7. Conclusións.

7. Conclusións.

Última actualización de en Andrea Antón

Aínda que anteriormente xa elaborei unha reflexión sobre o meu aprendizaxe dentro da Tecnoloxía Educativa, creo conveniente que despois de todo o tempo pasado e todas as experiencias vividas dende esa primeira reflexión, debo de volver a recapacitar sobre a miña vivencia nesta materia. Por iso aínda que mantendo elementos en común coa anterior reflexión, debo de engadir e retirar moitos outros.

Pasaron catro meses da nosa andaina pola Tecnoloxía Educativa, dende un primeiro momento coñecemos que traballaríamos empregando unha ferramenta básica e común a todos o Stellae, e soubemos que esta materia se presentaba totalmente diferente as anteriormente cursadas.

Esta primeira impresión a min resultoume un pouco desconcertante, porque aínda non comprendía o obxecto da materia nin as oportunidades que me podería reportar a nivel académico e persoal esta metodoloxía de traballo, incluso amosei certa reticenciamedo cara as redes sociais e a tecnoloxía en xeral, provocada polo descoñecemento de ambas. Cría que nas redes sociais non se podían producir ningún procesos de ensino – aprendizaxe.

A medida que avanza o tempo, esta actitude inicial non muda rapidamente pero si o vai facendo pouco a pouco coas miñas primeiras participacións no Stellae. Estas primeiras intervencións foron un reto a nivel persoal e moi custosas xa que nunca antes me enfrontara a este tipo de traballos. Sen embargo decátome da importancia e valor das aportacións dos demais compañeiros e das miñas propias para a intelixencia colectiva, a medida que me ía implicando cada vez máis na rede social subindo imaxes, vídeos, artigos ou opinións propias que me parecían relevantes e interesantes para transcurso da materia. Todas estas entradas partían dun denominador común, a reflexión, motivación ou inquedanzas que cada un atopaba nas actividades levadas a cabo nas clases expositivas e interactivas. Deste xeito, podíamos retroalimentarnos dos demais compañeiros e ter en conta os seus traballos para aportar elementos novos e ir construíndo así un coñecemento persoal sobre a Tecnoloxía Educativa. Todo este coñecemento elabóroo tendo en conta que para min o obxectivo clave nesta materia sería cambiar a miña actitude fronte as novas tecnoloxías, tratando de ver sempre as potencialidades que delas se poden extraer para a educación, pero tamén aprender a manexar conceptos, teorías e programas básicos e claves dentro da tecnoloxía educativa e  tratar de mellorar a través da práctica.

Dentro destes obxectivos marcados xoga un papel fundamental a rede social Stellae, a nivel persoal permitiume aprender moito máis do que se trataba nas clases presenciais e do que eu me propuxera inicialmente, podía coñecer tamén os contidos que eran relevantes para os meus compañeiros. Ademais este aprendizaxe prodúcese en todo momento, é dicir, rompéndose as barreiras das clases presenciais e apréndese de xeito participativo e a través de diversas canles (vidos, imaxes, reflexións, artigos…). Os alumnos, somos en todo momento os protagonistas da acción formativa e non somos única e exclusivamente consumidores e receptores de información, como estaba acostumada ata o momento, senón que paso a ser prosumidora, a compartir os meus coñecementos e  poder enriquecerme cos dos demais. Isto todo sen esquecernos dunha oportunidade fundamental que nos ofrece calquera rede social, como é a de poder comentar, opinar, debater, pedir axuda… Deste xeito, somos nós mesmos os que poñemos os límites no noso proceso de aprendizaxe.

A nivel persoal todo este traballo axudoume a propoñerme pequenos retos que debería de ir superando pouco a pouco, comprendendo toda a información exposta, organizándoa e codificándoa de xeito que esta resultara significativa para o meu proceso de aprendizaxe e para os dos demais. Pero sen dúbida, tomei conciencia sobre a importancia da intelixencia colectiva, o aprendizaxe colaborativo e cooperativo fronte o individualismo. Pero sobre todo destaco, o meu aprendizaxe sobre relevancia que ten a existencia do sofware libre e do coñecemento aberto, elementos imprescindibles que cambiaron a miña ética sobre o meu saber e as miñas producións. Estas consignas son fundamentais para poder lograr aquela pretensión de que a educación sexa alcanzable e extensible a todas as persoas sexa cal sexa a súa condición, para poder lograr o progreso das mesmas dentro da sociedade. Por este motivo e porque me parece o único modo de conseguilo, creo que a miña esencia, o meu camiño dentro da tecnoloxía estará sempre intimamente ligado co desexo de lograr romper coa brecha de acceso.

A pesar de que para min esta metodoloxía de traballo supuxo un ritmo constante e polo tanto as veces un pouco estresante, esta experiencia foi moi útil pois deste xeito, puiden aprender moito máis no mesmo tempo tanto de contidos teóricos como prácticos,  ademais de poder aprender experimentando nunha nova teoría de aprendizaxe. O conectivismo.


infografía, e-portafolios

Ata aquí chega o meu percorrido pola Tecnoloxía Educativa, aínda que pequeno eu valoroo moi positivamente. Desta etapa extráio non só ferramentas e aprendizaxes útiles senón que tamén, supuxo para min un cambio de mentalidade con respecto á educación e ás formas de construír e trasnmitir o coñecemento, unha resignificación sobre as metodoloxías de ensino - aprendizaxe e as teorías de aprendizaxe, e moi importante, a pérdida do medo que lle tiña á tecnoloxía. Sen dúbida penso que o inicio deste desenvolvemento (nacemento, infancia e adolescencia), foi moi valiosos para a miña formación como pedagoga pero tamén penso que estas fases non deben de rematarar aquí...

Vémonos na madurez!