3.5 Quinta peza: a diversidade

3.5 Quinta peza: a diversidade

Última actualización de en paula pose

A última peza do meu rompecabezas pero non por elo menos importante, é a atención á diversidade.

Ao igual que os rompecabezas presentan certas características según a idade dos nenos, amoldándose a estos, as prácticas educativas (entre elas o Asesoramento e a Orientación) deben contemplar as características individuais de todos os suxeitos aos que atenden.

 

                                      pieza 5.5

Archivo atención á diversidade e diferentes medidas

a atención a diversidade e diferentes medidas.pdf

No Decreto 229/2011 do 7 de decembro polo que se regula a atención á diversidade nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, enténdese a atención á diversidade como “o conxunto de medidas e accións deseñadas coa finalidade de adecuar a resposta educativa ás diferentes características, potencialidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado. Estas medidas e accións implican a toda a comunidade educativa e deben concretarse en propostas curriculares e organizativas que teñan en conta a pluralidade de todas e cada unha das alumnas e alumnos”.

Segundo este decreto enténdese como medidas de atención á diversidade, aquelas actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado. Estas medidas clasifícanse en ordinarias e extraordinarias e aparecen recollidas no Plan Xeral de Atención á Diversidade.

As medidas ordinarias de atención á diversidade, son aquelas que facilitan a adecuación do currículo prescriptivo sen alteración significativa dos seus obxectivos, contidos e criterios de avaliación, ao contexto sociocultural dos centros educativos e ás características do alumnado. Estas medidas teñen como finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses, relación social, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, e están destinadas a facilitar a consecución dos obxectivos e competencias establecidas nas diferentes ensinanzas.

Son exemplos de medidas ordinarias as seguintes:

• Adecuación da estructura organizativa do centro.

• Adecuación das programacións didácticas ao entorno e ao alumnado.

• Metodoloxías basadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titorías entre iguais, aprendizaxe por proxectos e outras que promovan a inclusión.

• Adaptación aos tempos e instrumentos ou procedementos de avaliación. 

• Aulas de atención educativa e convivencia e medidas e actuacións destinadas á mellora da convivencia.

• Desdoblamento de grupos.

• Reforzo educativo e apoio do profesorado con disponibilidade horaria.

• Programas de enrequicemento curricular.

• Programas de reforzó nas áreas instrumentais básicas.

• Programas de recuperación.

• Programas específicos personalizados.

• Programas de habilidades sociais.

As medidas extraordinarias de atención á diversidade, son todas aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidade específica de apoio educativo que poden requerir de modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supoñer cambios esenciais no ámbito organizativo, así como, nos elementos de acceso ao currículo o una modalidade de escolarización. Aplicaranse unha vez esgotadas as de carácter ordinario ou por resultar estas insuficientes.

Para a aplicación destas medidas será necesaria a autorización do centro educativo, do Servizo de Inspección Educativa, da xefatura territorial ou da dirección xeral que proceda, e, no seu caso, informe xustificativo do correspondente Servizo de Orientación.

Entre as medidas extraordinarias de atención á diversidade están:

• As adaptacións curriculares.

• Os agrupamentos flexibles

• O apoio do profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica e/ou en Audición e linguaxe.

• A flexibilización da duración do período de escolarización. 

• Os programas de diversificación curricular.

• Os programas de cualificación profesional inicial.

• A atención educativa ao alumnado que por circunstancias diversas, presenta dificultades para unha asistencia continuada a un centro educativo.

• Grupos de adquisición das linguas.

• Grupos de adaptación da competencia curricular

Nos seguintes archivos aparece recollida unha breve explicación do que son os programas de diversificación curricular e os Programas de Cualificación Profesional Inicial.

 

 

Archivo PCPI

Programas de Cualificación Profesional Inicial

Archivo Programas de Diversificación Curricular

programas de diversificación curricular.pdf