1- Dende os inicios da Tecnoloxía Educativa

                  image 

                            

   Estas entradas, aínda que algo secuenciadas temporalmente, correspóndense con contidos que conxuntamente constitúen unha base teórica e histórica da aparición e desenvolvemento da Tecnoloxía Educativa, de aí precisamente se deriva o interese das mesmas.

   A primeira entrada "A rede e a evolución das tecnoloxía." inclúe unha serie de contidos que serven de base sobre a que se incorporarán o resto dos contidos impartidos ó longo da materia.

   O feito de poder “ver” a rede a través de distintos mapas, contribuíu a materializar e comprender un concepto enormemente abstracto abstracto. Ademais o filme visualizado na clase aportou un resumo da evolución da tecnoloxía dende a Idade Media ata os 70 (aparición dos primeiros ordenadores) e os 90 (comeza a falarse de sociedade do coñecemento), dun xeito dinámico e distendido.

   Sen dúbida o que máis me aportou desta entrada (e a súa correspondente sesión de clase), foi a conciencia de que vivimos nunha sociedade do coñecemento, na que os posuidores deste son que teñen o poder, porque a información é poder. Isto conciencioume do valor da información, e da importancia de adquirir as habilidades e coñecementos precisos para seleccionala e xestionala. Por outra banda, a raíz do proceso de globalización que se deu nesta sociedade do coñecemento, aparece o software aberto e a participación dos usuarios na rede 4.0 como consumidores e prosumidores que conforman unha comunidade virtual composta por suxeitos activos. Certamente ata esta clase tampouco contemplaba a posibilidade de contribuír á rede, e menos a súa importancia.

   A segunda entrada "Teorías da aprendizaxe" aporta un mellor coñecemento das principais teorías da aprendizaxe, antecesoras do conectivismo. A comprensión do condutismo, cognitivismo e construtivismo implica saber en que medida son útiles e sobre que tipo de aprendizaxes son aplicables (puntos fortes e febles destas).

   O feito de analizar os datos recollidos durante estas sesións, reflexionar e redactar as entradas no blog sobre as mesmas resulta unha actividade moi clarificadora que contribúe á comprensión dos contidos. Ademais as buscas que se realizaron de xeito autónomo na rede, enriquecen e complementan a  información que xa se posuía.