3. Brecha dixital

3. Brecha dixital

Última actualización de en Lara Caamaño

“Brecha dixital” é unha das entradas que considero máis importante de entre as que subín á rede social Stellae, por iso decidín incluíla no meu e-portafolios.

Considero que este é un problema moi presente na nosa sociedade e que a pesar dos avances producidos nos últimos tempos segue habendo grandes diferenzas con respecto ás novas tecnoloxías.

Levando a cabo esta entrada deime conta de como as novas tecnoloxías inflúen na vida das persoas, pero sobre todo, das grandes dificultades que parte da sociedade sufre para poder contar con elas, algo que a maioría das veces non consegue. Existen grandes diferenzas entre países, pero de igual forma existen grandes diferenzas dentro do mesmo país, que fan unha grande brecha entre aquelas persoas que teñen recursos suficientes para contar con elas e aquelas outras que non dispoñen de medios para introducir ás novas tecnoloxías no seu día a día.

Con esta entrada puiden aprender que non só existe un tipo de brecha dixital, se non que son moitas as causas que levan a unha parte da sociedade a dispoñer das novas tecnoloxías e a outra parte a que non o fagan.

O que está claro e que segue habendo grandes diferenzas entre uns e outros, e que para algunhas persoas as novas tecnoloxías son algo positivo e que facilitan as súas vidas, pero para outras algo totalmente negativo que as fan alonxarse máis da sociedade na que vivimos actualmente.

Por iso seguindo o fío condutor deste portafolios, podemos ver na entrada de “Brecha dixital” como as novas tecnoloxías contan con vantaxes e inconvintes, e como a algunhas persoas lles axudan no seu día a día, facendo todo o contrario con moitas outras.

Brecha digital