3.3 Terceira peza: o curriculum

3.3 Terceira peza: o curriculum

Última actualización de en paula pose

pieza 3

 






No noso rompecabezas non podía faltar unha peza na que non se aludise ao currículo, así que a continuación iremos facer unha indagación sobre o mesmo.

 

O curriculum é un documento no que veñen especificadas de forma xeral as intencións educativas que a sociedade procura para a escola. Seguindo a definición de Guarro Pallás (2007), podemos definir o curriculum como: “Conxunto planificado e organizado dos diferentes contidos de aprendizaxe, explicitando ou apuntando determinadas intencións educativas e dirixido a un nivel, grupo ou población específica de estudantes”.

 

Podemos realizar diferentes clasificacións do currículo dependendo do aspecto no que nos centremos e dependendo do autor, pero centrarémonos naquela clasificación que levamos a cabo na aula:

Non existe unha definición única de currículo, senon que se deberá diferenciar entre:

  • Currículo Oficial: é o currículo formal, manifestó, prescrito e explícito.

 

  • Currículo Nulo: é o currículo excluído, ausente.

 

  • Currículo Oculto: é o currículo implícito, latente, non escrito.

 

Por outra banda, Gimeno (1998) realiza outra clasificación do currículo atendendo á súa praxe:

  • O currículo prescrito: é o establecido pola lei.
  • O currículo presentado aos profesores.
  • O currículo moldeado polos profesores.
  • O currículo na acción.
  • O currículo avalado ( a idea de que o que se avalía é realmente o que ten valor).

 

Esta información aparece recollida no diario de clase.

http://stellae.usc.es/red/blog/view/117887/diario-de-clase-sesin-7