Lucía Reges Fernández

leda, risueña, divertida, forte mentalmente, comprensiva, empática, impulsiva, tímidísima, asesora...

2.1. ASESORAMENTO E ORIENTACIÓN.

2.1. ASESORAMENTO E ORIENTACIÓN.

Última actualización de en Lucía Reges Fernández

asesoramento VS orientación

Asesoramento e orientación son prácticas q serven para axudar e apoiar, tanto no ámbito educativo, como profesional, incluso se pode asesorar sobre finanzas, inmobles, en relación familiares, etc.

 

Ao comezo, sabía que había unha diferenza entre asesoramento e orientación, pero non tiña clara cal era. Agora creo que a diferenza  é que o asesoramento é unha práctica indireca na que os participantes posúen o mesmo estatus profesional, e a orientación é unha práctica directa e que se da lugar entre persoas con diferente estatus.

A orientación é asimétrica e bidireccional.

 

Esta diferenza, para min non esta de todo clara, porque como xa comentamos na aula, o asesor sempre estará por encima do asesorado, con máis coñecementos, por iso realiza a función de asesorar a alguén, que por non saber, necesita asesoramento.

 

A definición de función do asesoramento de Fernández (1997) proporcionada pola mestra Lourdes é: “operación de diagnóstico, identificación de falencias en comparación con un modelo e indicación e indicación de proxectos de acción”.

 

Para Aubrey (1990:3 adaptado) asesorar é:

-          Ofrecer un punto de vista informado.

-          Axudar a mellorar destrezas de resolución de problemas.

-          Axudar a incrementar a liberdade de elección de acción do profesorado.

-          Apoiar ao asesorado nas eleccións feitas.

-          Incrementar a conciencia do asesorado acerca dos recursos válidos para tratar cos problemas persistentes.

 

O asesoramento, como vimos en clase, ten doble sentido: un sentido amplio (calquera persoa que coñece algo e, en función dese coñecemento presta un apoio determinado (informar, dar consello), e restrinxido (un profesional específicamente formado para ofrecer apoio en un campo determinado (alguen que ten un coñecemento experto).

Nós, como psicopedagogos, estaríamos enmarcados no segundo sentido. E de aquí nace unha cuestión: Que coñecementos debe de ter un asesor?

 

Relación entre asesoramento e orientación.

O asesoramento é unha das funcións da orientación e que ambas comparten unha mesma meta: a axuda e o apoio ó sistema edcativo. O único "punto de inflexión" entre ambos termos, en palabras de Monereo e Pozo, está no concepto de simetría/ asimetría. Con isto refírense a que a orientación estaría ligada coa asimetría ,posto que o orientador realiza  unha intervención máis directa  co alumno, mentres que o asesoramento se relacionaría co concepto de simentría ó traballar con profesionais ( profesores, titores...) para mellorar a súa labor educativa e que isto interfira no seu traballo cos alumnos.  

Debemos partir, polo tanto, da idea da orientación atravesada polo asesoramento para desenvolver a nosa labor profesional posto que as dúas prácticas son complementarias entre sí e unha sen a outra non tería ningún sentido.