6. E-learning

6. E-learning

Última actualización de en Lara Caamaño

A última entrada que me gustaría destacar neste e-portafolios é “E-learning”, unha entrada que podemos observar como segue o fío condutor falando dos inconvintes pero sobre todo das vantaxes do e-learning.

Isto é algo que cada vez máis está presente na vida das persoas e na súa educación e co que conviven cada día con máis normalidade, algo que está axudando moito a unha educación distinta cara a sociedade.

Considero que o e-learning conta con máis cousas positivas que negativas, xa que é unha modalidade que fomenta a autonomía e coa que se rompen todo tipo de barreiras espazo – temporais, unhas barreiras que moitas veces complican a unha persoa para adquirir unha completa educación, dándose hoxe en día moitos cursos e ensinanzas a distancia. É grazas a isto que moitas persoas poden levar a cabo unha educación que non serían capaces de adquirir de non ser por o e-learning.

A pesar de todo isto puiden darme conta coa creación desta entrada que non todo é positivo co e-learning. Son moitas as metodoloxías erróneas utilizadas, unhas metodoloxías que serían adecuadas de seren ben formados os profesionais que se encargan delas, algo que non ocorre con moita frecuencia e que debería cambiar canto antes.

Aínda así penso que a pesar de non seren todo cousas positivas, o e-learning conta con máis vantaxe que inconvintes, algo que se ve reflexado na sociedade, e co que aínda que non todas as persoas están de acordo, vai avanzando cada vez de xeito máis rápido sen que nos poidamos dar de conta.

Con esta entrada aprendín sobre todo que cada vez máis e de xeito máis rápido as novas tecnoloxías estanse formando un oco na vida das persoas chegando a converterse en algo imprescindible para a maioría delas, influíndo de forma moi intensa en moitos campos, pero sobre todo na educación.

E-learning