Lucía Reges Fernández

leda, risueña, divertida, forte mentalmente, comprensiva, empática, impulsiva, tímidísima, asesora...

1. INTRODUCIÓN.

1. INTRODUCIÓN.

Última actualización de en Lucía Reges Fernández

coñecementos sobre asesoramento anteriores a esta materia

Recordando materias anteriores, puiden recuperar algúns coñecementos sobre asesoramento, sobre todo da  materia de Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxía.

Os meus coñecementos sobre asesoramento adquiridos durante a miña historia académica son moi poucos e estes que posúo son moi básicos. Durante a miña etapa en maxisterio non tiven ningunha materia relacionada con asesoramento ou orientación. Algo que me parece incomprensible, xa que como mestra de educación primaria, en un futuro serei titora dos meus alumnos. Na miña etapa estudando psicopedagoxía, non posúo coñecementos claros sobre asesoramento, podo recordar a materia de “Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica.

Nesta materia falamos de asesoramento, xa que falamos de Equipos de asesoramento nunha escola, que busca mellorar a calidade da educación para lograr un desenvolvemento pleno do alumnado para que poidan ser cidadáns con iniciativa propia e libres nas súas decisións.

Os servizos de asesoramento específicos como servizos de apoio, tamén fan referencia ao asesoramento. Miles e Ekholm (1985) entende os termos de asesoramento e apoio como “un esforzo sistemático e constante orientado ao cambio nas condicións internas nunha ou máis escolas co fin de acadar máis eficazmente as metas educativas”.

O plantexamento curricular da educación abre dúas grandes liñas de actuación do orientador. A primeira, como apoio e colaboración ao profesorado na elaboración dos proxectos de centro e das programacións de aula. A segunda refírese ao asesoramento da resposta que debe dar o profesorado fronte ás necesidades do alumnado (adaptacións, estratexias de individualización).

Con relación ao asesoramento Alfonso García Tobio e Juan Carlos Pardo Pérez cren que para apoiar os profesores debe desenvolverse esa nova cultura escolar con plans de actuación que respondan a un modelo de asesoramento de colaboración que permite que distintos profesionais aporten os seus coñecementos para xerar solucións creativas.

 

Isabel Solé concibe o asesoramento como a axuda que se presta a un profesor, ou a un colectivo, para poder operar un cambio na representación que se ten dunha situación. O asesoramento cumpre a súa función cando a súa presenza e acción van permitir o logro de metas que ata ese momento se presentaban como inalcanzables. Pero tamén se considera que só cumpre a súa función cando unha vez que a axuda asesora é retirada, os asesorados puideron incorporar total ou parcialmente o que esta supoñía logrando aumentar a súa competencia e autonomía.

 

O asesoramento psicopedagóxico preséntase como un medio ao servizo da individualización da ensinanza, adaptándoa ás características e peculiaridades do alumno. Realízase na institución educativa, concibindo ao centro educativo como obxecto de intervención xa que o asesoramento psicopedagóxico axudará ao centro a cumprir coas funcións que socialmente ten encomendadas.

Como hai diferentes maneiras de entender as funcións das que a educación se debe facer cargo e de instrumentar os medios que permiten logralas, tamén haberá diferentes prácticas asesoras que axuden a lograr alcanzalas. Por outra banda, non hai un único modo de asesorar dende a perspectiva psicopedagóxica xa que existen formas de entender o asesoramento que son máis útiles que outras para a institución educativa. Existen diferentes enfoques e estratexias a partir das cales se pode realizar o asesoramento. Estes enfoques defínense en función de polo menos, tres dimensións: a concepción epistemolóxica, o ámbito de intervención e a relación laboral e profesional.

 

Enfoque directivo: Traballa sobre os profesionais e pretende diagnosticar e definir os seus problemas e necesidades, establecer o que é significativo, relevante e ofrecer metas e criterios de acción sobre a práctica. Este enfoque leva asociado estratexias de axuda directiva, actúa sobre as problemáticas xa existentes, establece unha comunicación unidireccional e non hai compromiso afectivo, nin compoñente ético por parte do asesor.

 

Enfoque colaborativo: Este traballa cos centros e os profesores, axuda a que analicen e adquiran comprensión dos seus problemas e necesidades, que adopten e seleccionen solucións relevantes e significativas para eles e que tomen decisións e poñan en práctica plans de acción adaptados ás peculiaridades do centro.

 

Enfoque educacional: implica tomar en consideración as características específicas do contexto de intervención. Para responder aos problemas que debe abordar precisa dunha concreción, é dicir unha toma de postura que permita identificalos e buscar para eles vías de solución.

debemos atribuír ao asesoramento psicopedagóxico un carácter preventivo, xa que debe velar para que as interaccións necesarias para que se produza o aprendizaxe se dean en condicións óptimas que o faciliten. Todo isto, lévanos a centrar tamén a atención na mellora das competencias das persoas que teñen aos alumnos ao seu cargo.

Para rematar, recordo a Consuelo Velaz Medrano que diferencia dúas modalidades de asesoramento dentro da educación formal dende a prespectica socio comuniaria, estas súas modalidades son: asesoramento comprometido e o asesoramento comunitario.

O asesoramento comprometido: o seu obxectivo principal é a emancipación das persoas ou grupos, facendo visible o gran poder que exerce a cultura dominante a cal oculta ou silencia problemas, necesidades, etc. Para lograr o consecución deste obxectivo, o asesor deberá traballar con esas persoas ou grupos, non simplemente sobre elas.

O asesoramento comunitario: Dentro de este tipo de asesoramento existe un concepto clave que o caracteriza: o empoderamento que consiste en aumentar a capacidade de poder da comunidade e dos seus membros logrando que eles mesmos sexan capaces de dirixir as súas vidas. Ademais dende esta modalidade preténdese recuperar e restablecer o sentido de comunidade que está en perigo na actualidade debido á gran sociedade individualista na que nos atopamos inmersos e que provoca desintegración social, degradación do sentido de comunidade, pérdida de vínculos e sentimentos de pertenza social,... Outros conceptos importantes son comunidade, desenvolvemento humano e desenvolvemento comunitario.