3.2 Segunda peza: os modelos

3.2 Segunda peza: os modelos

Última actualización de en paula pose

               pieza 2

A segunda peza do rompecabezas que escollín porque considero que está íntimamente relacionada coa anterior pola personalidade do asesor ( e polo tanto deben ir xuntas), son os distintos modelos cos que contamos no asesoramento e na orientación.

De seguido e antes de profundizar nos diferentes modelos de asesoramento e orientación, farei unha breve definición do termo modelo.

O termo modelo é un plan ou guía para a acción donde aparecen os distintos deseños, estructuras e compoñentes dun proceso de intervención psicopedagóxica

O asesor psicopedagóxico parte duns modelos de intervención claramente definidos que se diferencian entre si e que poden definirse por tres características básicas:

  • A finalidade da intervención: hai distintas opción segundo sexan os obxectivos da intervención.

Si se considera que se trata de resolver un problema plantexado, o asesoramento plantéxase como unha resposta que se da a unha demanda concreta, é unha consulta.

Por outro bando, se consideramos que a intervención debe levarse a cabo con unha maior implicación e compromis coa institución escolar, o resultado será a colaboración coa mesma.

  • O marco teórico que empregan como soporte.
  • O marco da intervención: o contexto e a relación institucional que o asesor ten dentro da escolar determinará a intervención.

A raíz destas características diferenciaremos varios modelos dependendo de si se leva a cabo unha intervención directa ou indirecta e de si se trata dun modelo de orientación ou un modelo de asesoramento.

 

Archivo modelos de orientación

Modelos de orientación

En relación aos modelos de orientación contamos cos seguintes:

  • Modelo de couseling, tamén denominado modelo clínico ou de consello: modelo creado por Carl Rogers, que se dou conta da necesidade de cambiar as medidas curativas por medidas preventivas e de facer tratamentos tendo en conta o contorno físico e psicolóxico do suxeito.

O autor indicou tamén a necesidade de axudar aos clientes a que se enfronten mellor coa súa situación a            través das entrevistas, das técnicas de consello e da psicoterapia.

Entendemos o modelo de couseling como un proceso psicolóxico de axuda que se ofrece a unha persoa coa       finalidade de identificar e comprender a información relativa ás súas habilidades, co obxectivo de solucionar as necesidades e dificultades que mostre. O carácter deste modelo é básicamente terapéutico e/ou remedial.

Este modelo carácterízase por basarse en unha relación de axuda persoal e directa que se establece entre dúas persoas de status diferente (orientador-orientado), no que a acción orientadora só se levará a cabo mediante a comunicación.

Este modelo básase na entrevista como procedemento característico para afrontar a intervención directa e individualizada e aínda que ten un carácter básicamente terapéutico, tamén pode ter unha dimensión preventiva e de desenvolvemento persoal.

As fases que se dan neste modelo son as seguintes:

 Demanda de axuda por parte do cliente

 Síntese e avaliación diagnóstica 

           Deseño da intervención a desenvolver

 Posta en práctica da intervención e seguimento da mesma

 Avaliación de todo o proceso

 

  • Modelo de servizos: é un modelo vinculado ás prestacións que as institucións públicas ofrecen á cidadanía. O fin básico destas prestacións é atender ás necesidades que a población demanda.

Este modelo pode definirse como toda aquela intervención directa que realiza un equipo de profesionais especializados sobre un grupo de suxeitos que presentan unha necesidade e demandan a prestación.

Este modelo ten unha vontade pública, centrándose principalmente nas necesidades de aquela parte do alumnado que presenta dificultades para a aprendizaxe ou que se atopan en situación de risco. O contexto pasa a un segundo plano, levándose a cabo unha intervención remedial /terapéutica.

A finalidade deste modelo é desenvolver unha intervención orientadora enfocada á solución ou erradicación dos problemas e necesidades que presenta un grupo determinado da poboación sen ter en conta o contexto no que se orixinan estos problemas e necesidades.

  • Modelo de consulta: modelo que trata de capacitar ás persoas que demandan este servizo para que sexan eles quenes realicen as intervencións de orientación.

Dentro deste modelo, o consultor é un formador de formadores así como un impulsor da estructura funcional da organización educativa. 

Este modelo básase na relación que se establece entre dúa s persoas de status similar co propósito de axudar e asesorar a un terceiro para afrontar as problemáticas que presente.

As principales características que definen a este modelo son as seguintes: dotan ao cliente das competencias necesarias para que poda afrontar por sí solo os seus problemas e necesidades e erradicar as problemáticas plantexadas polo cliente, propoñendo a un tempo accións e ambientes que favorezan, aos profesionales da orientación, un maior grado de capacitación para o desenvolvemento das tarefas e funcións da súa competencia.

As fases que caracterizan a este modelo son as seguintes:

 O cliente plantexa o problema ao consultante

 O consultante solicita ao consultor a axuda necesaria

 Consultante e consultor intercambian ideas, información, etc, acordando a maneira na que se vai a actuar

 O consultante pon en práctica os plans de actuación acordados

 O consultor pode chegar a establecer contacto co cliente cando o consultante non é capaz de poñer en práctica o proceso de axuda dirixido ao cliente

  • Modelo de programas: a intervención a través de programas pode definirse como a acción sistemática que surxe da identificación de unhas necesidades concretas , dirixida a consecución de unhas metas previamente establecidas, debendo fundamentarse en unhas bases teóricas que concedan rigor a dita intervención.

Os rasgos característicos deste modelo son:

 A intervención orientadora é deseñada, planificada, elaborada e desenvolvida en función de unhas necesidades concretas, detectadas a través do diagnóstico ou avaliación inicial.   

 Tense en conta o contexto e os seus rasgos característicos, polo que a actuación que se poña en marcha desenvolverase en base a uns obxectivos e en ese contexto determinado.

 Fai fincapé na prevención e desenvolvemento, non só se fixa no carácter terapéutico.

 Diríxese a toda a poboación ou a un grupo moi amplo desta.

 O suxeito adquire un papel activo.

 O experto non é o único protagonista, senón que colabora con outros profesionais.

 Realízase un seguimento das intervencións postas en marcha.

As fases que forman este modelo son:

 Avaliación do contexto e identificación das necesidades

 Deseño do programa

 Posta en marcha do programa

 Avaliación do programa

  • Modelo tecnolóxico: surxe nas últimas décadas do S.XX como consecuencia da introducción das Tecnoloxías da Información e Comunicación na sociedade.

É un modelo que aínda non alcanzou a súa plena expansión e cuia principal característica é a utilización destas ferramentas como soporte, favorecendo o desempeño por parte dos profesionais orientadores de múltiples tarefas e función.

A liberalización de determinadas tarefas e funcións, sobre todo aquelas relacionadas coa información , permiten dispoñer aos orientadores de máis tempo para poñer en práctica aquelas funcións nas que é necesaria a relación orientador-orientado, como pode ser a consulta ou o asesoramento.

No noso rompecabezas tamén contamos con unha peza que contempla os modelos de asesoramento.

Según Grañeras e Parra (2008), a aparición da función asesora no ámbito dos servizos sociais supuxo unha maneira de superar o modelo clínico de intervención directa a favor dunha intervención indirecta, podendo destacarse dende esta perspectiva dúas modalidades de asesoramento: o asesoramento comprometido e o asesoramento comunitario.

 

Archivo modelos de asesoramento

modelos de asesoramento.pdf

O modelo de asesoramento comprometido ten como obxectivo contribuír á emancipación sociocultural das persoas ou grupos e a función do asesor é a dun axente que colabora con esa independencia de maneira comprometida cos suxeitos e cos grupos. Tódolos suxeitos deben ser recoñecidos como axentes de cultura, polo que o asesor tratará con eles a superación do fatalismo. O marco teórico desta modalidade de asesoramento é próximo á socioloxía crítica do coñecemento e incorpora unha análise das dinámicas de poder na estructura social, da hexemonía do coñecemento e da mentalidade propia dos grupos excluídos. Este modo de asesoramento aborda un risco sempre latente en calquera forma de asesoramento: influir de maneira excesiva na decisión dos asesorados.

O modelo de asesoramento comunitario ten a súa orixe en problemas de desintegración social e degradación progresiva das comundiades. O seu obxectivo é aumentar a capacidade dunha  comunidade e os seus membros para tomar decisión sobre a súa vida e acadar os seus obxectivos.

Según algún autores, podería realizarse un paralelismo entre escola e traballo social, de maneira que a primeira sexa contemplada como unha comunidade de intereses educativos e profesionais, e tratando á familia como unha comunidade de intereses afectivos e asistenciais recíproco, fomentándose desta maneira unha escola basada en relación de solidariedade e compromiso e en tomas de decisión de maneira democrática.

Ao igual que pasa cos modelos de orientación, é preciso considerar a utilización dos diferentes modelos para poder garantir unha intervención de xeito axeitado, non existindo un modelo único para a consecución de uns obxectivos.