4. As novas tecnoloxías e o seu bo uso

4. As novas tecnoloxías e o seu bo uso

Última actualización de en Lara Caamaño

Outra das entradas que escollín para que forme parte do meu portafolios é “As novas tecnoloxías e o seu bo uso”. Seguindo na mesma liña, o que con esta entrada se quere dar a ver son as vantaxes e inconvintes das novas tecnoloxías.

Nela fálase dun taller chamado “Nuevas Tecnologías y su buen uso”, levado a cabo pola consellería de Educación en diferentes centros educativos de Mazarrón, dirixido a nenos e adolescentes. O proxecto surxiu no momento que se viu a un grupo de xóvenes sentados nun banco sen mediar palabra entre eles e moi atentos aos seus teléfonos móbiles. Foi nese momento cando se deron conta da necesidade de concienciar aos adolescentes e de facerlles ver que están perdendo as relacións sociais cos seus amigos e compañeiros e desaproveitando o seu tempo libre centrando toda a súa atención nas novas tecnoloxías.

Con isto quérense dar a coñecer os problemas que están surxindo entre os adolescentes por culpa das novas tecnoloxías, problemas entre os que se poden destacar o sedentarismo e os conflitos de integración social.

O que pretendo explicar con esta noticia son, unha vez máis, as vantaxes e os inconvintes das novas tecnoloxías na sociedade actual. Podemos ver con ela que hoxe en día ata os máis pequenos teñen as TIC moi presentes nas súas vidas, sendo estas algo imprescindible para eles, podendo chegar a converterse para algúns nunha adicción que afectará negativamente ás súas vidas.

Pareceume isto algo moi importante para reflexar en Stellae e facerlle coñecer a noticia aos meus compañeiros, para que desta forma eles poidan ver e facerse unha idea non so das cousas positivas das novas tecnoloxías, se non tamén das negativas, daquelas que deberían ser controladas sobre todo entre os adolescentes e os rapaces máis novos.

Por isto considero que foi unha boa elección incluír esta entrada no meu portafolios sinalándoa como unha das máis importantes e interesantes, xa que con ela puiden aprender e completar os coñecementos expostos na materia ao longo do curso. 

As novas tecnoloxías e o seu bo uso