3.4 Cuarta peza: a colaboración

3.4 Cuarta peza: a colaboración

Última actualización de en paula pose

                pieza 5.png 

Ao igual que nos xogos de mesa, neste caso o rompecabezas, a participación de amigos e compañeiros sempre nos serve para facer o xogo máis ameno e lograr mellores resultados e por norma xeral en menos tempo. O mesmo sucede no rompecabezas que temos entre mans, que a colaboración entre profesionais de distintos ámbitos é unha peza sumamente necesaria para lograr un Asesoramento e Orientación o máis satisfactorios posibles. Polo tanto, a nosa cuarta peza vai adicada a este termo.

Archivo A colaboración entre profesionais e o traballo en rede

 A colaboración entre profesionais e o traballo en rede.pdf

 

Para Bassedas a colaboración entre profesionais son procesos interactivos, de realización conxunta de actividades por parte de persoas con experiencias e grados de coñecemento distintos respecto a un contido e que pretenden xerar solucións creativas a problemas definidos conxuntamente.

Para o autor, esta colaboración resulta imprescindible para a consecución de unha escola aberta á diversidade e que permita a inclusión educativa, e para lograr esta escola é nesario que se creen comunidades formadas por diferentes profesionais nos que todos estén dispostos a lograr a máxima inclusión social e educativa de todos os alumnos.

Moitos alumnos, necesitan que os profesionais colaboren para dar resposta as súas necesidades, debido a que se trata de alumnos vulnerables que contan con máis dificultades no seu proceso de ensinanza-aprendizaxe. Pero estes profesionais non deben pertencer só ao ámbito educativo, senón que para lograr unha correcta integración de todo o alumnado, é necesario que interveña a sociedade en xeral. De ahícolaboracion que sexa importante contar con profesionais do ámbito educativo así como, do ámbito da saúde, do ámbito dos servicios sociais,…

No ámbito educativo, é preciso contar cos mestres ou profesores tutores; cos mestres ou profesores especialista na atención á diversidade ou pedagoxía terapéutica; os mestros e profesores especialistas de materias, que deben participar nas decisións metodolóxicas importantes con relación a seus alumnos; os profesionais que dedican atención específica especializada a alumnos con discapacidade; os profesionais que adican atención específica especializada a alumnos con dificultades originadas por factores de orixe social e os profesionais externos ao centro que colaboran con todos os anteriores nos aspectos de atención á diversidade e que deben colaborar na búsqueda de unha actuación vinculada á dinámica propia do centro que conleve unha adecuada atención ás necesidades do alumnado.

No ámbito da saúde débese poder contar para levar a cabo unha óptima colaboración entre profesionais de distintas ramas, con equipos de atención primaria de pediatría que poden facilitar un diagnóstico precoz de moitas discapacidades, así como facer unha importante labor de prevención; os equipos de saúde mental infantil e xuvenil, compostos por traballadores sociais, psicólogos clínicos e psiquiatras infantís, que teñen un papel importante no diagnóstico e tratamento de trastornos mentais e os equipos de atención precoz, que teñen unha importante labor na atención precoz das discapacidades e tamén na orientación ás familias ao largo da infancia.

No ámbito dos servicios sociais, débese contar cos servicios sociais de atención primaria, que son o primeiro eslabón da comunidade para facer fronte ás necesidades sociais e persoais da población infantil e os equipos de atención especializada á infancia e á adolescencia en risco.

Basseda tamén identifica a outros profesionais que deben colaborar, como son os profesionais vinculados a asociacións ou fundacións dedicadas á infancia en risco de exclusión.

 Todos estos profesionais necesitan da colaboración dos demáis para levar a cabo a súa tarefa dunha forma satisfactoria, nembargantes existen diversas maneiras de entender a colaboración. Para algúns profesionais é imprescindible o traballo con outros para lograr os seus obxectivos, mentres que para outros a colaboración é posible, pero non imprescindible e tamén atopamos aqueles para os que a colaboración prácticamente non está contemplada nas súas funcións con persoas que traballan en ámbitos distintos do seu.

Para Basseda existen diversas estratexias que favorecen o traballo colaborativo entre profesionais, entre elas :

- a creación de estructuras e organizacións a partir das cales se podan planificar, plantexar e resolver as dificultades propias das tarefas que se emprenden, o que serve para un coñecemento mutuo de profesionais e para a búsqueda de camiños conxuntos que permitan a posibilidade de xestionar os tempos e horarios, así como poñer en orde as necesidades existentes na escola,…

- a realización de accións co obxectivo de cuidar a comunicación e a relación entre profesionais. Entre estas accións atópanse o recoñecemento mutuo, a connotación positiva, potenciar as canles de comunicación entre o equipo,…

- a elaboración de documentos escritos que faciliten a toma de decisións e o establecemento de liñas comúns de actuacións que facilitarán a claridade nas relacións e que obligan a concretar de modo comprensible para os diferentes profesionais os temas tratados.

- a elaboración de plans de acción reaxustables e que teñan en conta as características do contexto, e a partir de ahí buscar os mellores camiños para emprender os cambios que podan levarse a cabo.

- darse un tempo para compartir lenguaxe e coñecemento mutuo que permita a aproximación de colectivos que non se coñecen.

Bassedas considera que hai uns momentos nos que o traballo colaborativo son máis necesarios como poden ser aquelas situacións de colaboración que veñen marcadas polas dinámicas das accións dos propios servizos ou institucións e as situacións de colaboración que deben establecerse a partir das demandas ou situacións persoais ou familiares aportadas polos propios usuarios dos servizos.

As primeiras refírense a aqueles momentos marcados polas transicións propias da vida escolar que requiren especial atención na recollida de información que outros profesionais poden ter do alumnado. A celebración de reunións de seguimento con profesionais que atenden ao alumno ao largo da escolaridade, servirán de momentos de reflexión conxunta e ás cales se invita a profesionais de servicios externos que atenden ao alumno para axudar a desenvolver as súas capacidades.

As situacións de colaboración que deben establecerse a partir das demandas ou situacións persoais ou familiares aportadas polos propios usuarios dos servizos, son aquelas situacións de crisis vinculadas a momentos do ciclo vital da familia ou ben a cambios que realice o mesmo alumno por causas diversas.

En cada unha destas situacións calquera profesional pode ser o que coordine a acción dos outros, no sentido de ser o motor da intervención colaborativa e debe darse estea colaboración no momento no que se identifique como potencialmente beneficiosa para o paciente ou usuario.

 Para Bassedas determinadas estructuras organizativas facilitan o traballo colaborativo dos profesionais. Estas estructuras son as de colaboración no interior da escola e as estrucuturas de colaboración no sector.

As primeiras céntranse nas estructuras da escola nas que é preciso tomar decisións respecto da diversidade e para elo distinguirase entre a comisión de atención á diversidade e o departamento de orientación ou de educación especial.

No caso das estrucuturas de colaboración no sector, é necesario que se traballe conxuntamente a nivel dos profesionais, a nivel dos técnicos con capacidade de representación e a nivel da Administración con poder político. Para concretar estos tres niveis de colaboración podería establecer a creación de unha Comisión da Infancia donde sería necesario que estuveran representados os diferentes equipos que atendan a infancia nunha zona de ámbito local e que podería ser o referente na zona para todas as actuacións coordinadas dirixidas á infancia.

 O autor fai continuamente referencia a importancia da colaboración entre todos os profesionais tanto do ámbito educativo como social e dos servizos sociais para unha mellor atención a tódolos suxeitos independentemente das súas características.