4- E-learning e PLE

4- E-learning e PLE

Última actualización de en Doa

                      image

   Esta entrada debía ser incluída na selección que configuran estas páxinas pola enorme importancia do E-learningActualmente en todos os campos se traballa en entornos virtuais, e evidentemente no campo da formación estes teñen un lugar máis que considerable.

  Os LMS, EVA ou PLE (Personal Learning Environment) convertéronse en entornos potencias de ensino-aprendizaxe que poden ser aproveitados polos profesionais da educación. Polo tanto antes de poder utilizar estes entornos é preciso coñecelos e que estes profesionais posúan certa formación en TICs. Desta maneira aparece a figura do networked teacher, e un potencial posible ámbito de traballo que ata o momento non considerara.

   Ambas entradas foron seleccionadas polo que os coñecementos destas me aportaron. Aínda que si coñecía a existencia de escenarios e-leaning de formación, segundo a miña experiencia a través da realización dalgúns cursos, non me parecían unha boa alternativa. Nestes cursos os contidos non se asimilaron ben, e a penas se desenvolveron habilidades de busca e selección de información, nin de interacción. Cos coñecementos que posúo actualmente, podería afirmar que o fracaso de algúns cursos (non de toda formación on-line), radica na ausencia de interacción con outros compañeiros que estuden sobre o mesmo tema, e na inexistencia da figura do networkerd teacher.