Lucía Reges Fernández

leda, risueña, divertida, forte mentalmente, comprensiva, empática, impulsiva, tímidísima, asesora...

CONCLUSIÓNS.

CONCLUSIÓNS.

Última actualización de en Lucía Reges Fernández

DESPEDIDA.

Lucía Reges Fernández.

Chegou a despedida desta materia, durante este cuadrimestre o traballo resultoume moi duro, por non gustarme o traballo na rede, xa que se me fai moi complicado, abstracto e efímero. A razón de isto pode ser debida a que durante a miña traxectoria académica, só foron dúas as materias nas que utilicei esta metodoloxía.

Da mesma forma, a reflexión crítica tamén me resulta unha tarefa difícil, xa que os docentes, adoitan esixir máis memorización para a superación de unha proba (exame), que a reflexión crítica sobre os contidos da materia tratados nas clases. Ademais non me considero especialista en este ámbito do asesoramento.

A pesar disto, as clases presenciais axudáronme moito a darlle luz a este traballo e así comezar a miña andadura por esta experiencia académica. Aprendín moito grazas ás aportacións da profesora, pero tamén lendo opinións e informacións aportadas polos meus compañeiros. Ademais buscar información sobre os temas dos que falamos serviume para coñecer novos autores as súas opinións e estudios.

Tendo tanta información é necesario reflexionar sobre ela, para así facer unha criba e recoller a que consideres máis axeitada respetando as túas ideas. Desta forma, está materia axudoume a facer as modificacións no esquema mental que tiña acerca da realidade de asesorar. E así, coñecer as función do asesor, a importancia da colaboración de toda a comunidade educativa, a da motivación e das recompensas que condicionan o benestar ou malestar docente, todo elo relacionado coa calidade da educación.

Despois da realización deste blogue mediante a búsqueda, análise e reflexión da información formei unha idea clara da actuación que debo de desempeñar no meu futuro traballo como asesor de un centro educativo. Nesta labor intentarei promover  nos centros un clima de colaboración, levando a cabo a resolución de conflitos onde se busque un consenso que beneficie a todos os involucrados e que non dane os seus sentimentos, para que así se cree un clima de benestar, algo que é fundamental para que os profesionais realicen unha boa labor, etc.

Agradezo moito este traballo, ainda que me resultara difícil, xa que grazas a el construín eu mesma o coñecemento guiada pola profesora e as clases prácticas. Os temas abordados resultáronme moi útiles e interesantes, polo que ainda que remate esta materia non deixarei de ler sobre isto.

Por todo isto considero que fixen un bo traballo e un gran esforzo, pero debido a esto adquirin moitos coñecementos non só teóricos, senón aplicables á miña futura labor.