7. Conclusión

7. Conclusión

Última actualización de en Lara Caamaño

Para finalizar o meu e-portafolios destacar que as catro entradas que escollín como as máis representativas, “Brecha dixital”, “As novas tecnoloxías e o seu bo uso”, “¿Libro físico ou libro dixital?” e “E-learning” foron aquelas que me pareceron as máis importantes de todas as que subín á rede social Stellae, e a pesar de que en todas elas aprendín moito penso que foron estas as que máis me chamaron a atención e as máis interesantes para min.

En todas elas puiden demostrar o que aprendín tanto nas clases expositivas como nas clases interactivas, e completar os meus coñecementos con información buscada na rede, mediante noticias, páxinas web ou mesmo vídeos nos cales se explicaban moitos dos aspectos tratados na aula.

Tecnoloxía Educativa é ao fin e ao cabo unha materia diferente na cal aprendemos dun xeito innovador e baixo o meu punto de vista dunha maneira máis didáctica, deixándonos un grande espazo para o noso inxenio e creatividade.