4.1 Recursos do PLE

    A imaxe ten un gran poder no mundo actual e é un dos seus elementos máis representativos, que prima sobre outras formas de expresión. Os distintos profesionais da educación deben saber “educar a mirada, xa que as imaxes actúan como intermediarias entre a sociedade e o coñecemento. Por este motivo me parecen importantes os seguintes recursos, pois aínda que inclúen diversos elementos, a imaxe xoga un papel importante en todos eles. A creación destes foi un punto moi enriquecedor na materia, pois as imaxes teñen un gran potencial educativo, que pode valer para complementar ou clarificar as exposicións ou traballos, tanto na vida académica como profesional, e en cambio é un punto unicamente tocado nesta materia.

    A Infografía é unha combinación de imaxe e texto útil para comunicar informacións complexas, de xeito ordenado, polo que representa un recurso educativo utilizado para desenvolver habilidades cognitivas de orde superior e de busca e selección de información. Para min este recurso, é unha maneira de transmitir certos coñecementos dunha maneira visualmente atractiva nas exposicións de clase, amosando o traballo de indagación previo, tanto no que se refire á asimilación dos coñecementos, como ó manexo de aplicacións que permitan a realización das mesmas (neste caso ease.ly).

    O Mapa conceptual. é un recurso máis habitual que a infografía, usado incluso como instrumento de estudo. Ó ser elaborado en grupo, nel conflúen as ideas de diversas persoas, o que pode facelo máis rico en contidos e máis complexo no que se refire á organización dos mesmos. 

 

   Neste caso aínda que a Narrativa dixital: "Pedagoxía a través da docencia". non ten contidos puramente educativos, se non máis ben unha experiencia subxectiva, converteuse nunha excelente oportunidade para converternos en prosumidores de tecnoloxía. Grazas a esta entrada puidéronse poñer en práctica algúns coñecementos teóricos referidos á imaxe (ex: o tipo de letra, os diferentes planos...)..