3.1 Primeira peza: O asesor

3.1 Primeira peza: O asesor

Última actualización de en paula pose

pieza 1

Comezaremos a construir o noso rompecabezas pola peza máis intuitiva, a peza do asesor, figura profesional indispensable para levar a cabo o asesoramento.

Un asesor é un individuo ”especialista que presta consello sobre algún tema”(Wikipedia).

A profesión de asesor pode atoparse en múltiples ámbitos. Estos poden ser o sanitario,  financiero,  vocacional, así como o ámbito matrimonial e numerosos ámbitos máis.


No ámbito académico e profesional , que é o que nos incumbe, é unha actividade  que supón unha comunicación entre dous axentes, para garantir unha actuación persoal eficaz e valiosa.

 

O profesional encargado do asesoramento académico e profesional debe cumplir cunha serie de tarefas como son apoiar, resolver, guiar, previr, dar seguiridade, ofrecer recursos,… e moitas máis que non expoñemos aquí pero que son igual de importantes. É decir, o asesor mostra os diferentes camiños e posibilidades tendo en conta as características de cada individuo.

http://stellae.usc.es/red/file/view/40294/que-iso-de-asesorar

Este profesional educativo debe disponer de unha serie de coñecementos sobre os currículos dos diferentes niveis educativos, sobre a organización e funcionamento dos centros educativos, sobre materiais didácticos,… e tamén debe poseer coñecementos sobre os procesos psicolóxicos fundamentais e sobre as bases biolóxicas e condicionantes socioculturais do comportamento das persoas.

Todo isto é necesario para que poida desempeñar a súa labor profesional logrando unha gran calidade.

O asesor vai a desempeñar unha serie de roles ao longo da súa vida.

O rol profesional é según Sanz e Sobrado (1998: 27) o “conxunto de realizacións no desempeño do traballo que expresan as accións e resultados esperados dos profesionais da orientación nas diferentes situacións laborais”.

No asesoramento e orientación o profesional que o leva a cabo cumple cos seguintes roles:

  • Rol de asesor de profesores: profesional con coñecementos e experiencia en orientación capaz de dar resposta a situacións conflictivas complexas en forma de suxerencias, orientacións, procedementos ou materiais, dirixidos a outros profesores, ben ante demandas dos mesmos, ben a partir da evaluación de necesidades realizada polo propio orientador ou a institución.
  • Rol de consultor: entendido como persoa especialista en psicopedagoxía á que poden acudir profesores, alumnado e familia a pedir parecer ou opinión.
  • Rol de informador: definido como profesional que acumula unha información precisa e relevante sobre orientación e educación e establece os mecanismos oportunos de transmisión da mesma ós seus destinatarios.  Resalta o papel da información no proceso de orientación pois sen información non hai posible orientación.
  • Rol de formador de pais: responsable xunto cos tutores de que os pais adquiran os coñecementos, habilidades e actitudes apropiados en orden a unha educación dos alumnos-fillos integral e armonizada dende os contextos escolar e familiar.
  • Rol de formador de profesores:caracterizado como responsable expreso e formal de detectar e desenrolar labores de formación no centro dos profesores.

O rol dos asesores vaise construíndo a medida que interactúa co seu contexto, non sendo algo que veña marcado inicialmente, senón que se vai adquirindo a medida que se vai desenvolvendo o traballo.