6. Meta: Reflexión

6. Meta: Reflexión

Última actualización de en Adriana Mayán

Punto 6.jpg

Chegada á meta é preciso reflexionar acerca desta “Carreira de F1 pola Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado”.

Primeiramente quero sinceramente en canto ás miñas impresións na Parrilla de Saída. Debo dicir que escollín a materia de “Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado” porque me apaixona o ámbito escolar e teño unha gran interese en canto á figura do profesorado e non só dende unha perspectiva pedagóxica senón tamén porque o vindeiro ano estudarei Maxisterio Infantil, gustaríame ser mestre polo que a temática desta materia se adaptaba os meus intereses formativos. Por outra banda, a metodoloxía de ensino-aprendizaxe que se seguiu con esta materia a través da Rede Social Stellae fixo que desenvolverá en min sentimentos de preocupación e inquedanza. Isto debeuse a que non estamos acostumados a seguir este tipo de metodoloxía de traballo autónomo, individualizado, colaborativo e constante. A pesar de realizalo o ano pasado coa materia de “Tecnoloxía Educativa”, onde a experiencia resultou ser grata, creo que nos falta confianza en nos mesmos para afrontar estes procesos de aprendizaxe que resultan tan proveitosos e nos que non estamos limitados a aprender, decidindo o que, para que, como e cando facelo.

En canto, os tramos de carreira das Primeiras voltas á pista, Parada en boxes e Curvas perigosas quero dicir que foron os momentos máis significativos en relación o meu proceso de aprendizaxe en devandita materia, é dicir, os que viven con máis intensidade. Nestes tramos intentei construír o meu aprendizaxe en base ós coñecementos adquiridos nas sesións de clase, integrando os meus intereses, inquedanzas e reflexións persoais que ían xurdindo no tratamento dos mesmos. Aprendizaxe que puiden compartir cos meus compañeiros na Rede Social Stellae e que grazas os seus comentarios e opinións puiden seguir completando. Tamén quero salientar que o feito de poder acceder ás aportacións realizadas polos meus compañeiros, permitiume adquirir un maior número de coñecementos, enriquecendo aínda máis en profundidae o meu proceso de aprendizaxe.

Polo tanto, aínda que nun principio mostrei certo rexeitamento a seguir este tipo de metodoloxía creo que chegados a este punto debo dicir que foi fascinante e produtiva debido a que se produce un feed-back moi interesante que nos permite retroalimentarnos continuamente, interaccionar, colaborar, traballar autonomamente e colectivamente ó mesmo tempo, indagar e investigar sen límites.

Sen embargo, este tipo de metodoloxía tamén ten as súas limitacións, require de moita dedicación e implicación que a veces non é posible realizar. Digo isto porque dende a miña humilde opinión creo que este cuatrimestre resultou ser moi agobiante en canto á realización de multitude traballos por parte doutras materiais. Aspecto o cal condicionou que en ocasións non puidera dedicarlle máis tempo a esta materia como me houbera gustado, é dicir, afondar noutras cuestións e na lectura das entradas dos meus compañeiros ó non dispoñer de tempo, véndome limitada neste aspecto.

A pesar de todo, creo que tiven unha aptitude positiva en canto á  materia de “Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado” na cal participei de forma activa, implicándome tanto nas sesións expositivas, interactivas e na propia Rede Social Stellae.

Nos inicios da materia aportei a seguinte frase: “O pasado mércores iniciei as clases da materia Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado. Materia que elixín persoalmente para cursar neste cuarto curso do Grao en Pedagoxía,  xa que o seu nome experimentou en min unha curiosidade que espero descubrir ó longo do cuatrimestre, é dicir, en  todo aquilo que repercute ó profesorado”.

Chegados a meta desta “Carreira de F1 pola Formación e Desenvolvemento do Profesorado” quero dicir que as miñas expectativas se viron satisfeitas completamente non só polo meu traballo senón tamén grazas a profesora e os meus compañeiros quenes axudaron a enriquecerme educativamente en todo momento. Creo que se tratou dunha experiencia espectacular e fascinante para a miña formación como futura pedagoga e mestra, concienciándome acerca da importancia da formación continua e permanente, das necesidades do profesorado e dos cambios que deberían realizarse nos sistemas educativos para superar ditas cuestións que tanto comprometen e repercuten na calidade da educación en xeral.

En definitiva, hoxe cheguei a meta desta materia, que resultou ser unha carreira apaixoante, entretida e satisfactoria aínda que considero que queda moito por facer e mellorar, é dicir, non me retirarei da pista de asfalto a pesar das adversidades que se presenten, volvería a correr unha “Carreira de F1 pola Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado” sen dubidalo nun segundo, cada unha das súas rectas, curvas...

CONTINUARÁ…