2. Introducción

2. Introducción

Última actualización de en paula pose

O obxectivo do meu presente traballo é a realización do portafolios dixital. É ben, antes de seguir, recordar a breve definición dada por Lourdes Montero na primeira sesión de clase:

“Unha recopilación de evidencias( documentos diversos, viñetas, artículos, prensa, publicidade, programas, traballos, artículos, páxinas web, notas de campo, diarios, relatos,…), considerados de interese para ser gardados polos significados con elas construídos”. (Montero,2002).

 A raíz desta definición, decidín buscar pola miña conta nova información sobre os portafolios para que me quedase máis claro á hora da realización do mesmo saber por onde tirar, xa que como dixen, esta metodoloxía pilloume totalmente desprevida.

 

Archivo sobre o portafolios

O portafolios.pdf

 

 

Unha vez aclarado o termo e as súas características, decidinme a escoller a temática do mesmo e despois de valorar varias ideas, decanteime pola realización dun e-portafolios baseado  nun rompecabezas .

Un rompecabezas é un xogo de mesa cuio obxectivo é formar unha figura combinando correctamente as partes de ésta, que se atopan en distintos cachos ou pezas planas.

Calquera de nós ao longo da súa vida pasou tardes realizando rompecabezas e buscando e pensando naquela peza que iría a continuación e que nos permitiría lograr o resultado final, a consecución de un axeitado rompecabezas.

O asesoramento ao igual que estos rompecabezas precisan de certas pezas no seu proceso que permiten lograr que se leve a cabo un asesoramento de calidade. Estas pezas fomos logrando recoñecelas ao longo de todo o curso académico, partindo de aquelo que xa coñecíamos do tema.

 

Archivo sobre ideas previas do asesoramento

Asesoramento a centros e profesores.pdf 

E sen enredarme máis, a continuación comezarei coas pezas que forman parte do meu particular rompecabezas, pero non sen antes abordar o rompecabezas en xeral.