Lucía Reges Fernández

leda, risueña, divertida, forte mentalmente, comprensiva, empática, impulsiva, tímidísima, asesora...

2.4. ASESORAMENTO E CURRICULUM.

2.4. ASESORAMENTO E CURRICULUM.

Última actualización de en Lucía Reges Fernández

Práctica

Práctica.

Preguntas:

1)    Que actuacións poden ser concebidas como asesoramento curricular en un centro educativo?

Realización de adaptación curriculares, de proxectos educativos e outros documentos como departamentos didácticos ou outras programacións, de reforzó educativo de elementos non prescriptivos. O SEPIU asesora ao profesorado universitario e ao alumno sobre as dificultades e adaptacións do curriculum.

 

Agora que falamos de elementos non prescriptivos aclaro que son a metodoloxía e os recursos. Os elementos prescriptivos non os obxectivos, contidos e criterios de avaliación.

Outros documentos poden ser PAPEA (Plan de atención de procesos de enseñanza y aprendizaje), POAP (Plan de orientación académico profesional) e o PAT (Plan de acción titorial).

 

2)    Que saberes sobre o curriculum deberán poseer os asesores psicopedagóxicos?

Lexislación (LOE e decretos), dimensións do curriculum e como inflúen (oculto, nulo, explícito, ausente e implícito), fontes do curriculum, evolución do curriculum, elementos curriculares (que, como, cando ensinar e avaliar), estructura (competencias) e definicións de curriculum.

 

Referido á segunda pregunta fago un pequeño comentario:

O sentido e tamén os componentes que conforman o curriculum pode variar ao longo do tempo. Hoxe en día incluíronse as 12 competencias básicas despois das reflexións sobre curriculum en Europa e na OCDE.

O currículum non é só un documento ou o conxunto de varios documentos, senón, que como di Gimeno Sacristán, pode ser entendido como un conxunto de prácticas. Xa que el plantexaba a idea de un currículum como un proceso, o currículum o que facemos todos todos (concurrencia de prácticas).

As distintas reelaboracións de currículum (Gimeno, 1988):

-          O curriculum prescrito: deseño que procede das distintas administracións educativas. É o documento, aquello lexislado e polo tanto, abarca a toda a colectividade educativa).

-          O curriculum presentado aos profesores: o curriculum prescrito presentado por grandes editoriais para facer o seu uso máis sinxelo ao profesorado.

-          O curriculum moldeado polos profesores. Todos os profesores moldean o currículo, desta forma recuperase a autonomía curricular que ten o profesorado.

-          O curriculum na acción. É o curriculum que se leva a cabo na aula.

-          O curriculum avaliado.

Existen o currículo oficial (tamén denominado formal, manifestó, prescrito, explícito) que é publicado no BOE; nulo  (tamén denominado excluido ou ausente) cando hai cousas excluidas ou ausentes; oculto (tamén denominado implícito, latente ou non escrito).

O asesor debe de coñecer perfectamente o currículo. Pero con isto non chega, debe de coñecer en profundidade o currículo, xa que será unha figura que vai levar unha determinada acción sobre el, xa sexa de axuda ou apoio ou ao mesmo tempo como elemento de cambio e de que se leven a cabo algunhas propostas dando a dirección a seguir.

Cando falamos de actuacións concebidas como asesoramento nomeamos as Adaptación curricular  e o Reforzo Educativo, isto son medidas de atención á dicersidade, as cales poden ser preventivas (aquelas medidas que tomamos antes de que aparezan os problemas), ordinarias (tómanse cando alguén necesita un apoio ou un reforzó educativo), extraordinarias (cando as medidas anteriores non dan resultado decidimos que temos que pasar a outro nivel, dentro de estas están as adaptacións curriculares, asesoramento do departamento de orientación na elaboración de ACIs, programas de diversificación curricular).

3)    Como poden asesorar curricularmente quenes non son especialistas nun área disciplinar?

Algúen non especialesta pode asesorar nun área disciplinar, porque no asesoramento non ensinas, senón que traballas con alguén. Con este traballo podes chegar a ser especialista nunha área.