AUTOAVALIACIÓN Y CONCLUSIÓNS

AUTOAVALIACIÓN Y CONCLUSIÓNS

Última actualización de en Paula Calo Fernández

Coma ben puidemos comprobar, a materia de Formación e desenvolvemento profesional do profesorado, constitúe un elemento importante na nosa formación coma futuros pedagogos, xa que na realidade estanse producindo grandes cambios en diferentes ámbitos da sociedade que afectan ao profesorado, e que provocan a necesidade de remplantexar a formación profesional dos profesores. Este é un tema moi complexo, xa que, se esta non é a adecuada, a labor do profesor non será levada acabo axeitadamente, ademais de que atinxe a un desenvolvemento pedagóxico, renovación de coñecementos, desenvolvemento de novas estratexias, técnicas, habilidades, etc. , que se deben de ter moi en conta na formación continua do profesorado, que lle permitirá desenvolver a súa labor de maneira eficaz.

 

Un profesor é un guía do proceso de ensinanza – aprendizaxe, que axuda no desenvolvemento integral das persoas, a vez que atende os problemas e necesidades que xurdan. O longo deste cuatrimestre tivemos ocasión de reflexionar sobre diversos temas de gran índole na formación do profesorado e adquirir coñecementos que nos permiten ver as diferentes cuestións que existen sobre este tema, así como de traballar paralelamente coa rede social Stellae.

 

Os contidos traballados na aula, parécenme fundamentais para a nosa formación, xa que resulta importante coñecer a traxectoria da Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado ao longo dos anos, porque nos permite ver diferentes cambios que se deron na sociedade e como influíron na formación do profesorado .

 

As diferentes sesións, tanto expositivas e interactivas, eran aproveitadas ao máximo, xa que eramos axentes activos en todo momento. Mentres se nos explicaban os temas a tratar, acompañadas de diapositivas que constituían un apoio no proceso de ensinanza- aprendizaxe, nos debiamos estar atentos para coller apuntamentos, adquirindo a vez coñecementos, habilidades, actitudes …que logo deberiamos reflexar na rede social Stellae.

A mestra sempre estaba motivándonos, facéndonos preguntas e contándonos certos cousas relacionadas co tema a tratar nese momento. Numerosas veces daba a oportunidade de que fixeramos preguntas sobre algunha dúbida ou outra cousa referida o tema, as que a mestra estaba disposta a responder, a vez que se podía debater entre todos, o que nos facilitaba a adquisición e aclaración dos coñecementos.

Nas sesións expositivas, traballabamos en grupos, rara vez o fixemos individualmente, permitíndonos adquirir habilidades sociais, facilitando a adquisición de coñecementos e  adoptar diferentes puntos de vista. Ademais do material que a mestre nos proporcionaba na aula, tiñamos a oportunidade de poder traballar con artigos, libros,etc. que podiamos elixir para traballar sobre eles e subir ao blog. Isto paréceme unha vantaxe para nos xa que podiamos traballar sobre temas que nos interesaran, o que resulta un factor motivador pola materia e constitúe unha experiencia persoal enriquecedora.

 

Nunca tivera ocasión de traballar parte dunha materia nunha rede social, labor que non me resultou complicada, pero que requiría dedicarlle bastante tempo e constancia.

Pareceume una experiencia agradable e satisfactoria, pero que a constancia que require a súa confección, é bastante complexa, xa que tiñamos que interatuar cos demais facendo comentarios, abrindo cuestión, subir entradas sobre temas de interese, así como traballos que nos mandaran a profesora, constituíndo unha metodoloxía moi activa. A rede tamén che permite ver o traballo que fixeron os demais compañeiros e deste modo ver outros puntos de vista, descubrindo así novas cousas, a vez que che axuda na  comprensión e comunicación cos demais.

Todo traballo levado acabo tanto na aula coma fora da facultade, permitiume darme conta de certas aspectos sobre a formación do profesorado dos que antes descoñecía e que agora suscítame interese por seguir coñecendo sobre esta cuestión que atiña a todo a sociedade. A metodoloxía empregada nesta materia fomenta o desenvolvemento do traballo autónomo e facilita o proceso de aprendizaxe, o que che permite pensar sobre a túa propia autoavaliacion, vendo o que necesitas saber e así mellorar na túa formación. Traballar na rede ensinoume a desenvolverme con maior facilidade en internet, no ordenador, adquirindo así novas habilidades, estratexias e coñecementos que podo empregar para outras materias.