5. AUTOAVALIACIÓN

5. AUTOAVALIACIÓN

Última actualización de en Carla Deira Noya

Neste apartado do meu e-portfolio farei referencia a unha avaliación persoal, a cal é un aspecto moi subxectivo pero moi importante que cada quen se debe facer así mesmo, xa que comprobas, replantexas e recopilas todo o que foxes facendo dentro desta materia. A continuación, expoño as valoracións da auto-rúbrica, que comprenden dende 1-5, o cal este último é a máxima puntuación:

 

1

2

3

4

5

Nivel de análise do proceso de aprendizaxe 

 

 

 

 

x

Continuidade no seu desenvolvemento 

 

 

 

 

X

Análise das mostras que se presentan 

 

 

 

 

x

A rede como espazo de colaboración 

 

 

 

 

 x

Variedade e diversidade dos elementos documentais presentados e a súa coherencia coa proposta 

 

 

 

 x

 

Estrutura do portafolio. Existencia dun fío condutor que lle dea coherencia 

 

 

 

 

x

 En canto ao nivel de análise do proceso de aprendizaxe e a continuidade no seu desenvolvemento, penso que fun avanzando paulatinamente, xa que ao non coñecer a rede Stellae ao principio atópabame un pouco “pérdida” e non sabía como sacar a máxima potencialidade ao coñecemento e plasmalo na rede, pero pouco a pouco fun mellorando ata acadar un bo nivel de aprendizaxe e intentar proporcionar coñecementos sobre dita materia.

En canto ao análise das mostras que se presentan, co fin de ir realizando as miñas entradas consultei diversas fontes de información e contrastei co meu coñecemento e ao mesmo tempo tamén, me retroalimentei das aportacións dos compañeiros/as e da miña opinión e coñecementos persoais.

En canto ao apartado da rede como un espazo de colaboración, penso que durante as miñas entradas incitei a participación dos meus compañeiros e ao mesmo tempo fun contribuíndo con aportacións ou reflexións acerca das súas, ao mesmo tempo que plasmei diferentes tweets que me pareceron relevantes publicar e amosarllos aos compañeiros/as a través da rede.

Neste penúltimo apartado da rúbrica, “variedade e diversidade dos elementos documentais presentados e a súa coherencia coa proposta”, puxen de valoración un 4, xa que penso que puden emplear máis variedade como, por exemplo, vídeos, cancións, poemas, infografías como fixeron moitos dos meus compañeiros.

Finalmente, facendo referencia á estrutura do portafolio e a existencia dun fío conductor que lle dea coherencia, penso que está organizado perfectamente e se adapta ese fío ao que quero transmitir nel, a miña andaina pola materia a través dunha metafóra con un carácter moi familiar para todos, co fin de poder expresarme coa máxima facilidade.

“Todos crecemos como unha árbore de coñecemento”