3. Primeiras voltas á pista: Aspectos característicos e situacións propias no profesorado

Sin títulPunto 3.jpg

O terceiro bloque denominado como “Primeiras voltas á pista: Aspectos característicos e situacións propias no profesorado” foi onde tivo lugar a miña sumerxión nos contidos propios da materia en relación ó desenvolvemento profesional do profesorado. Neste bloque recóllense entradas nas que se intenta reflectir aspectos relacionados á figura do profesorado como poden ser os seus deberes e dereitos dentro do ámbito educativo, unha comparativa da valoración que a súa figura ten dentro do sistema, funcións que desempeña, autoridade da que dispón, imaxe crítica ou recoñecemento do que gozan, as súas limitacións, as expectativas sobre o seu futuro…

Gustaríame destacar que co tratamento destas cuestións,  as cales son reflectidas nas correspondentes entradas tentouse combinar os contidos da materia, comparándoos con outras fontes, coas miñas propias impresións e opinións ó respecto. Polo tanto, tratase dun bloque no que se reflexa a miña indagación, investigación e creación propia e autónoma de aprendizaxe, partindo dos coñecementos adquiridos e traballados directamente nas sesións expositivas e interactivas, así como aqueles que xurdiron de forma indirecta.

As entradas escollidas son:

Código Deontolóxico dos Docentes

O retorno dos profesores

A identidade profesional docente: "A elección de ser docente"

Tratamento do profesorado na LOMCE

Día Mundial dos Docentes