5. Autoavaliación

5. Autoavaliación

Última actualización de en paula pose


Como dixen na presentación, cando se nos explicou en que ía a consistir o traballo que debíamos realizar sentinme perdida e agobiada porque non entendía moi ben por donde tirar, xa que requería que cada un de nós fose construíndo os seus propios coñecementos e era algo ao que non estábamos acostumados.

A maior parte das materias ás que tivemos ocasión de asistir ao longo da nosa andaina escolar consistían en clases maxistrais nas que todo se nos daba feito e nós só tiñamos que estudalo e plasmalo nun exame, é dicir, pouco de constructivo. Polo que no momento no que nos atopamos ante algo diferente sempre xorden as dudas de se seremos capaces de facelo de forma axeitada.

É verdade que a realización do blog, así como do portafolios esixe adicarlle unha gran cantidade de tempo pero o fin alcanzado premia o esfozo, permitindo recoller no teu perfil todo aquelo que en algún momento che interesou e que serveu de base para seguir adquirindo coñecementos.

Respecto á construcción do portafolios, a realización do mesmo require dun gran esforzo e dúbidas por non saber se o estás a realizar da maneira correcta e se todo aquelo que se che pasa pola cabeza á hora de realizalo queda plasmado no traballo.

Finalmente, só decir que intentei facelo o mellor posible e que poiden conseguilo ou non, pero eu quedei contenta co traballo realizado e agora só me queda seguir engadíndolle máis pezas ao rompecabezas ao longo da miña andaina profesional.