5. ¿Libro físico ou libro dixital?

5. ¿Libro físico ou libro dixital?

Última actualización de en Lara Caamaño

Outra das entradas máis representativa para min e que quero incluír no meu e-portafolios é “¿Libro dixital ou libro físico?”, un tema de total actualidade na sociedade que vivimos.

Nela expliquei, seguindo o fío condutor que relaciona a todas e cada unha das entradas publicadas, as vantaxes e inconvintes do libro dixital, e as preferencias que teñen as distintas persoas por estes ou por os libros tradicionais de papel.

É un tema que me parece moi interesante e que afecta a todas as persoas sobre todo no seu día a día. Na actualidade son moitas as persoas que decidiron cambiar o libro de papel polo libro dixital e que ven neste último moitas máis vantaxes que no primeiro, pero hai outras, que a pesar das súas comodidades, prefiren quedarse co libro tradicional e non co dixital.

Con esta práctica puiden aprender un pouco máis sobre as ideas que ten a sociedade sobre este tema, un tema de vixente actualidade e sobre todo de un grande debate.

O que me chamou a atención non foi soamente o que pensen as diferentes persoas, se non que é algo que cada vez máis leva aos centros educativos a unha grande indecisión e a unha grande diferenza entre uns e outros.

Considero por isto que debería chegarse a un acordo sobre si implantar os libros electrónicos nos centros ou se pola contra deberían seguir usándose os libros de papel, xa que do contrario, haberá unha grande diferenza na maneira de impartir os coñecementos aos alumnos e sobre todo na maneira que os alumnos terán de prestarlle atención a estes coñecementos, por seren impartidos uns dunha maneira máis didáctica e interesante que os outros.

Por isto penso que é un acerto engadir esta entrada no meu portafolios, xa que é, baixo o meu punto de vista, unha das máis interesantes e unha das máis importantes de todas as realizadas. 

¿Libro dixital ou libro físico?