2-O conectivismo: aprender en rede

                     image                

   A selección da entrada "Conectivismo e aprendizaxe na era dixital" xustifícase dende a óptica de que, vivimos na sociedade do coñecemento, da información, polo que a web constitúe un entorno potencial de aprendizaxe, no que a teoría por excelencia é o conectivismo. Para min, é a teoría da aprendizaxe máis efectiva, pois ó constituírse como un proceso de formación de redes, no cal o suxeito é un dos nodos desta rede, que se conecta e comparte información con outros suxeitos, institucións e servizos; sería na que mellor se poden aproveitar as potencialidades da web.

   A medida que as TICs foron avanzando e afectando ós procesos de ensino-aprendizaxe, era necesaria a aparición dunha nova doutrina que explicara estes cambios. O conectivismo é moi recente, historicamente falando, e esta proximidade temporal, contribúe en certo modo a unha proximidade psicolóxica, que me fai percibila como unha teoría efectiva e práctica (que non perfecta); que serve para explicar formas complexas de aprendizaxe (razoamento, resolución de problemas,procesamento da información...).

   Ademais parece ser a liña condutora da materia, xa que se nos instou a seguir os seus principios durante o desenvolvemento das clases: asistir ás sesións, interactuar a través do Stellae, ampliar información a través de outras fontes e cuestionala criticamente, compartir os nosos coñecementos cos compañeiros, aprender do que os nosos compañeiros comparten.