hormigonera, dende que comecei a cursar esta asignatura moitos e diferentes coñecementos se foron introducindo na miña cabeza como o que introduce area, cemento e auga dentro da hormigonera. De seguido como o funcionamento desta ferramenta, funlle dando voltas aos coñecementos e reflexionando sobre os mesmos para poder construir o que quero que se convirta nunha pasta sólida e duradeira que me sirva para crear unha base sobre a que seguir construindo e ampliando o meu coñecemento, actuando así como o cemento.