5. DESENLACE: Conclusións e autoavaliación

image

Toda película ten o seu final, a vez que ten unha promoción, quizais agora sexa o momento de resumir (botando unha ollada o traballo elaborado, e reelaborado) a nosa película.

Como xa se anticipou na introducción, nos como directores contamos con moitas ideas, algunas das cales tiveron cabida na película e outras quedaron pendentes. A nosa película contou coa aportación de materiais os cales nos axudaron  a coñecer o protagonista, asi como os actores secundarios e os escenarios nos que se move o mesmo.

O guión estaba dado, eu só tiña que encargarme de darlle a forma adecuada co fin de obter unha boa crítica, o principio (como todos) ante unha situación nova dámonos conta do medo que nos da sair da nosa rutina, pero isto non supoñia mais que un novo reto, tiñamos todo o que precisábamos agora so tiñamos que unir cabos e entreter o espectador.

Pero cando tes moitas ideas as veces o complicado e ordealas, eu tiña o guión perfecto pero por onde debía comezar?, dende as clases dábasenos pautas pero eu cando lía o meu guión seguíame sentindo perdida, dentro da miña película tiña cabida todo aquello que eu considerase pertinente e iso quizais aínda mo complicaba mais.

Durante días o único que pasaba pola miña mente era: ¿Cómo podo comezar?, foi duro o inicio do mesmo, quizais tiña sensación de bloqueo e moitas veces crin que sería incapaz de sacalo adiante, pareciame todo tan confuso….pero a día de hoxe e aínda que no meu corpo e na miña mente sigue habendo temores síntome satisfeita co meu traballo, creo que construín algo que nos achega o asesoramento e creo que as miñas inseguridades son resultado de non saber que facer cando non teño un guía directo, cando non  temos todas as cartas sobre a mesa.

Durante este tempo tivemos a posibilidades non só de contruir e descubrir o noso propio coñecemento senon que tamén de deixar voar a nosa creatividade, cada portafolio, aínda que os ingredientes son os mesmos, son distintos, cada un de nos deixou unha pegada da súa personalidade e unha pegada do seu coñecemento na elaboración do mesmo. Se ben é certo que logo da tormenta chega a calma, unha vez que das o paso de comezar todo parece moito mais sinxelo.

Fixen un “proxecto” de película pero este non convenceu ao público polo que remodeleino, inclúin pezas e pulín algunha que poidese non estar o suficientemente clara, e eu estou satisfeita co resultado, creo que mellorou no so en calidade senon que eu a nivel persoal enfroiteime a un dos meus temores as novas tecnoloxías.

Ademais deixo claro que esto non e o fin, unha película ten moitas partes e moitas interpretacións e esta en concreto ten infinitas.

Ao longo destes días modifiquei e remodifiquei o traballo feito, o traballo feito días anteriores e incluso dunha hora a outra o traballo de toda unha maña, recoñezo que son das que sempre o reler ou revisar un traballo cambia algo.

Remato dicindo que espero que o traballo presentado sexa de agrado pero como toda boa película terá a súa crítica que neste caso espero que sexa favorable.

Miriam Blanco Rodríguez

Asesoramento curricular a centros e profesores