6. CONCLUSIÓNS

6. CONCLUSIÓNS

Última actualización de en Carla Deira Noya

Nesta materia todo comezou de novo, unha docente que non coñeciamos e ao mesmo tempo unha metodoloxía nova para min, nunca utilizara a Rede Stellae e adentreime nela con moito “temor” por no poder acadar uns bos resultados finais.Dende un primeiro momento, doume “medo” o traballar na rede en vez de no papel que é o que estamos acostumados, pero tamén podo dicir que entusiasmeime por coñecer o que escondía esta rede, unha metodoloxía diferente, activa, máis entretida, de construción de aprendizaxe, é dicir, unha metodoloxía que me gustou durante toda a traxectoria por ela. Pareceume relevante poder coa axuda non só da mestra, senón de nós mesmos e os meus compañeiros poder ir aprendendo acerca da formación do profesorado, como ben debemos ter en conta os profesionais temos que formarnos continuamente ao longo de toda vida “lifelonglearning” e,…¿qué mellor maneira de formarse se pode dar no século XXI que a través das novas tecnoloxías como é a rede?

Ao mesmo tempo, gustaríame poder aportado máis entradas ou post, pero tamén hai que ter en conta que este cuadrimestre é moi escaso e con moito traballo, polo cal paréceme que aínda así cheguei a acadar uns bos resultados.

Concluíndo, a materia gustoume ao completo, tanto os contidos tratados de maneira dinámica podendo participar e dar as nosas opinións, como as tarefas realizadas(técnica “acuario”, diversas prácticas,etc.) como a colaboración na rede coa construción do aprendizaxe sempre tendo como eixe central a todo isto a formación do profesorado.