Lucía Reges Fernández

leda, risueña, divertida, forte mentalmente, comprensiva, empática, impulsiva, tímidísima, asesora...

2.5. MOTIVOS DA BAIXA CALIDADE DA EDUCACIÓN NA ACTUALIDADE.

RECOMENSAS INTRÍNSECAS E EXTRÍNSECAS.

Lucía Reges Fernández.

Con relación ao malestar docente e á insatisfacción profesional que están sufrindo a maioria dos profesores neste momento histórico chegamos a preguntarnos que é o que non impide que abandonen o seu posto de traballo.  Baixo o meu punto de vista, a resposta a esta cuestión recae na motivación e nas recompensas, tanto intrínsecas como extrínsecas.

As recompensas intrínsecas da ensinanza son, por exemplo:

-          Cando un alumno lle dá as grazas ao seu profesor polo traballo ben feito.

-          A alegría que supón o traballo cos alumnos.

-          A satisfacción persoal que supón ver como os teus alumnos aprenden e melloran tanto nos conceptos, procedementos e actitudes.

É dicir, as recompensas intrínsecas supoñen que o docente non abandone o seu posto de traballo porque a pesar de que existan cousas que lle causen disgusto, encontra outras que lle supoñen gratificación e satisfacción persoal. Por exemplo “Non abandono o meu posto de traballo porque me gusta ensinar”.

Por outra banda, as recompensas extrínsecas poden ser:

-          O salario mensual.

-          O período vacacional dos docentes.

-          Os fines de semana e días festivos libres.

-          A seguridade de ter un horario fixo, etc.

É dicir, neste caso, o docente non abandona o seu posto de traballo, porque a pesar de que estea en desacordo con algunhas condicións, vese fortalecido por todos, ou parte, dos argumentos recollidos anteriormente. Realiza o traballo por causas externas que o favorecen. Por exemplo “Non abandono o meu posto de traballo porque de esta forma teño dereito a un longo período vacacional”.

Cando o que move a un docente a realizar o seu traballo son as recompensas externas, se estas cambian para peor (menos salario, máis horas de traballo, etc.) prodúcese unha situación de insatisfacción laboral. Se as recompensas son internas, ainda que cambien as condicións, o docente seguirá tendo a mesma actitude e motivación co seu labor, porque o que busca e a súa satisfacción persoal co traballo ben feito.

O ámbito da ensinanza é moi elixido por as recompensas extrínsecas, xa que moitas persoas deciden dedicarse a isto, sobre todo, polo salario fixo cada mes e polo período vacacional, sen embargo e paradóxicamente, é un dos ámbitos de traballo que nunca se caracteríza por este tipo de recompensas, de ahí o refrán “Pasa máis fame ca un mestre de escola”, e cada vez menos polos recortes que se están a producir por mor da crise económica.

Adoitase dicir que a profesión docente tende ao victimismo, moitas persoas de outros ámbitos laborais din que os docentes quéixanse de vicio (imaxino que o din fixándose únicamente nas recompensas extrínsecas). Pero eu creo que non é así, xa que os recortes que se están a producir, causan falta de recursos  materiais, humanos e económicos que dificultan a labor docente, porque no mundo tecnolóxico no que vivimos e a falta de  motivación do alumnado, require de novas tecnoloxías, por exemplo para que a escola avance coa sociedade e non se quede na pizarra e a xiz e pase a usar, por exemplo as pizarras dixitais. Na actualidade requírese un cambio educacional que non se pode levar a cabo, sobre todo , por esta falta de recursos.

Con relación a isto, podemos mencionar a Hargreaves que traballou no cambio educacional, as culturas da ensinanza, xeografías emocionais do cambio educacional, efectos das reformas educativas na educación secundaria e o seu profesorado, relacións entre o desenvolvemento profesional plantea a sociedade do coñecemento plantea a educación e aos docentes, dado que, como el di “vivimos en un momento definitorio de la historia educativa en el que el mundo en el que enseñan los docentes está experimentando profundas transformaciones”.

 Hargreaves propón a importancia de dotar aos cidadáns de espírito crítico, facelos capaces de procesar e xerarquizar as información circulantes, xa que di que a información non é por si mesma coñecemento, se non é asimilada, entendida e utilizada. Por este motivo explica que non podemos permanecer ao marxe da sociedade, é máis, debemos de preparar ás novas xeracións para unha participación activa e para afrontar os perigos que poidan atopar na súa vida. Para el, isto esixe un novo tipo de profesionalismo, que non pode ser a autonomía profesional e individualismo, senín que se debe afrontar dende comunidades profesionales de aprendizaxe e redes virtuais e presenciais.

Segúndo Heargreaves, os docentes, encóntranse atrapados en un “triángulo infernal” por ser ao mesmo tempo tres tipos de profesores:

-          Catalizadores da sociedade do coñecemento.

-          Víctimas de esa sociedade do coñecemento.

-          Contrapuntos para contrarestar os perigos que comporta na formación da cidadanía.

Como catalizadores el di que “deben intentar hacer de sus escuelas organizaciones de aprendizaje en las que las capacidades para aprender, así como las estructuras que sustentan el aprendizaje y que responde de manera constructiva al cambio, estén extendidas tanto entre los adultos como entre los niños”. Ensinar nunha sociedade do coñecemento supón cultivar novas capacidades como desenvolver un aprendizaxe cognitivo profundo, a creatividade e investigación, traballar en redes e equipos, promover a aprendizaxe profesional continuo dos profesores, a resolución de problemas e o compromiso para a mellora continua das organizacións.

MOTIVACIÓN DOCENTE.

Lucía Reges Fernández.

Con relación ao tema do benestar e malestar docente, dedico esta entrada do blogue a falar da motivación, xa que en parte, o benestar e o malestar está influído pola motivación, tanto extrínseca como intrínseca que posúa o docente.

Buscando na rede qué a motivación no traballo encontrei, na páxina http://www.cronicasdelacol.com/2009/10/motivaciones-intrinsecas-y-extrinsecas.html e publicado día 7 de enero de 2010, un documento que fala destes dous tipos de motivacións.

A autora Iraima Rivera cita a Kenneth Thomas, para o cal a motivación extrínseca é “cuando las organizaciones solamente deseaban que los trabajadores acatasen las normas, lo compraban con dinero y otros beneficios tangibles. En el lenguaje de la teoría de la motivación, éstas son recompensas extrínsecas. (…) Incluyen, entre otros, salarios, bonos, comisiones, privilegios, beneficios y premios monetarios. (…).” Ademais, para el  as recompensas extrínsecas eran “la solución fácil para motivar en la era del acatamiento.”

Este autor, comenta de forma segura que os directivos só supervisan aos traballadores para ter constancia de se se cumplen ou non as normas do  traballo. Para Kenneth Thomas está é a razón de que o empregado faga o seu traballo para causar boa impresión ao directivo e así continuar no seu posto laboral, en vez de realizalo por compromiso persoal e iniciativa propia. Desta forma o traballo convértese en realizar unha labor controlada para dar ou negar recompensas.

 

Existen dous lados da motivación, as motivacións extrínsecas e as motivacións intrínsecas. Por exemplo: “Un docente do estado cando exterioriza as súas preocupacións polo incumplimento das cláusulas do contrato, deixa ver que a súa motivación é extrínseca”.

 

Agora ben, cando o suxeito sinte que está demostrando as súas destrezas no seu emprego e que está axudando, pódese definir como motivación intrínseca.

Está claro que estes dous tipos de motivación se apóian mutuamente. Xa que as persoas eliximos unha profesión por unha motivación intrínseca (gústanos o traballo a desempeñar) e tamén nos importan moito as motivacións extrísecas (as condicións de traballo, as cláusulas do contrato, salario, etc.)

É importante explica que a extrínseca posúe en algúns casos un carácter individual e na intrínseca a persoa busca a consecución das súas metas e faino por pracer.

Thomas asegura que o apaixoamento polo traballo é importante e que ademais energízate.

Cando o traballador está sufrindo unha insatisfacción persoal porque non posúe ou flaquean as súas motivacións para realizar a súa profesión o dilema de deixo o traballo ou non asalta o pensamento do empregado. O efecto é devastador na vontade do traballador, o cal loita con dúas correntes internas, unha é dimitir e a outra que non abandone o seu posto de traballo. Como consecuencia disto o rendemento empeza a decaer.

Ao suceder o antes relatado, os bos traballadores resístense a quedar en postos non gratificantes, e é evidente que algunhas organizacións non poden co custo de contratar  e entrenar novos empregados.

A este respecto, como evitamos que o persoal renuncie?

-          Con unha comunicación asertiva entre os directivos e os membros do equipo deben ser robustecida cada segundo.

-          Ser cortés e cordial son as claves para evitar malos entendidos.

-          Valorar aos compañeiros na súa exacta dimensión.

-          Recordar que as persoas que traballan contigo son diferentes a ti, polo que hai que saber negociar para que o grupo deixe de ser heteroxéneo e se transforme en homoxéneo.

-          O respeto é un valor esencial que se debe propugnar para manter o bo talante das relación interpersoais.

 

Fuente: Thomas, Kenneth. La motivación intrínseca en el trabajo. Editorial universitaria Ramón Areces. 2002. Madrid. España. pp. 128

 

Ao ler este artigo, considero que para que os docentes de un centro manteñan o nivel de motivación intrínseca que ao comezo da súa práctica docente é importante que tanto os directivos como os mesmos profesores, creen e procuren manter un clima agradable, de diálogo e colaboración, xa que todo profesional busca un emprego no que se sinta cómodo, algo que se pode entender como un tipo de motivación extrínseca. É dicir, penso que para manter as motivacións intrínsecas do profesorado (satisfacción por ver como aprenden os alumno, etc.) é necesario coidar o que vou nomear como motivacións extrísecas emocionais (sentirse ben nese posto de traballo pola boa relación cos compañeiros, etc.) incluso máis que o que denomino as motivacións extrínsecas materiais (salario, etc.).

 

PROFESORES QUE APRENDEN.

Lucía Reges Fernández.

Ante o cambio na sociedade, debido á incorporación das novas tecnoloxías a todos os ámbitos da nosa vida, é necesario un cambio na metodoloxía utilizada polos mestres e o emprego de TIC na educación. Xa que o alumnado esta perdendo a motivación debido, en gran parte, ao uso de unha metodoloxía tradicional por parte dos docentes que causa desinterés. Ademais, é necesario que os contidos e as actividades realizadas na aula sexan aplicables e respondan a preguntas da vida cotiá dos alumnos, para que así lles vexan utilidade e non crean que os coñecementos que se ensinan na escola non serven de nada.

Pola necesidade de este cambio, a formación do profesorado ante estas esixencias require un cambio radical dos modos tradicionais. Son necesarios para este cambio profesionais expertos en coñecementos específicos de cada campo do saber do que ensinan e tamén profesionais comprometidos.

Para min, este problema radica na falta de vocación dos docentes pero tamén, e moi importante, é na formación que reciben os docentes na universidade. Xa que a universidade e a facultade de Ciencias da Educación, en concreto, teñen unhas carencias de formación que se atopan lonxe do que sería o axeitado. Isto, pode ser debido ás reformas continuas nos plans de estudos. A universidade sigue contando con unha metodoloxía tradicional, con moita clase maxistral e pouca práctica. Contamos con moitas asignaturas cuatrimestrales, tempo que non é o suficiente para adquirir os coñecementos necesarios de cada asignatura, ademais de realizarse unha avaliación baseada en un exame e repetición mecánica do estudado. Isto, a medida que pasan os anos vai cambiando e xa son moitos os mestres que cambiaron a súa metodoloxía para algo máis práctico, no que os docentes son meros guías da aprendizaxe dos alumnos.

En concreto, considero que o fallo na formación de maestros é a separación da teoría e a práctica, en maxisterio non se adquire a competencia de vincular o estudiado teóricamente con situación reais que se producen nas aulas, xa que para ser capaz de iso, é necesario prácticas, vivencias, experiencias, reflexións, etc.

 

CONFLICTIVIDADE ENTRE BENESTAR E MALESTAR DOCENTE.

Lucía Reges Fernández.

Con relación ás ultimas entradas ao blogue sobre o malestar e o benestar docente, recollo neste documento o exposto na aula sobre este tema.

A propia conflictividade do construto benestar-malestar recae, sobre todo, en catro premisas:

-          Satisfacción e insatisfacción.

-          Burnout e estrés.

-          Lucus de control:

Interno: culpabilizarse a un mesmo

Externo: culpabilizar a outro ou ás circunstancias.

-          Residience.

 

As reaccións do profesorado para afrontar os problemas  e os cambios no sistema educativo poden ser:

-          Ver os cambios na educación como algo ineludible e polo tanto ter un pensamento positivo ante eles.

-          Desenvolver actitudes de inhivición, é dicir, oponse a calquera cambio.

-          La adopción de sentimentos contraditorios con actitudes ambiguas. Como por exemplo “Quero cambiar algo, pero non sei como facelo”.

-          Vivencia da docencia con sentimento permanente de ansiedade e culpabilización. Como por exemplo “gustaríame facer outras cousas, pero non sei como facelas”.

Persoalmente, creo que todo aquel profesional da educación debe de encontrar dentro de si mesto a motivación intrínseca que lle fixo elixir esa profesión, para así poder facer fronte ás crises de recompensas extrínsecas e seguir realizando unha boa función docente, xa que os alumnos non son culpables de ningún cambio que se está a producir nas recompensas extrínsecas (diminución de salario, aumento de horas de traballo, etc) e non debemos de esquecer que estamos ensinando e educando ás sociedades futuras, polo tanto, canta mellor sexa a educación que reciban, tanto mellor será o desempeño laboral que vaian levar a cabo no futuro.

 

DETERIORO DA EDUCACIÓN PÚBLICA.

Lucía Reges Fernández.

A educación pública esta sufrindo un gran deterioro debido, entre outras razóns aos recortes en educación que está levando a cabo o goberno. Buscando na web acerca de este tema atopei na páxina http://www.europapress.es/andalucia/educación-00651/noticia-padres-alertan-grave-deterioro-educación-pública-supondrán-medidas-subida-ratios-20120426143327.html un artigo da Confederación Andaluza de Asociacións de Pais e Nais do Alumnado pola Escola Pública.

Neste artigo recollíase o seguinte:

A Confederación Andaluza de Asociacións de Pais e Nais do Alumnado pola Escuela Pública (Codapa) advirteu  do “grave deterioro que vai a supoñer” para a educación pública as últimas medidas tomadas polo Goberno nesta materia” como o aumento da ratio do alumnado por clase ou a supresión dos programas educativos destinados a alumnos que presentan necesidades educativas específicas.

Esta Confederación, que considera que as familias non poden renunciar a “aquelo polo que se leva máis de 30 anos loitando”, tachou de “paso cara atrás” o aumento das ratios porque, ademais de “empeorar” as condicións nas que os docentes ensinan aos rapaces, “inevitablemente repercutirá nos resultados académicos”.

“Somos muchos los padres y madres y demasiado el tiempo que se lleva trabajando por conseguir una educación cada vez más personalizada, en la que los alumnos gocen de igualdad de oportunidades y una mayor cohesión social.

Na súa opinión, é necesario o mantemento dos programas destinados aos alumnos que presentan necesidades educativas específicas.

Por elo, Codapa, pide ás Administracións públicas que fagan “una apuesta decidida por la escuela pública” porque, según exemplificou, “no hay más que mirar los informes de la OCDE para darse cuenta de cómo en Francia, Alemania, Finlandia, Suecia o Dinamarca, que son países que se suelen citar tanto por el número de habitantes como por la notoriedad de sus éxitos escolares, gozan de sistemas educativos vertebrados por la escuela pública”.

Igualmente, a Confederación cree “importantísimo seguir adelante en materias como la incorporación de las TIC en nuestro sistema educativo para que sean herramientas básicas y habituales de la actividad educativa, el fomento de los idiomas y otro tipo de conocimientos necesarios para los tiempos que corren como, por ejemplo, la educación en valores (paz, respeto, solidaridad, justicia social), entre otros”.

Nesta mesma liña, pide “preservar y extender logros tan significativos como la gratuidad de libros de texto y demás materiales curriculares durante la enseñanza obligatoria, las aulas matinales, comedores escolares, transporte escolar y actividades extraescolares o el sistema de becas”, así como a participación e colaboración  das familias e o apoio institucional das Ampas.

A miña opinión a cerca da educación pública acércase moito a este artigo, considero que os recortes están producindo que se estea a producir unha baixada no nivel de calidade da ensinanza pública, xa que a falta de recursos materiais e humanos supón un problema para levar a cabo a educación da forma que se debe de levar na sociedade actual.

Vivimos nunha sociedade da telecomunicación, os rapaces viven rodeados de aparellos informáticos, polo que a escola debería de utilizar as TIC como recurso indispensable, xa que a escola ten que vivir compenetrada coa sociedade e non pode anclarse na metodoloxía do pasado, porque a motivación do alumnado é básica para o rendemento e esa motivación conséguese utilizando técnicas e instrumentos de traballo que causen interese ao alumnado.

Outro punto importante, como comentaba o artigo, é a subida da ratio. É importante ter en conta a gran necesidade da atención individualizada como un dos principios da educación de calidade. Esta atención non é posible con un número de alumnos tan elevado por aula. Sen unha atención individualizada non se satisfacen as expectativas da sociedade postas na escola, algo que crea un descontento social.

 

 

 

RELACIÓN DO BENESTAR E MALESTAR DOCENTE COAS TIC.

Lucía Reges Fernández.

Con relación ao benestar docente, econtrei na rede un documento (De Pablos, Juan Manuel; Colás Bravo, Pilar; González, María Teresa (2011). Bienestar Docente e Innovación con Tecnologías de la Información y la Comunicación. Revista de Investigación Educativa, 29 (1), 59-81.) que trata de un punto de vista conceptual sobre o benestar subxectivo (persoal e psicolóxico), que se refire á “estimación cognitiva del grado de satisfacción con la propia vida, y esa satisfacción se expresa o concreta en la correspondencia entre metas obtenidas y desea­das. Para otros, el tono emocional es el núcleo de la satisfacción del sujeto con su vida presente al compararla con su ajuste en el pasado” (Quintero y González, 1997:129).

Esta definición, xunto con outras, serviron de axuda a autores máis recentes como (Eid y Larsen, 2008) para sinalar as referecias coas que se mide o benestar.

Identifícanse tres dimensións do benestar:

-          Emocional.

-          Valorativa.

-          Proxectiva (obxectivos para alcanzar determindadas metas ou obter logros).

Estas dimensións teñen relacións interdependentes entre elas. Desta forma as emocións positivas ou negativas teñen unha estreita relación coas metas ou proxectos persoais dos profesores, polo tanto, para que as emocións existan é necesario que exista un proceso cognitivo/ valorativo que relacione metas propostas con logros alcanzados. É dicir que se se alcanzan os obxetivos ou metas lograrase unha emoción positiva e se non se alcanzan serán negativas.

É importante indicar que parece que existe unha relación estreita entre o benestar e as TIC. Xa que os estados de benestar parecen estar asociados á actividades de innovación, e os procesos de innovación implican acción e/ou actividades creativas, que son guiadas por metas educativas que esixen unha motivación intrínseca. É dicir, nos procesos de innovación pódese visualizar o modelo teórico do benestar docente. Polo tanto, son os profesores innovadores os suxeitos máis óptimos para observar e constatar as dimensións subxacentes do benestar e as relación exitentes entre este construto e a innovación.

As aportacións teóricas sobre o benestar subxectivo levadas á práctica docente innovaora permiteu propoñer un modelo conceptual que é o seguinte:

 

                       

Neste modelo inclúense as tres dimensións mencionadas antes, pero interrelacionadas entre si. Nel visualízase a estrutura interna do construto do benestar subxectivo que ven marcado por catro eixes:

-          Eixe impulsor: motor iniciador da actividade de innovación, neste caso conformado por a) proxectos e valores e b) motivacións.

-          Eixe referido ás condicións favorables para que a innovación con TIC teña éxito: composto polas competencias do docente e o clima e cultura do centro.

-          Eixe terceiro con un carácter máis interno , persoal e subxectivo, implicando unha dimensión valorativa que produce un efecto emocional, que se concreta en satisfacción e en emocións, para derivar finalmente en benestar docente.

 

BENESTAR E MALESTAR DOCENTE

Lucía Reges Fernández.

Dedicamos varias clases a falar do benestar e malestar docente, para abordar este tema dividimos a clase en dous grupos, un deles debería de argumentar o porque do malestar docente e o outro grupo as razóns para o benestar. Loxicamente, igual que pasou na nosa aula, o conxunto de docentes posúe diferentes opinións acerca deste tema.

Cando se falaba de benestar, os argumentos máis sinalados son: un bo salario, moitas vacacións e fins de semana dispoñibles, ter a sorte de ter un horario establecido… E os argumentos para o malestar foron: os cambios que se están a producir polos recortes en educación (aumento do número de ratio (número de alumnos por profesor), diminución de presuposto para recursos materiais e humanos…), desprestixio da profesión docente, aumento do traballo burocrático por parte dos docentes, etc.

Despois de este debate na aula, a miña reflexión é que os recortes que se están a levar a cabo por parte do estado á educación é un punto moi importante para o malestar docente e que afecta de forma negativa á educación pública. Xa que haberá máis alumnos por profesor, o que dificulta a atención individualizada, que ao mesmo tempo todos falamos da súa importancia, xa que sen ela non se dará a solución e o tratamento axeitado a posibles dificultades de aprendizaxe e problemas persoais do alumnado. O que creará un gran descontento á sociedade. Se o profesor é un profesor con un gran compromiso, isto afectará moito xa que terá que necesitará moito máis esforzo e traballo para lograr unha atención individualizada e será remunerado co mesmo salario que cando o esforzo era menor, polo que sentirá que a súa labor non está valorada.

Os recortes tamén inflúen no presuposto para recursos materiais, tan necesarios en esta época tecnolóxica na que vivimos, xa que os alumnos mostran unha gran desmotivación para traballar de forma tradicional. As TIC son moi eficaces para lograr que o alumnado se mostre motivado e prestando atención. Agora máis que nunca o profesorado ten que poñer en marcha toda a súa creatividade para realizar actividades que motiven o interés do alumnado cos mínimos recursos.

A isto debemos de engadir o aumento de horas de traballo dos docentes, polo que todos estos argumentos están facendo que o profesorado sexa un profesional desmotivado e se sinta pouco valorado, xa que moitas son as persoas que din “os profesores cobran un salario moi alto para o traballo que fan”, “os profesores quéixanse por vicio, xa que non traballan nada”, etc. A toda esta xente aconsellaríalles pasar só un mes nun centro educativo, quizais cambiarían de opinión.

Ademais, estase producindo un desprestixio por parte das familias, xa que lles fan culpables de que os alumnos non aprendan, non estean motivados, as familias normalmente dan a razón aos alumnos dos problemas escolares, e así, os alumnos cambiaron a forma na que se trataban aos profesores. Antes eran respectados polo alumnado, agora, en moitos casos son insultados e pouco respectados por eles. Xa que se os alumnos escoitan esas opinións ás súas familias, eles fanas chegar á aula. Polo que o profesorado perdeu toda autoridade ante alumnos e as familias dos mesmos.

Todo isto fixo surxir os conceptos de estrés e burnout dos profesores. Que se deberían combatir, facendo ver aos profesores que non todo é malo, que existen aspectos moi agradables nesta profesión como por exemplo posuír un horario de traballo establecido, longos e varios períodos vacacionais, que che permite facer plans a nivel persoal, a gratitude de ver como axuda a aprender, a seguridade dun salario mensual fixo, a sorte de traballar en unhas instalacións normalmente agradables, e un bo ambiente laboral, polas relacións sociais que se establecen, e agora máis que nunca, xa que polos recortes, os profesores deben de unirse por unha mesma loita e compartir ideas, materiais, etc.

Con relación a isto, puiden ler un artigo publicado REICE - Revista Electrónica Iberoamericana sobre Calidad, Eficacia y Cambio en Educación 2007, Vol. 5, No. 5 , con autoría de Rodrigo Cornejo Chávez y Marcela Quiñónez.  Este artigo trata sobre a relación que existe entre condicións de traballo e saúde laboral e que resumo brevemente a continuación.

O estrés foi definido como “unha reacción involuntaria e xeralizada do organismo humano para enfrontar situacións vitais ameazantes. Esta reacción baséase na actividade do sistema nervioso autónomo simpático e maniféstase, polo tanto, nunha serie de cambios fisiolóxicos, hormonais, circulatorios, cardíacos e musculares, os cales desencadean procesos cognitivos e afectivos perxudiciais para a persoa”.

Está documentada a influencia do estrés laboral sobre enfermidades cardiovasculares, accidentes no traballo, trastornos psicolóxicos e trastornos musculoesqueléticos. Según Seyle, “a reacción adaptativa natural do estrés, preséntase de maneira involuntaria no mundo do traballo, con unha intensidade e frecuencia non xustificada fronde a estímulos que non implican unha ameaza vital para as persoas”. Algúns autores suxiren utilizar o concepto de distrés para identificar esta reacción de estrés en ausencia de estímulos vitais ameazantes.

As causas principais do distrés (chamamos distrés ao estrés sen causa aparente) poden ser os aspectos organizacionais do emprego, variables de apoio social e actitudes individuais.

Nos anos 70, Freudenberger, propón o concepto de burnout, como un “síndrome de carácter psicolóxico, descrito, para profesionais que traballan en relacións de axuda cara outras persoas”. No galego podemos traducilo como “estar queimado”, pero ante a falta dun termo parecido nas nosas linguas  -galego ou español-, é aconsellado utilizar o termo orixinal.

Que relación existe entre estrés e burnout? Ben, as relacións entre estrés e burnout son complexas e existe un consenso por parte dos investigadores. Ao respecto, Maslach suxire diferenciar claramente ambos conceptos, pois di que “O burnout é máis ben un patrón psicolóxico de resposta, unha vivencia subxectiva de malestar, que ten aos factores laborais e organizativos como condicionantes e antecedentes, e que ten implicacións nocivas para a organización e/ou para a persoa, pero que non implica necesariamente un trastorno de saúde mental”.

Ademais do dito, o burnout foi definido como un síndrome psicolóxico, que ocorre en profesionais que traballan en relacións de axuda cara outras persoas. O modelo de burnout máis empregado nos estudos sobre profesores, é o modelo trifactorial de Maslach, que describe tres tipos de síntomas: o agotamento emocional, a “despersonalización” e a sensación de baixo logro profesional.

-          O agotamento emocional está altamente asociado á resposta de estrés.

-          A despersonalización, tamén chamada “cinismo” o distanciamento emocional non está descrita na literatura sobre estrés e, se ben é moi perxudicial para os procesos de ensinanza, pode operar como un mecanismo de defensa e “protección” fronte á frustración no traballo.

-          A sensación de falta de logro é cuestionada nalgunhas investigacións sobre burnout docente e parece estar relacionada coa falta de recursos para realizar o traballo.

É importante comentar que diversas investigacións argumentan que o xénero condicionaría distintas perspectivas para valorar a satisfacción e o malestar docente, ainda que a evidencia non é comcluínte. Deste modo, as mulleres presentarían unha maior tendencia cara o agotamento emocional a diferenza dos homes, cuxa tendencia sería cara a despersoalización. Por outra banda, tamén cabe engadir que os profesores máis novos, os máis vellos e os que se desempeñan nos niveis educativos superiores da educación obrigatoria vivenciarían maiores niveis de estrés e burnout.