Lucía Reges Fernández

leda, risueña, divertida, forte mentalmente, comprensiva, empática, impulsiva, tímidísima, asesora...

3. IMPORTANCIA DO TRABALLO COLABORATIVO.

TEAM- TEACHING

Lucía Reges Fernández.

TEAM -TEACHING.

O “Team-Teaching” é unha unidade instrucional dun centro educativo que combina a un grupo de profesores, os cales son talentuosos, con especializacións complementarias, un responsable do programa académico e de orientación, e persoal auxiliar aos mestres e estudantes. Esta unidade presenta unha serie de obxetivos como:

-          Mellorar a calidade da ensinanza e da orientación escolar.

-          O uso do tempo e talento dos profesores.

-          Aprobeitar na ensinanza a boa influencia beneficiosa da participación dos alumnos nunha “comunidade de aprendizaxe”.

-          Proporcionar ao estudante a percepción do significado global dos seus estudos e a interrelación dos mesmos, a través do “cruce interdisciplinario”.

Estas unidades organízanse da seguinte forma: a un grupo de estudantes asígnaselles un equipo de profesores que son os responsables do programa académico e da súa orientación. Este equipo reúnese diariamente e conta con un director de equipo que ten a función de coordinar todas as tarefas. Ademais, cada equipo tamén conta cun auxiliar que se ocupa, como por exemplo, das chamadas tarefas docentes suplementarias (repasos, correccións, etc.).

As vantaxes son:

-          Reunir a con facilidade a todos os alumnos.

-          É posible variar a metodoloxía e as técnicas de ensinanza (combinando debates, conferencias…)

-          Os profesores reúnense para poñer solución aos problemas que poden surxir.

-          A familia ten unha implicación e participación activa.

-          Á orientación aos alumnos é máis eficaz.

http://gerza.com/tecnicas_grupo/todas_tecnicas/team_teaching.html

 

FORMAS DE CULTURA ESCOLAR.

Lucía Reges Fernández.

FORMAS DE CULTURA ESCOLAR.

A cultura escolar foi un tema mencionado durante unha clase, debido a isto, busquei información acerca da cultura escolar, que é a forma de relacionarse que existe entre docentes. As páxinas web onde lin acerca de este tema son:

http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/126/cd/unidad_4/mo4_comprender_la_cultura_escolar.htm

http://fel.uqroo.mx/adminfile/files/memorias/Articulos_Mem_FONAEL_V/Dzul_Escamilla_Marisela_et_al.pdf

 

Son cinco as formas de cultura que están máis en auxe neste momento que vivimos. Por formas de cultura distinguimos as seguintes: el individualismo, la balcanización, el mosaico móvil, la colexialidade artificial e colaborativa.

O individualismo caracterízase polas situacións nas que os docentes actúan de forma illada co resto de profesores, polo que non existe ningún tipo de diálogo entre eles. Este á a forma de cultura dominante hoxe en día, e é vista por Hargreaves como a forma de traballar de persoas que son inseguras e ás que non lles gusta arriscar por medo ao fracaso ou ás críticas, polo tanto nesta forma de cultura predomina o traballo persoal e creativo.

A balcanización é unha forma de cultura que divide ao curriculum en áreas e aos docentes en subgrupos. Debido a isto é difícil o traballo, por haber entre os grupos propósitos común, xa que os subgrupos poden mostrar competitividade en algunhas ocasións e ter intereses diferentes.

O mosaico móvil, busca conseguir unha alta participación, maior rapidez nas respostas e que se establezcan unhas relacións fluídas entre docentes. Debido a esta búsqueda, é un modelo con flexibilidade organizativa.

A colexialidade artificial é unha forma de cultura que ten moi en conta a cultura imposta pola autoridade educativa, polo tanto intenta conseguir unha cultura máis elaborada. Por isto os docentes levan a cabo a súa labor educativa de unha forma superficial e subordinados ás pautas e directrices da administración. isto conleva a que se produce unha colaboración, pero que non é espontánea senón artificial.

A cultura colaborativa é un tipo de forma colaborativa baseada, sobre todo, nas relación expontáneas entre docentes, polo que existe colexialidade mostrando así actitudes de axuda, apoio, planificación conxunta e reflexión.

Baixo o meu punto de vista a mellor forma de cultura sería unha mestura entre a colexialidade artificial, xa que considero que é necesario un curriculum común para todo o territorio, xa que desta forma todos os alumnos de ese territorio os mesmos coñecementos das distintas materias. Pero, tamén considero que a educación non ten que estar centrada nin cerrada a ese curriculum elaborado pola administración e que cada profesor debe de introducir ampliacións do curriculum, adecualo a cada alumno, e ademais traballar de forma colaborativa co resto de docentes para así enriquecerse uns aos outros e mellorar as súas prácticas, tanto pola mellora de coñecementos como pola mellora na forma de traballalos na aula.

PAPEL EDUCADOR DOS PAIS.

Lucía Reges Fernández.

Papel educador dos pais.

Os pais, na actualidade teñen un papel moi importante na educación do seu fillo. Polo tanto, na actualidade, a educación é un obxectivo común dos pais e dos educadores, para así conseguir a formación integral do fillo e alumno. A miña idea sobre o papel educador dos pais é a mesma que puiden ler nun documento que atopei na web (“La importancia de la educación familia-escuela en la educación. María Cabrera Muñoz. DEP. LEGAL: GR 2922/2007. ISSN: 1988-6047. Data: 16 de Marzo de 2009). De esta forma afirmei os meus pensamentos e complementeinos con novos contidos.

 Os pais deben de axudar os mestres e titores dos seus fillo e estes deben axudar aos pais. Para iso é importante traballar de maneira conxunta e facerse partícipes os uns aos outros no proceso, da mesma forma que se facilitarán a información necesaria.

Os autores de este documento consideran que “Para levar a cabo unha educación integral do alumnado necesítase que existan canais de comunicación e a acción conxunta e coordinada da familia e da escola, só así se producirá o desenvolvemento intelectual, emocional e social do neno e a  nena nas mellores condicións. Esta actuación conxunta estimulará no neno e a nena a idea de que se encontra en dous espazos diferentes, pero  complementarios”.

Mediante estudos, comprobouse que a participación e colaboración entre pais e escola, mellora a autoestima dos alumno, e así obteñen un mellor rendemento académico, mellores relacións sociais e actitudes positivas cara a aprendizaxe e a escola.

Ao logo da historia as relacións entre escola e familia foron cambiando. As primeiras escolas mantiñan unha estreita unión coa comunidade. A principios do século XX, comezaron a distanciarse; xa que “a labor pedagóxica foise especializando e facendo cada vez máis complexa, e os mestres ensinaban materias e utilizaban métodos alonxados da experiencia de pais e nais, que pouco tiñan que dicir acerca do que ocorría no interior das súas aulas”.

Ademais, empezou a considerarse que as responsabilidades de familia e escola eran distintas, e o normal era que así fora. A responsabilidade dos pais era ensinar aos seus fillos bos modos, mentres que ada escola era a ensinanza da lecto-escritura, cálculo,etc. Nos últimos anos, isto foi cambiando pola idea de que “escola e familia teñen influencias superpostas e responsabilidades compartidas, polo que ambas institucións deben cooperar na educación”.

Ademais, ao crearse novos tipos de familia, a nai incorpórase ao mundo laboral, tendo así menos horas para dedicarlle aos fillos, polo que a escola tivo que adquirir un carácter non só de ensinanza, senón tamén de educación (valores…) e ademais de ensinanza da cultura desa sociedade.

As relacións familia e escola tamén sofren algúns problemas que dificultan as colaboracións e participación entre elas. A Santos Guerra (1999-2000) sorpréndelle que, “buscando familias e escola o mesmo fin, que é a educación dos nenos, exista unha distancia, un recelo e un enfrontamento tan consistente como se observa nalgúns lugares”. Un motivo de este recelo é polo poderes de avaliación e institucional O feito  de que os profesores manteñan o poder da avaliación e o poder institucional e incluso o coñecemento que posúen os mestres, ten como consecuencia que os pais se sintan covardes ou pouco expertos para opinar e esixir con claridade aos docentes. E, pola contra, en ocasións, cando os pais teñen a valentía de esixir, son os profesores non escoitan aos pais, porque non consideran que o seu punto de vista sexa pertinente para eles.

Vila Mendiburu (1995) considera que “habería que plantexarse, antes que afirmar que as familias teñen unha gran falta de interés pola educación dos seus fillos, si a estas se lles ofrece realmente a oportunidade de intercambio”.

Na actualidade,  ten unha gran aceptación a idea de que familia e escola comparten responsabilidades na educación da infantil. Ambos desempeñan un rol fundamental no desenvolvemento do autoconcepto, as habilidades sociais, o desenvolvemento moral, a psicomotricidade, a creatividade e habilidades cognitivas como a resolución de problemas.

A familia é a principal axente socializador, sobre todo nos primeiros anos de vida. Pero isto non quere dicir que sexa o único axente importante, senón que esta responsabilidade, como xa dixemos é compartida coa escola. A escola e as familias deben de ter entre elas unha boa comunicacións para levar a cabo a formación integral do alumno. Isto débese a que os pais deben de continuar no fogar o traballo que está levando a cabo o mestre na escola. E informar dos posibles problemas que vexan no seu fillo, para que os mestres o reforcen e axuden cos coñecementos específicos.

As tarefas que deben de desenvolver de forma conxunta a familia coa escola son, por exemplo a transmisión de elementos culturais (normas, valores e costumes), desenvolvemento de habilidades persoais e sociais de autonomía (elemento importante para a integración familiar e social e para o desenvolvemento integral do alumnado), ensinanza de coñecementos e estratexias educativas (recae na familia ensinar hábitos de estudo, ampliar coñecementos, fomentar a lectura), ensinanza da responsabilidade (aceptación de normas de comportamento, limpeza e orde…).

Por todas estas razóns, a familia e escola son colectivos que teñen un papel moi importante para a formación integral dos nenos , por ensinarlles coñecementos, comportamentos, pautas de conduta adecuadas, etc. Este é o motivo polo que tanto escola como familia teñen que ter responsabilidades e papeis educativos que se complementen.

 

 

 

AMNESIA PROFESIONAL.

Lucía Reges Fernández.

Amnesia profesional.

A profesión docente, a diferente de outras profesións, non conta cun rexistro de experiencias. É dicir, se un docente utiliza unha técnica nova ou fai o seu propio instrumento para traballar na aula un determinado tema, non o recolle en ningún lado, polo que outros docentes non poden cultivarse do que realizan outros.

Buscando sobre este tema encontrei un documento publicado en  Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado, 9, 2 (2005)e titulado “ Conocimiento y enseñanza: fundamentos de la nueva reforma”. Neste documento tratase este tema e denomínano Amnesia Profesional.

Segundo os autores, unha das frustracións da docencia é a profunda amnesia individual e colectiva, a frecuencia con que as mellores creacións de quen se dedica a este actividade pérdense, de modo que non están dispoñibles para os seus colegas actuais e futuros. A diferenza de outras disciplinas como a arquitectura (que conserva as súas creación tanto en planos como edificios), o dereito (que crea unha xurisprudecia composta de sentencias e interpretacións), a medicina (cos seus historiais e estudos de casos), e incluso o axedrez, o bridge ou o ballet (coas súas tradicións de conservar partidas memorables ou representacións coreográficas mediante formas inventivas de notación e rexistro), a ensinanza non se imparte fronte a un auditorio composto por colegas.

Os autores recollen que sen ese sistema de notación e memoria, é difícil pasar ás seguintes estapas de análisis, interpretación e codificación de principios de práctica. Os profesores simplemente posúen un extenso bagaxe de coñecementos que nunca intentaron sequera sistematizar. Para a próxima década, os investigadores da educación,  recopilarán, cotexarán e interpretarán os coñecementos prácticos dos profesores para crear unha bibliografía de casos e codificar os seus principios, precedentes e parábolas  (Shulman, 1986b).

Os autores cren na idea de que “Un coñecemento base para a ensinanza non ten un carácter fixo e definitivo. Se ben a ensinanza está considerada entre as profesións máis antigas do mundo, a investigación na área da educación, en especial o estudo sistemático da docencia, é unha empresa relativamente reciente”.

Para os autores, cando se vaia  coñecendo máis acerca da docencia, chegaremos a recoñecer novas categorías que caracterizan aos bos profesores, e teremos que reconsiderar e redefinir outros ámbitos. O seu actual “anteproxecto” para dito coñecemento base consta de moitas categorías. Conforme se avance vamos a enterarnos de que, en principio, algo se pode saber acerca dun aspecto específico da ensinanza, pero aínda non saberemos o que con leva ese principio ou esa práctica.

 

Comparto a opinión de que se perderon moitas melloras que produce un docente durante a súa práctica por non compartila co resto dos compañeiros, e non gardala de forma escrita, documentada e suficientemente explicada. Quizais isto sexa pola pouca tradición de colaboración no ámbito educativo e cada mestre limítase á súa aula. Isto é algo que deberíamos ir cambiando pouco a pouco para que os docentes poidan aprender uns dos outros e sacar novas ideas. Para isto é necesario concienciar aos docentes da importancia de isto e a mellora que provocaría este cambio, tanto para a súa mellora persoal como profesional.

“Es difícil mejorar cuando no se tiene otro modelo que seguir que el propio”  Goldsmith (1981)

RELACIÓN DOCENTES - ASESORES/ORIENTADORES.

Lucía Reges Fernández

QUE PENSAN OS DOCENTES DOS ASESORES/ORIENTADORES?

Dende a miña visión, considero que os docentes ven aos asesores como unha figura nada importante no centro escolar. Creo que ven ao orientador como unha persoa que non é capaz de resolver os problemas que poidan surxir na aula, xa que veno como unha figura externa que non sabe entender nin dar unha solución boa a esos problemas por non ter experiencia docente. Se a isto engadimos que o orientador é de menor idade que o profesor a situación faise máis grave xa que o profesor adoita pensar que “que lle vai ensinar este mozo/a a el que ten xa moita experiencia”.

Ademais, os creo que os docentes ven ao asesor como unha figura case externa á vida do centro educativo por encontrarse normalmente nun despacho escondido nas instalacións.

Para solucionar esta visión negativa dos asesores por parte dos docentes, considero que os primeiros, deberían de relacionarse máis cos profesores, expoñerlles as súas funcións e ofrecerlles a súa axuda. Ademais, é importante quizais que non estean sempre coa porta do despacho cerrada, xa que é unha forma de expresar que o orientador está dispoñible e con ganas de axudar e asesorar a calquera que o necesite.

De todas formas, creo que isto está cambiando, xa que como nos comentou Lourdes Montero na aula, a figura do orientador está collendo forza e cada vez é mellor vista e entendida polo resto de profesionais. Ademais os orientadores deben de facer un esforzo por facer ver a importancia que teñen no proceso de ensino-aprendizaxe e no asesoramento de familias, alumnos e mesmo docentes, e facer ver que están ahí cun obxectivo común ao resto da plantilla do profesorado.

Que pensan os asesores/orientadores dos docentes?

A miña opinión acerca dos pensamentos que teñen os asesores cara os profesores é aos docentes non lles gusta nada traballar de forma colaborativa e cooperativa, senón que prefiren realizar a súa labor “a porta fechada”, con isto quero decir que os docentes non adoitan comentar algún problema que surxa na aula co asesor ou orientador do centro, senón que eles mesmos tratan de poñer a solución a ese problema sen facer contar cunha segunda opinión ou consello. Isto tamén pasa co resto de docentes do centro educativo, en vez de axudarse e aprender uns dos outros, resgardanse en si mesmos e na súa aula. Tamén creo que os orientadores pensan que os docentes son reticentes ao cambio, xa que non aceptan propostas que poidan vir por parte do orientador, non buscan axuda nesta figura senón que queren “receitas máxicas”, é dicir, plantexar o problema e que o orientador llo solucione dunha forma rápida e eficaz, cando o que debería de ser é que o orientador lle axude propoñéndolle pautas de actuación para que o mesmo docente solucione o problema. Ademais, é común entre docentes que as suxerencias para mellorar proporcionadas polo orientador as tomen como unha crítica á súa labor e síntense feridos e desprestixiados, cando estas críticas non son para dañalos, senón para que poidan mellorar a súa metodoloxía e innovar na súa práctica.

Ademais, considero que os orientadores pensan que os docentes non teñen claras as funcións do orientador, e recurren a el demandándolle funcións que non lle corresponden.

Os asesores tamén creen que os que mellor lles poden axudar para a súa labor co alumnado son os docentes, en concreto os titores por ser quen coñecen mellor ao alumno.

Os asesores poden ver aos docentes dende varias posturas:

- Perspectiva utópica: o que ao asesor lle gustaría que foran, o que lle gustaría encontrar nos profesores.

- Perspectiva teórica: o que aprendeu sobre o profesorado (experiencia/estudios).

- Perspectiva realista: o que realmente pensan dos profesores como asesor, ainda que non sempre se atreva a dicilo.

- Perspectiva de aprendizaxe: os profesores ao igual que os asesores son tamén capaces de aprender ("formación incompleta").

- Perspectiva dependente: os profesores esperan dos asesores  é que resolvan problemas que non sabe, non queren ou non poden resolver.

 

Con relación a isto “Que opinan os asesores dos docentes?” e recordando un argumento que era a pouca colaboración entre eles e de docentes con asesores, chegamos ao tema da colaboración. Para abordalo, busquei información na rede onde encontrei un documento publicado en  Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado, 3, 1 (1999), (http://www.ugr.es/~recfpro/rev31COL3.pdf) con autoría de Mª Dolores Fernández Tilve (profesora da materia avaliación de centros e profesores, que cursei no 1º cuadrimestre) e Mª Laura Malvar Méndez, tamén pertencente á Universidade de Santiago de Compostela.

O documento trata sobre o traballo colaborativo. Para elas, en primeiro termo, o traballo colaborativo é “Una dinámica, sin duda, potenciadora del desarrollo profesional de los profesores y profesoras”.

Para elas, o traballo colaborativo nos centros educativos, é unha das labores docentes máis importantes e ricas, porque é unha tarea que permite analizar e valorar as prácticas educativas dende todos os prismas e cunha óptica reflexiva. Deste modo, consideran a colaboración como unha boa forma de aprendizaxe profesional para os docentes de calquera nivel educativo.

A importancia da colaboración está presente en distintos contextos profesionais, e cada vez máis, vese a necesidade de crear unha cultura profesional caracterizada pola colaboración. Este termo de cultura profesional refírese a dar cabida, en estos ámbitos de traballo que requiren de colaboración, á apertura, á comunicación, ao traballo compartido e ao intercambio de prácticas para así realizar unha reflexión colectiva e búsqueda conxunta de solucións a problemas que poidan surxir.

Nembargantes, a cultura educativa non é a que se describe no parágrafo anterior, senón que os centros escolares sempre se caracterizaron por ser individualestas e non colaborativos. Este feito é constatable na Comunidade Autónoma Galega cando se afirma por parte da Xunta de Galiza o seguinte:

La cultura educativa en los centros escolares ha sido tradicionalmente un tanto individualista y no colaborativa. Este hecho, puede constatarse específicamente en la Comunidad Autónoma Gallega cuando se afirma: “La tradición docente foi, ata o momento actual. moi individualista. o que constiúe unha dificultade para o desenvolvemento dunha nova cultura profesional dos docentes no que prime unha tareja colectiva que dea maior coherencia e que proporcione pautas para as intervencións individuais de cada profesor e profesora na aula” (Xunta de Galicia, 1995: 11).

Este individualismo e falta de colaboración nos centros educativos pode ser causa do concepto erróneo de colaboración que posúen os docentes, xa que normalmente adoitan crer que o traballo colaborativo non é nin eficaz nin rentable para a súa práctica docente.

Mentres que a visión que teñen Fernández Tilve e Malvar Méndez e que mostran neste documento é que consideran unha gran oportunidade para a aprendizaxe profesional.

As dúas autoras pensan que traballar de forma colaborativa por parte dos docentes levaríaos a coñecer as súas potencialidades. Ao mesmo tempo, son conscientes de que iso é unha tarefa árdua e difícil, xa que nela mestúranse un conxunto de perspectivas teóricas, intereses, preocupacións, e conleva tempo. Este tempo quizais sexa o máis significativo porque como xa coñecemos e é recollido polas autoras, o tempo é necesario para os profesores para desempeñar a planificación, implementación e avaliar os seus plans educativos.

Dende o punto de vista das autoras, a colaboración “no debe ser entendida en los siguientes términos: la simple existencia de reuniones conjuntas y esporádicas para tratar por ejemplo asuntos burocráticos”. Senón que a súa concepción vai máis alá, da mesma forma que outros autores, entre estese las fan referencia a Ruíz de Gauna (1997).

 

En definitiva, estas autoras entenden por colaboración, “un conjunto de valores, creencias, normas, conocimientos, destrezas, vivencias, patrones de acción, códigos de conducta, roles, hábitos, modelos de relación, etc. que los docentes comparten en un contexto interactivo y de aprendizaje”. Sintentizando, “una cultura compartida que se va construyendo paulatinamente en un contexto de trabajo cooperativo”.

 

Esta concepción, mencionan pode estar moi íntimamente ligada coa idea planteada por Hargreaves (1996: 42), que define o traballo colaborativo como "El trabajo con los compañeros significa  mucho más que las reuniones de profesores estructuradas o las conversaciones esporádicas. Puede suponer además la planificación cooperativa, actuar como tutor de un compañero, ser el monitor de un maestro nuevo, participar en actividades colectivas de desarrollo del profesorado o sentarse en comisiones de revisión para comentar casos individuales de alumnos con necesidades educativas especiales".

O traballo colaborativo, na actualidade, é considerado unha forma de mellorar a calidade da ensinanza e o desenvolvemento do profesorado. Da forma que, Hargreaves (1996: 210) di: "Se ha dicho que la colaboración y la colegialidad encierran muchas virtudes. Por ejemplo se presentan como estrategias especialmente provechosas para promover el desarrollo del profesorado. Se afirma que la colaboración y la colegialidad hacen que el desarrollo del profesorado trascienda la reflexión personal e idiosincrásica y la dependencia de algunos experto juntos".

 

Da mesma forma que Hargreaves, a Administración Educativa Galega tamén o recolle “"A coordinación e a acción conxunta do profesorado constitúen elementos moi influentes nas características dos procesos de ensinanza- aprendizaxe que se desenvolven nun centro escolar. Son, en consecuencia elementos de gran relevancia para incrementa-la calidade da acción educativa". (Xunta de Galicia, 1995, 11).

 

 

Despois do que lin neste documento e do debate que surxeu na aula sobre colaboración, considero que a colaboración entre profesionais da educación (docente-docente, docente-asesor) é prestarse axuda, compartir valores, establecer de forma conxunta e respetar as normas de actuación e convivencia, compartir coñecementos, procedementos, habilidades, destrezas, experiencias, complementarse, respetarse, etc.

Esta colaboración, non é tradicional, é dicir, dende os comezos da educación os profesionais levaron a cabo un papel individualista,  e é agora cando se empeza a escoitar falar do traballo colaborativo. Nembargantes, non é moi utilizado, xa que as mentes dos profesionais seguen tendo anclado a tradición do traballo individual, que creo que, entre outros motivos, se debe a gran competitividade que existe entre docentes (quizais pola oposición) e por o medo á crítica e tamén por os prexuizos (“A maior parte de nós estamos cheos de preconcepcións que normalmente son prexuízos” Lourdes Montero), xa que quizais por eles non nos abrimos aos resto das persoas, pero como comentou Lourdes Montero “Un asesor ten que ser unha persoa con capacidade de traballar con outros e para iso non pode ter prexuízos”. E se o problema non é un prexuizo (xuzgar sen coñecer), e é que en realidade non compartimos as mesmas opinións e estilos de ensinanza con esa persoa coa que debemos de colaborar, debemos de pensar que o temos que facer polo ben dos nosos alumnos e que debemos de unir as nosas forzas e colaborar porque posuímos o mesmo obxetivo, que é tratar de forma excepcional aos nosos alumnos.

 

 

Para que exista cultura de colaboración é necesario que esta se practique de forma activa nos centros educativos.

Penso que unha boa forma de ir introducindo esta cultura é por parte da orientadora, explicando as vantaxes de este tipo de traballo e facéndolles ver aos docentes que a colaboración serviralles de mellora de coñecementos e de práctica.

 

Ao contrario do que se adoita pensar, eu creo que os docentes poden cambiar e mellorar se son conscientes da necesidade que supón traballar de forma colaborativa, por iso, eu poño na man do asesor a función de argumentar e facer ver esta importancia da colaboración. Se os profesores atopan os resortes necesarios, producirase o cambio tan necesario e desexado.

 

 

COLABORACIÓN. MICRO RELATO RELATANDO A EXPERIENCIA PROPIA SOBRE COLABORACIÓN.

Colaborar, en sentido Xeral é axudar e servir de maneira espontánea aos demais. A colaboración debe de darse como unha actitude permanente de servizo cara o traballo, pero tamén pode se pode axudr a calquera persoa que o necesite, pensando en todo aquello que nos gusta que fagan por nós, e tendo un carácter empático cara os demais.

A colaboración é posible cando a persoa é xenerosa, respetuosa e solidaria.

Se cada un aportara algo, poderíanse facer grandes actos cara os demais e enriquecernos da sabiduría uns dos outros.

A colaboración pódese conseguir se nos esforzamos nos pequenos detalles da vida cotiá, deixamos de ser egoístas e egocéntricos, brindamos axuda de forma espontánea, etc.

A colaboración está directamente relacionada coa motivación que ten a persoa de servir aos demais.

 

Micro relato.

Despois de falar da colaboración nos centros educativos, plasmo agora o que puiden ver nos centros educativos nos que estiven sobre este tema.

Durante as prácticas que realicei en maxisterio, puiden observar que no centro onde estiven non existía ningún tipo de colaboración por parte do profesorado. Os mestres non compartía as súas experiencias profesionais, nin a súa metodoloxía, como por exemplo, as súas técnicas para tratar na aula os contidos das diferentes materias, formas de motivación do alumnado, actividades lúdicas, etc. Nin nas actividades lúdicas de entroido existe unha colaboración entre docentes, o exemplo disto, é que nestas datas, os mestres non acordaron realizar a saída conxunta que se adoitaba facer anos antes, e cada mestre realizou a festa de entroido dentro da súa aula e non elaboraron un disfraz conxunto, desta forma cada alumno traia o seu disfraz da casa.

Nembargantes, si que vin a existencia de colaboración entre docentes e orientador/asesor, xa que os primeiros demandan axuda aos segundo, por exemplo, cando ven algún tipo de problema ou dificultade nalgún alumno, cando necesitan asesoramento pedagóxico para realizar un bo e adecuado deseño de actividades.

Entre o equipo do Departamento de Orientación existe unha boa actitude colaborativa, xa que existe unha axuda entre eles para o tratamento dos alumnos con problemas ou dificultades de aprendizaxe.

En outro centro no que estiven, neste caso de educación secundaria, onde as reunións de Departamento eran reunións de amigos onde se tomaba café e se falaba de temas persoais en vez de temas académicos e pedagóxicos.