1.A REDE E A EVOLUCIÓN DAS TECNOLOXÍAS.

 A rede e a evolución das tecnoloxía.

    A través desta entrada recóllese o primeiro contacto coas tecnoloxías da información e a comunicación que se produciu na materia. Esta aproximación realízase a través da rede e a visulización desta mediante de mapas de internet. Así mesmo nesta xa se recollen algunhas referencias á brecha dixital.

    Tamén se fai un pequeno percorrido do que sería a tecnoloxía en termos xerais, dende a Idade Media ata os 70 (aparición dos primeiros ordenadores) e os 90 (comeza a falarse de sociedade do coñecemento) tendo en conta as variacións que se produciron no propio termo.

    Finalmente tense en conta o lugar que ocupa a tecnoloxía na sociedade actual, na que coñecemento implica poder. A raíz do proceso de globalización que se deu nesta sociedade do coñecemento aparece o software aberto e a participación dos usuarios na rede 4.0 como consumidores e prosumidores que conforman unha comunidade virtual composta por suxeitos activos.

A importancia desta entrada radica precisamente no seu contido, xa que este será a base de partida que permitirá incorporar os posteriores conceptos impartidos na materia.