4. 3º ESCEA: Procesos e ferramentas para o desenvolvemento curricular na atención á diversidade

 

 

image

Unha das cousas que intentará solventar o noso asesoramento é a atención a diversidade,por iso creo na necesidade de entender que é esta, que implica e como se recolle na lei actual.

A atención a diversidade xorde ante a necesidade de dar resposta a unha educación que este adaptada tanto as características como as necesidades dos alumnos, que por razóns físicas, psíquicas, sensoriais ou sociais non poden seguir o rítmo normal do resto do grupo.

A integración e atención a divesidade no ámbito educativo consiste na adaptación da organización do aula e do centro ás dificultades de aprendizaxeque presenta o estudante, algo que a escola debe entender como algo totalmente necesario para o desenvolvemento educativo do alumno.

Esta atención debe ser entendida como un conxunto de tarefas que pretenden atender ás necesidade específicas dos nenos e que débense poner en práctica no aula.

Ademáis da acción do profesor no aula para lograr a integración será precisoa colaboración do centro escolar e da sociedade en xeral proporcionando materiais e accesorios necesarios para tódolos alumnos dun xeito totalmente igualitario.

A escola debe ser flexible co fin de lograr a adaptación de cada estudante, posto que unha escola que non presente unha certa flexibilidades ó lograrña intensificar as necesidades educativas específicas de apoio educativo dos nenos con dificultade. Esta pode facilitar os medios e os recursos precisos para unha verdadeira atención á diversidade a través dos departamentos de orientación e as súas avaliación psicopedagóxicas.

 

 As medidas que se proponen dende os centros escolares son as seguintes:

RESPOSTAS A NIVEL DE CENTRO:

Dentro das medidas referidas ao centro e con carácter xeral temos os progresivos niveis de concrección do currículo a través da elaboración dos diversos instrumentos que concretizan o currículo, tales como o Proxecto de Centro cos documentos que o integran e que son: a Finalidades Educativas, o Proxecto Curricular de Ciclo e/ou Etapa, a Programación de Aula, etc., e que serven de marco de referencia e guía de traballo para os profesores dese centro.

RESPOSTA A NIVEL DE AULA:

A realización da Programación da Aula, o cal supón un terceiro nivel de concrección curricular, tras o realizado primeiramente a nivel de Administración Educativa, ben se central ou rexional, e o realizado a nivel de centro educativo. Nesa programación de aula o profesor deberá de:

  • Concretar os obxectivos do ciclo.
  • Organizando e secuenciando os contidos do ciclo.
  • Determinando os principios metodolóxicos a utilizar cos alumnos.
  • Establecendo os criterios de avaliación a utilizar.

 RESPOSTA A NIVEL DE ALUMNO/A

Ademais destas respostas de carácter xeral que dan os profesores, tamén se dan unha serie de medidas que expresamos ordenadas nun continuo de gradación de menor a maior, e que son:

a)    O reforzo educativo, que é unha estratexia que se dá de modo puntual e esporádico a algún alumno no seu proceso de aprendizaxe.

b)   As adaptacións curriculares, consistente nun proceso de toma de decisións sobre os elementos curriculares, que busca respostas educativas ás necesidades educativas dos alumnos.

c)    A diversificación curricular, que consiste nunha adaptación curricular extrema para alumnos con déficits graves e permanentes, que están destinadas a alumnos que presentan dificultades de aprendizaxe xeneralizadas, que afectan á maioría da áreas do currículo básico.

d)   Os Programas de Cualificación Profesional Inicial, recollidos en GÁBEA e que están dirixidos a aqueles alumnos que abandonasen as etapa de Educación Secundaria Obrigatoria sen alcanzar os obxectivos correspondentes.

e)    A optatividad, que é concibida como un mecanismo de reforzo con aqueles alumnos que presentan dificultades de aprendizaxe en relación con capacidades que se consideran básicas.

 

Considero interesante centrarme un pouco no que é o reforzo educativo e a adaptación curricular e sinalar as súas diferenzas:

REFORZO EDUCATIVO ADAPTACIÓNS CURRICULARES
Medida ordinaria de atención a diversidade Medida extraordinaria de atención á diversidade
Afecta ós elementos no prescriptivos do currículo Afecta aos elementos prescriptivos do curriculo
Non precisan de autorización Precisa de autorización por parte da Inspección Educativa
Dirixido ao alumnado que con estas medidas poidan seguir o proceso ordinario de aprendizaxe. Dirixidas ó alumnado que non pode seguir o ritmo ordinario do proceso de ensinanza - aprendizaxe.
Elaboradas polo mentre que imparta o área de coñecemento O diseño q responsabilidade do mestre que imparta o área, pero en colaboración con outrso profesionais.
Coa colaboración, se é o caso doutros profesionais Coa colaboración do equipo de ciclo, do DO e con outros apoios pertinentes
Necesita o coñecemento do titor Necesita coñecemento do titor, ás familias e a Inspección Educativa
Lévase a cabo no contexto escolar ordinario Lévase a cabo na medida do posible, nas accións educativas ordinarias co grupo de referencia
Refléxanse no expediente académico como reforzo educativo Refléxanse no expediente académico e no historial académico
Ten a duración que o docente estime oportuno Duración mínima: un ciclo educativo, excepto no segundo ciclo da ESO que poderá ser dun curso.

 

Atención a diversidade.pdf

O documento de arriba amosa as pautas para levar a cabo unha adaptación curricular.

A continuación tamén inclúo alguns exemplos de adaptacións curriculares:

http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/apdorta/orientad/aci.htm

http://es.scribd.com/doc/41340203/Ejemplo-de-Adaptacion-Curricular-Alumnado-Altas-Capacidades

 http://es.scribd.com/doc/50215469/ACI-E-I

Se nos situamos no marco lexilativo, a LOE (Ley Orgánica 2/2006, do 3 de maio de Educación), no seu Título II, fala da equidade da educación definindo ós alumnos con algún tipo de dificultade como “alumnado con necesidade específica de apoio educativo” e sinalando como principios (entre outros) os seguintes:

  

«Las Administraciones educativas dispondrán los medios necesarios para que todo el alumnado alcance el máximo desarrollo personal, intelectual, social y emocional, así como los objetivos establecidos con carácter general en la presente Ley».

«Las Administraciones educativas establecerán los procedimientos y recursos precisos para identificar tempranamente las necesidades educativas específicas de los alumnos y alumnas con Necesidades Específicas de Apoyo Educativo.»

 No artigo 72 da mesma lei, sinálase o seguinte:

 

«Corresponde a las Administraciones educativas dotar a los centros de los recursos necesarios para atender adecuadamente a este alumnado.»

«Los centros contarán con la debida organización escolar y realizarán las adaptaciones y diversificaciones curriculares precisas para facilitar a todo el alumnado la consecución de los fines establecidos».

 

  A LOE diferencia os tipos de necesidade que pode presentar un alumno en:

 1.   Alumnos con necesidades educativas especias: serían aqueles que requiren, por un período da súa escolarización ou o longo de toda ela, determinados apoios e atención educativas específicas derivadas de discapacidades ou trastornos graves de conduta.

2.  Alumnos con altas capacidades intelectuais.

3.  Alumnos con integración tardía no sistema educativo español: correspóndense con aqueles alumnos que por proceder doutros países ou por calquer outro motivo incorpóranse de xeito tardío o sistema educativo español. Dita incorporación garantirase na idade de escolarización obrigatoria.

Asimesmo, no capítulo II da LOE, da compensación das desigualdades en educación, sinala:

 

«Corresponde a las Administraciones educativas asegurar una actuación preventiva y compensatoria garantizando las condiciones más favorables para la escolarización durante la etapa infantil, de todos los niños cuyas condiciones personales supongan una desigualdad inicial para acceder a la educación básica y para progresar en los niveles posteriores».

  

Para rematar este apartado creo interesante facer mención o Plan de Programas de Refuerzo, Orientación e Apoio (PROA) que é un proxecto de cooperación territorial entre o Ministerio de Educación e as Comunidades autónomas onde o que se pretende é dar solución as necesidades que proveñen do entorno sociocultural.

Os programas que se ofertan os centros son: Programa de acompañamento escolar, tanto na primaria como na secundaria e programa de apoio e reforzo na educación secundaria.

O Programa de acompañamento escolar en Primaria o que pretende é mellorar no último ciclo de primario (5º e 6º) as perspectivas escolares.

Dito programa diríxese a todo o alumnado (de dito ciclo) que presente dificultades e problemas de aprendizaxe como poden ser o retraso no proceso de maduración, pobre integración na aula e centro, ausencia de hábitos de estudo e retraso no proceso de aprendizaxe das areas instrumentais básicas, procurando apoio e reforzo organizativo en horario extraescolar.

O acompañamento pode ser realizado por monitores acompañantes que son tamén estudantes e no caso de non ser posible levarano a cabo varios profesores do propio centro.

No caso do programa de acompañamento escolar en Educación Secundaria, o funcionamento e o mesmo co de primaria, so que neste caso está dirixido ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO.

E xa por último o programa de apoio e reforzo na educación secundaria basease non principios de calidade e equidade. Está dirixido a centros educativos de Educación Secundaria que teñan unha proporción significativas de alumnos en desventaxa educativa, e que esta este asociada o seu entorno.

Os centros intervirán nun triple ámbito: alumno, familias e entorno mediante distintas liñas de actuación.

 

 

 Miriam Blanco Rodríguez

Asesoramento curricular a centros e profesores