• Páginas
  • Doa
  • 4. NARRATIVA DIXITAL: PEDAGOXÍA A TRAVÉS DA DOCENCIA.

4. NARRATIVA DIXITAL: PEDAGOXÍA A TRAVÉS DA DOCENCIA.

    A imaxe ten un gran poder no mundo actual e é un dos seus elementos máis representativos, que prima sobre outras formas de expresión, chegando a unha excesiva estimulación por sobrecarga de estímulos. Os distintos profesionais da educación deben saber “educar a mirada, xa que as imaxes actúan como intermediarias entre a sociedade e o coñecemento.

    Neste caso aínda que a Narrativa dixital: "Pedagoxía a través da docencia". non ten contidos puramente educativos, se non máis ben unha experiencia subxectiva, converteuse nunha excelente oportunidade para converter ó alumnado en prosumidor de tecnoloxía. Grazas a esta entrada puidéronse poñer en práctica algúns coñecementos teóricos referidos á imaxe (ex: o tipo de letra, os diferentes planos...).

    Tampouco se pode deixar de lado o feito de que, ó tratarse de un traballo deste tipo de características e grupal; sen ter previa experiencia nunha técnica como o stop motion, nin o movie maker; comportou un alto grado de satisfacción (aínda que os resultados distaran da perfección).