1. INTRODUCIÓN

image

Adentrandome no meu e-portfolio de Formación e desenvolvemento profesional do profesorado, podo empezar dicindo que en dita materia fomos adquirindo novos aprendizaxes sobre un dos temas actuais e ao mesmo tempo de gran índole para min, o cal é a formación do profesorado, aspectos como as modalidades do profesorado, a identidade docente (un dos aspectos clave), as novas tecnoloxías como un eixo central no mundo da formación e na sociedade na cal vivimos, a realidade da profesión docente, estas todas temáticas son importantes para todos os profesionais da educación, pero máis concretamente para unha futura pedagoga ou mesmamente xa unha mestra como no meu caso.

Neste caso non seguimos unha metodoloxía básica como todas as que vivimos ata agora, senón que nesta, nos mesmos eramos os partícipes e os construtores da propia aprendizaxe e dos propios contidos que íamos recopilando de maneira dixital para subilos a rede, Stellae. Así mesmo, de maneira cooperativa retroalimentábamonos uns dos outros, grazas a poder ver na rede diferentes post, comentarios, tweets dos nosos compañeiros/as, o cal fixo que fose un aprendizaxe construtivo, activo e ao mesmo tempo cooperativo e  individualizado, xa que cada un deberíamos de buscar información, investigar, traballar para poder achegar aportacións coherentes e ao mesmo tempo facer que todos participásemos nas aprendizaxes do resto de compañeiros.

No meu e-portfolio intentarei recopilar todas as miñas entradas arredor dun fío condutor ou mesmamente dunha metáfora: o crecemento dunha árbore. Escollín esta metáfora xa que penso que todos dende pequenos no colexio estudamos o crecemento dunha árbore coas súas tres partes fundamentais:raíz, tronco e copa, polo cal pensei, ¿o crecemento dunha árbore aseméllase ao crecemento e desenvolvemento da formación do profesorado?.

A esta cuestión darei resposta no meu e-portfolio, xa que o crecemento dunha árbore logra dar uns froitos,ao mesmo tempo que a construción dunha formación adecuada e pertinente logra dar uns bos mestres para chegar a uns froitos (un bo e preparado alumnado).

Para isto, pasarase por diferentes acontecementos para chegar ao conxunto dunha árbore sólida e estable, acontecerán diferentes altos e baixos (aspectos positivos e negativos) como en toda construción ou crecemento, uns, fortalecerán o desenvolvemento e outros, farán que se retrase e sexa máis duro o crecemento.