Lucía Reges Fernández

leda, risueña, divertida, forte mentalmente, comprensiva, empática, impulsiva, tímidísima, asesora...

4. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

4. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

Última actualización de en Lucía Reges Fernández

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

Lucía Reges Fernández.

“A diferencia é o normal”. Utilizo esta cita para expresar que é normal non ser iguais, e que existe diversidade entre os seres humanos. Comportamonos de forma diferente, reaccionamos de forma diferente ante a mesma situación, pensamos diferente, temos esquemas mentais diferentes que representan a mesma realidade. Esta diversidade é importante tela en conta na educación e nos procesos de ensino-aprendizaxe. Desta forma a educación de calidade ten que dar resposta á estas diferencias e debe de atender á diversidade. Para isto prestarase maior atención a alumnos con necesidades educativas especiais (NEE) dotándoos de máis recursos traballo individualizado e se é necesario adaptando o curriculum ás súas necesidades.

Existen varias medidas para a atención á diversidade. Podemos diferencialas en dous grupos, as medidas non significativas e as medidas significativas. Incluímos nas primeiras ao Reforzo Educativo (RE), tanto dentro como fóra da aula, que consistiría en reforzar os contidos que os alumnos están traballando na aula ordinaria. Nas segundas inclúese a Adaptación Curricular Individualizada (ACI), que trata de modificar e axeitas o currículum en base as necesidades educativas do alumno. Para estas últimas, o centro educativo ten que enviar un informe á inspección, para levala a cabo debe de ser aceptada por esta.

O día 15 de maio recibimos a visita da orientadora do centro de Noia, cando nos explicou este tipo de medidas. Ademais falounos de que con alumnos con grandes dificultades é máis eficaz e máis útil deixar o curriculm a un lado e traballar a través de ámbitos (por exemplo, en vez de traballar, inglés, ligua castelá e lingua galega, é mellor recoller todo isto ou parte na área da comunicación) e traballar por proxectos realizando revistas ou xornais, teatro, etc. É importante deixar o libro de texto a un lado.

 Comentou que cando existe unha ACI (que é o último recurso aconsellable utilizar, xa que con ACI, o alumno non alcanzará o título) e o alumno acude a unha aula específica. As áreas dilúense conbertíndose na realización de actividades que lles sirvan aos alumnos para as actividades da súa vida cotiá, xa que o que se pretende nestas aulas é que os alumnos logren alcanzar o maior grado de integración cerca das súas casas e compartindo vida con outros alumnos sen descapacidade.

Un comentario que nos leva a falar da Educación Inclusiva, que é aquela que acepta as diferencias entre alumnos e acepta a alumnos con diferentes características respondendo ás súas necesidades potenciando sempre o desenvolvemento integral dos alumnos.

A inclusión é importante para loitar coa segregación dos alumnos con NEE á que a sociedade estivo acostumada durante moitos anos, pero tamén para que exista o mesmo dereito de recibir a mesma educación para todos os nenos, sen considerar como diferencia segregadoras a relixión, raza, situación familiar, situación económica, etc. As aulas inclusivas teñen como finalidade a integración de alumnos “diferentes” á maioria. É necesaria a inclusión para que a educación sexa de calidade. En esta inclusión ten que participar toda a comunidade educativa (familia, escola, sociedade...).

A la hora de realizar alguna medida de refuerzo o de otro tipo de aspecto a los niños que presentan necesidades educativas especiales ou  mellorar instalación, recursos, etc, é necesario realizar en primeiro lugar un análise de necesidade (que se comentará no Claustro e nas reuniones con la Comisión de Coordinación Pedagógica), seguido de unha implementación e finalmente una evaluación.