Un percorrido pola formación do profesorado

Ao longo da carreira de Pedagoxía falamos en moitas ocasións do profesorado, da importancia da súa formación, de que esta debe ser continua e do importante da súa función para a sociedade.

Con esta materia Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado puiden prestar máis atención a todo o que xa falaramos noutras materias e incluso buscar información relativa a este tema e incluso ver distintas opinións.

Con tododas as entradas que fixen para esta materia e polo tanto coa información consultado, considero que nos queda un longo camiño para mellorar a visión que se ten na actualidade do profesorado. E para iso é necesario que exista unha relación directa entre os centros educativos e as familias, pero tamén é necesario que forme parte deste disto a sociedade. Debemos ter claro que non só lle corresponde aos centros educativos a tarefa de educar. Esta é unha tarefa de todos. Si esto non é así seguiremos encontrandonos con conflitos. Un exemplo disto é o da Marea Verde de Baleares, onde o profesorado e os pais/nais se manifestaban porque non se tivo en conta a súa opinión e máis nin sequera lla pediro, vulnerouse o seu dereito de opinión. 

Profesores/as en conflito

 Neste blog estiven falando da situación do profesorado na actualidade, por iso esta nova entrada estará dedicada ao motivo dos conflitos actuais aos que teñen que facer fronte o profesorado e que fan para solucionalos.

Comezarei facendo un resumo da nova do xornal El País, a cal traballamos na clase. Nesta nova Los profesores de Baleares vuelven a clase tras 15 jornadas de huelga, falase de que o profesorado suspende a folga indefinida trala asemblea que se levou a cabo en Mallorca. Pero o goberno de Baleares (PP), non accedeu as demandas sobre o novo modelo educativo trilingüe (catalán, castelán e inglés). Polo tanto a pesar de que a folga foi suspendida o profesorado segue tendo as mesmas queixas.

O final esta folga de quince días non tivo éxito, xa que se implantará o trilingüísmo e será obrigatorio e universal en tres cursos da ensinanza primaria e segundo ciclo de infantil, mentres que na secundaria só nun curso e será de carácter voluntario.

Partindo desta nova e buscando información sobre este tema a orixe desta folga foi motivada polo decreto do Goberno Balear sobre o trilingüismo. O seis de setembro  de 2013 aprobouse o TIL, xuto unha semana antes do comezo das clases, polo cal o profesorado non contaba co tempo necesario para prepararse é facer fronte a este novo decreto. Con este novo decreto, remata o decreto de mínimos, non cal se establecía que o 50% das clases tiñan que ser en castelán, aumentan as horas de clases dos docentes, non se cobren as baixas, elimínanse programas de educación especial e persoas en risco. Esíxese apoio para os docentes non preparados en inglés.

Os axentes implicados son a Asemblea de docentes, alumnado, partidos, sindicatos, FAFA Mallorca e APIMAS, CC.OO., STEI, trinta Concellos e os distintos medios que se fan eco da nova entre os que hai distintas opinións.

Como en todo, neste tema hai diferentes opinións e a continuación farei un recorrido sobre elas.

En primeiro lugar déixovos a continuación unha imaxe que apareceu no país onde resumían de forma gráfica os resultados da folga.

 image

En outubro de 2013, Público.es publica unha nova sobre a marea verde de Baleares. Aparece reflexado que os pais e os profesores/as tamén protestan porque non se tivo en conta a súa opinión e máis nin sequera puideron participar e decidir sobre a educación, por iso un dos lemas da manifestación era “Contra ala imposición, defendemos la Educaión”. Tanto pais como profesores/as consideran que se están vulnerando os seus dereitos con este decreto para dar a súa opinión e decidir sobre a educación dos colexios. A isto hai que aumentarlle o problema de que a ratio de alumno por profesor aumentou, falta de sustitucións e os recortes de transporte escolar e comedor entre outros.

Na Vangardia.com  exponse que nunha das concentracións que se fixo en Palma conta o novo decreto participaron máis de 90.000 persoas. Nesta manifestación participaron docentes, pais e nais do alumnado e os sindicatos. Nela escoitaronse e leronse lemas como: “Por una educación pública de calidad”, “No tenemos miedo, nosotros somos la mayoría gritona”, “Si los docentes adoctrinasen, vosotros no gobernaríais” e “No a la imposición, si a la educación”. Ese día, o hashtag #29StotsSomDocents foi trnding topic nas redes sociais. Esta foi a maior manifestación de Baleares.

No Mundo o 14 de setembro de 2013, aparece recollido que na semana seguinte o profesorado faría unha folga na que o que pretendía era demostrarlle ao Goberno que sen ter en conta a opinión do profesorado nada funcionará correctamente. Din que nun comunicado a Asamblea intentaría que a Consellería da Educación, Cultura e Universidades minimizaran o seguimento da folga. Aseguran que o que se pretende coa folga é mellorar a calidade da educación. Asemade a Asamblea dixo "Como asamblea de trabajadores, nuestra convocatoria está avalada por más de 5.000 firmas, que equivalen a la mitad de la plantilla. Queremos dejar claro que los docentes de nuestras islas queremos poder participar directamente de cualquier negociación o decisión que se tome sobre esta huelga y que, ignorando esto, la única cosa que hace la Conselleria es aumentar el problema que ahora mismo tiene entre manos".

Cinco días máis tarde neste mesmo medio de comunicación, aparece unha nova en contra da marea verde. Aseguran que os nenos/as están sendo utilizados para alargala folga, os profesores/as pídenlles aos alunmos/as que non vaian a clase ou téñenos no patio todo o día, tamén lles piden que fagan redaccións en contra do TIL. Nesta nova aparecen moitas acusacións e testimonios do que se fan nos centros para desmotivas aos nenos/as e que estes non queiran ir a clase.

Webgrafía consultada:

 

Reflexións sobre o conflito do profesorado

En canto a miña última entrada, considero que cando falamos de educación todos debemos ter claro que nas decisións que teñan que ver con esta teñen que estar involucrados tanto as familias como o profesorado. Ao longo da carreira de Pedagoxía, todos os profesores de todas as materias nos recalcaron a importancia de que os distintos axentes que forman parte da educación deben estar involucrados nesta e para iso débese fomentar a súa participación.

En primeiro lugar considero que ao longo da nosa historia educativa temos demasiadas leis. Isto é un erro porque como non deixamos que estas se asente, nunca podemos alcanzalas metas que perseguimos con elas e polo tanto nunca poderemos alcanzala educación de calidade que queremos acadar.

Por outro lado, a calidade educativa non se pode conseguir se como dixen antes os axentes educativos non se involucran e para iso deben formar parte das decisión educativas, a súa opinión debe contar.

E por exemplo, no erro do caso da marea verde non foi só que non se tivese en conta a opinión dos pais e nais e do profesorado en canto ao trilingüismo, senón que este decreto se aprobou un par de días antes do comezo do novo curso e o profesorado non contaba co tempo necesario para formarse. Asemade, este decreto non contaba con que para que fose implementado con éxito se debería formar ao profesorado para que estes puidesen impartir as clases en inglés. E outro factor a ter en conta é o seguinte: que un profesor teña certo nivel de inglés non quere dicir que este  estea capacitado para dar as súas clases en inglés.

Está claro que algo debe cambiar no noso sistema educativo, xa que os obxectivos que queremos alcanzar, como por exemplo melloralo noso nivel de inglés, non os estamos conseguindo. Pero iso si, neste cambios, deberían involucrarse os profesores/as, as familias…

E por outro lado, debemos ter en conta que hoxe en día o profesorado ten outros problemas a parte de que a súa opinión non se teña en conta nas decisión educativas. Cada vez esíxeselles máis responsabilidades e debemos ter en conta que non só eles deben educar aos nenos/as senón que esta é unha tarefa compartida, sobre todo entre os pais/nais ou titores legais e o profesorado. Deben ser eles os que eduquen nos novos cambios da sociedade que nos rodean e moitas veces culpabilízanse a eles sobre os malos resultados educativos do alumnado.

Esta visión que se ten na actualidade do profesorado debería cambiar e a sociedade debería resaltar máis o papel do profesorado e involucrarse na formación dos rapaces/as, xa que todo o que nos rodea nos educa.

 

Que poderíasmos facer para cambiar a educación e conseguir estar máis preto da calidade educativa que pretendemos alcanzar?

Que pensades vos sobre os conflitos aos que se afrontan hoxe en día o profesorado/a?

 

 

Pero que non exista unha realción entre os distintos axentes da eduación non só implicara isto, senón que fará que se teña unha visión que non é de todo correcta sobre a educación.

Por outra banda, debemos ter en conta que a formación do profesorado é moi importante e como consecuencia da sociedaded cambienate na que vivimos, esta formación debe ser permanente. É dicir, o profesorado non remata a súa formaciónunha vez terminada a súa carreira, senón que se debe seguir formando. Por exemplo, son os profesores os que poden ensinar ao alumnado a facer fronte ao exceso de información que estamos recibindo diariamente. Son eles os que nos ensinas como podemos saber se unha informaciónm é verdadeira ou non, si está basada en coñecementos ou só é unha opinión. E para iso é preciso que se formen, porque deben coñecer os medios de comunicación actuais, pero non só coñecelos senón uqe deben saber empregalos.

Si o profesorado non recibe unha formación continua, nunca poderemos ter unha educación de calidade. E para iso é necesario que se oferten cursos de fromación para docentes, que se lles facilite o acceso a este, que esten ben informados e motivalos para que se formen e se sintan útiles. A motivación é moi importante, non só para o profesorado, pero temos que admitir que este é un traballo que si que require moita motivación, sobre todo porque a actitude que teña o profesorado diante do alumnado será a actitude que estes teñan. Ademais non debemos esquecer que debido que en algunhas situación o papel do profesorado é fundamental si o alumno/a non ten un bo modelo familiar.

Hoxe en día o profesorado tamén debe facer fronte a nova realidade familiar que existe, familias desestructuradas, familias monoparentais, unión de varias familias... Esta nova situación é cada vez máis común, pero non por iso deixa de ser un problema para os rapaces que moitas veces se senten culpables e responsables destas situacións. esta é outra das situacións as que ten que facer fronte o profesorado na actualidade como outras relacionadas coas drogas, o alcohol ou o sexo.

Debemos ter en conta que cada vez esixímoslles máis responsabilidades educativas aos profesores/as e esquecémonos de que a educación debe ser unha tarefa compartida, ainda que iso no quere dicir que o profesorado deba ter coñecemento sobre estas novas situación.

En conclusión, a formación do profesorado é fundamental na sociedade na que vivimos, pero é imprescindible que todos admitamos que temos certas responsabilidades educativas as que facer fronte e non debemos deixar toda a responsabilidade no profesorado.