2. Introdución

2. Introdución

Última actualización de en Lara Caamaño

Como finalización desta materia pedíusenos que levásemos a cabo a realización dun e-portafolios no cal quedaran reflexadas todas aquelas entradas subidas no Stellae ao longo do curso que foron máis representativas para nos e aquelas ás que lle damos unha maior importancia.

Para elo debíase seguir un fío condutor que relacionase todas as entradas escollidas, e o fío condutor do meu e-portafolios serán as vantaxes e desvantaxes das novas tecnoloxías e de todo aquilo relacionado con elas, de aí o seu título ¿Qué pesa máis?, deixando a cada persoa a liberdade de opinar se teñen máis importancia os seus beneficios ou os seus inconvintes. Explicarase en cada unha das entradas escollidas o motivo de seren esas as seleccionadas.

O que se pretende a partir destes beneficios e inconvintes e chegar finalmente a unha decisión sobre se as novas tecnoloxías valen a pena a pesar das cousas negativas que presentan ou se polo contrario non o fan, algo do que cada persoa terá unha opinión, e algunhas delas daranlle máis importancia as súas vantaxes, pero pola contra, outras daranlle moita máis importancia ás súas desvantaxes.