Lucía Reges Fernández

leda, risueña, divertida, forte mentalmente, comprensiva, empática, impulsiva, tímidísima, asesora...

2.2. MODELOS ACTUACIÓN DO ASESOR.

2.2. MODELOS ACTUACIÓN DO ASESOR.

Última actualización de en Lucía Reges Fernández

MODELOS DE ASESORAMENTO EDUCACIONAL-CONSTRUCTIVO

MODELOS DE ASESORAMENTO EDUCACIONAL-CONSTRUCTIVO

 

O constructivismo como concepción epistemolóxica que inspira unha forma de exercer o asesoramento psicopedagóxico asume:

  • O desenvolvemento humano supón un proceso permanente de culturización.
  • A interacción entre os axentes mediadores (pais, familiares, amigos, educadores...) e o aprendiz prodúcese sempre nun contexto social.
  • Os axentes educativos e o profesor, como mediadores especializados, deben guiar ó aprendiz desde os seus coñecementos previos a niveis progresivamente máis elevados de abstracción e autonomía.
  • A maior parte das dificultades de aprendizaxe e de retrasos no desenvolvemento que presentan algúns alumnos poden explicarse pola inexistencia ou baixa calidade da interacción social recibida.

Considerar as relacións entre o desenvolvemento e a aprendizaxe como fenómenos dependentes dos procesos de construcción, culturización, contextualización, mediación e adquisición de autonomía conleva un cambio radical nas prácticas educativas, nas orientacións didácticas, nos estilos docentes e esixe unha profunda revisión das funcións do asesor psicopedagóxico e o tipo de relacións profesionais que deberá impulsar no seu traballo.

O enfoque construtivista ten carácter preventivo. Isto  explica o progresivo interés do asesoramento de orientación constructivista por participar, de maneira directa e activa na confección, seguemento e avaliación dos distintos documentos do centro: PE, PAT,etc. Esta mesma vocación tamén xustifica o énfase na optimización das vías de comunicación e coordinación entre todos os axentes educativos que compoñen a comunidade escolar.

A misión do asesor dende esta postura, será a de conseguir que o centro educativo desenvolva ó máximo as súas potencialidades, de ahí o paralelismo que pode establecerse entre o concepto de zona de desenvolvemento potencial o que sería unha zona de desenvolvemento institucional, entendida como a distancia teórica existente entre os avances que pode realizar unha institución educativa son axuda ou coa axuda dun asesoramento efizaz. Esta analoxía outórgalle ó asesoramento unha función de colaboración na construcción de andamios ou de guías para que o centro consiga estadios superiores de funcionamento institucional, que define con nitidez o punto de vista constructivista.

Existe unha interdependencia entre os elementos de todo o sistema, isto fai que en caso de crise ou conflito o sistema sexa capaz de reequilibrarse e autoxerar cambios nas relacións entre os seus elementos para evitar a perturbación. Por outra parte, o propio sistema-escola mantén relacións de interdependencia con outros sistemas de natureza educativa, social, laboral... o que obriga ó asesor a colaborar con profesionais de outros sistemas,

De novo o asesor deixa de ser o técnico que dictamina e prescribe a intervención e concentra a súa atención en tratar de construír un contexto de colaboración, onde compartir o significado e o sentido da intervención psicopedagóxica.

BIBLIOGRAFÍA:

Monereo, C e Solé, I ( 1996): El modelo de asesoramiento educacional-constructivo: dimensiones críticas. En Monereo e I. Solé ( Coords.), El asesoramiento psicopedagógico: una perspectiva profesional y constructivista. Madrid: Alianza Psicología.

 

MODELOS DE INTERVENCIÓN PSICOPEDAGÓXICA

MODELOS DE INTERVENCIÓN PSICOPEDAGÓXICA

Distintos autores presentan diferentes propostas de modelos de intervención psicopedagóxica, sen que resulte sinxelo establecer relacións entre eles. Así, é frecuente na literatura, referirse a : asesoramento, modelo educacional, modelo clínico, modelo de "couseling", modelo de consulta,etc.

Tendo en conta a variedade de propostas tan dispares entre sí é de entender que estes difiran na propia definición do termo "modelo". Nalgunhas este termo seméllase máis ben a plan ou guía para a acción e noutras parten dun concepto máis cercano á idea de teoría ou marco explicativo da realidade.

Dende a primeira postura, Álvarez e Bisquerra ( 1996), proponse unha clasifición dos modelos de intervención segundo que realicen unha intervención directa ou indirecta, dirixida a individuos particulares ou a grupos, ubicada na propia institución – interna- ou fora de ela -externa-, e atendendo á natureza da mesma intervención – reactiva Vs proactiva-.

Considerando estes eixos, os autores propoñen a seguinte clasificación de modelos de intervención:

EIXOS DE INTERVENCIÓN

MODELOS

Directa-indirecta

Individual-grupal

Interna-externa

Reactiva-proactiva

CLÍNICO

Directa

Individual

Preferentemente   externa, pero pode ser interna.

Reactiva

SERVIZOS

Preferentementedirecta,pero   pode ser indirecta.

Individual e   grupal

Preferentemente   externa, pero pode ser interna.

Reactiva

PROGRAMAS

Preferentemente   directa,pero pode ser indirecta

Preferentemente   grupal (tamén pode ser individual).

Preferentemente   interna, pero pode ser externa.

Preferentemente   proactiva ( pode ser reactiva).

CONSULTA

Indirecta

Preferentemente   grupal (tamén pode ser individual).

Preferentemente   interna, pero pode ser externa.

 

TECNOLÓXICO

Remota

Indiferente

Externa

Proactiva

PSICOPEDAGÓXICO

Indirecta

Grupal

Interna

Proactiva

 

BIBLIOGRAFÍA:

Solé, I. (1998): Los modelos de intervención. En I. Solé, Orientación educativa e intervención psicopedagógica. Barcelona: ICE-Horsori.